ENDL do IES Félix Muriel |
|
Equipo de Normalización da Lingua Galega |
|

|
Perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Os usos do galego na familia. Unha visión propia. |
|
A lingua galega leva moito tempo estando asociada a unha serie de prexuízos como por exemplo, que é unha lingua de aldeáns, de xente de clase baixa e cun nivel ínfimo de cultura...
Na actualidade grupos como os equipos de normalización e dinamización lingüística, preocúpanse polo fomento do galego nos distintos ámbitos de uso, como por exemplo o familiar.
O galego é un idioma como outro calquera, en ningún caso é superior ou inferior a outro. Debe ser unha obrigación nosa asegurarnos de que continúa o seu uso, transmitíndoo de xeración en xeración, pois foi e é o noso medio de comunicación e o dos nosos antepasados e polo de agora, serviunos para falalo e entendérmonos.
Por iso, desta maneira, e dirixíndome ás familias sen ánimo de ofender, pregúntome: Por qué lles ensinamos a rapaces galegos o castelán como o seu idioma inicial? A resposta a esta cuestión non podería dala con precisión porque poden ser moitas as causas ou ideas que leven ós pais e nais a cometer, na miña opinión, este erro de non ensinarlles ós seus fillos a súa verdadeira lingua natal; pero o que está claro é que aínda na actualidade temos prexuízos con respecto á lingua galega.
Para solucionar isto deberíamos comezar por prantexarnos a pregunta citada anteriormente e preguntarnos se en realidade ten sentido deixar que desapareza un idioma, unha cultura propia, únicamente polas connotacións erróneas que se lle asocian inxustamente.
Alba Quintáns Resúa
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|