ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

O galego e os medios de comunicación
A presenza do galego nos medios de comunicación é como buscar unha agulla nun pallar. Cada vez
diminúe máis a súa presenza e aparentemente ninguén busca solucións para este gravísimo problema.

O galego na prensa escrita está case desaparecido. Facendo unha pequena pesquisa podemos atopar que quedan tan só algunhas pequenas
revistas de temática relixiosa e unhas poucas mensuais sobre economía e pesca. A prensa diaria
escrita desapareceu por completo e o último en botar o peche foi Galicia Hoxe.

No ámbito das ondas o galego ten un pouco máis de sorte. Tanto na televisión como na radio o galego goza de gran difusión en programas moi variados. Na televisión podemos atopar concursos nos que se xoga coa nosa lingua e os números, telexornais e debuxos animados para os mais pequenos. Na radio hai unha gran variedade de programas, mesmo existe
unha cadea de música específica en galego.
No ámbito onde o galego ten unha maior difusión escrita é en Internet. Xa que, moitas persoas se preocupan por difundir información na nosa lingua e outras publican en blogs por vontade propia.

Como se pode observar, o galego sofre un retroceso na súa difusión escrita tradicional aínda que gaña usos nos novos medios de comunicación. De todas formas, hai que seguir a fomentar a nosa lingua para que adquira máis difusión e prestixio.

Paula (2º Bac. b)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 12-04-2012 10:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
O comentario será filtrado por un administrador antes de subir:
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0