ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

Carlos Callón será xulgado por recriminar ao xuíz decano da Coruña

O xuízo ao presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, acusado de inxurias ao xuíz decano da Coruña, Antonio Fraga Mandián, foi suspendido na mañá do pasado 10 de febreiro ao pedir a defensa a recusación.
De calquera forma, Callón deberá volver sentar no banco tras ser denunciado por inxurias polo xuíz decano da Coruña, a quen acusou de incumprir a Lei de Normalización Lingüística por unhas declaracións nas que aseguraba non ter "ningún rubor en usar a ilegalidade do topónimo La Coruña". "Aínda que nos intenten criminalizar, a MNL non vai calar na defensa do galego", asegurou Callón en declaracións aos xornalistas. Ás portas do xulgado máis dun centenar de persoas, encabezadas polo líder do BNG, Guillerme Vázquez, arrouparon a Callón exhibindo unha pancarta "En galego, é de Xustiza". "Non nos van calar pola vía da represión na defensa do galego", asegurou o líder do BNG, quen cualificou de insostible e "intolerable" o xuízo.
Desde 1983, a Lei de Normalización Lingüística, que fora aprobada por unanimidade no Parlamento Galego, recoñece que os nosos nomes de lugar teñen como única forma oficial a xenuína, a galega. Diferentes sentenzas xudiciais déronlle unha e outra vez a razón a toda a xente que se mobilizou para demandar o seu cumprimento ao longo de todos estes anos. Porén, mesmo algo tan básico como isto dista de ser aplicado sen problemas por parte dos poderes públicos.
Antón Fraga Mandián xa ocupou titulares en varias ocasións nos medios de comunicación pola súa campaña particular contra a lingua galega. Por exemplo, cando denunciou a un veciño da Coruña, Eduardo Álvarez, despois de que este solicitase recibir as notificacións no idioma do país e co topónimo oficial da cidade, dereitos aos que está asistido pola lexislación. Foi no transcurso deste proceso xudicial, criticado polo presidente da Mesa, cando decidiu presentar a denuncia contra Carlos Callón. Como esta situación foi criticada publicamente por Carlos Aymerich, tamén presentou outra denuncia contra este deputado, que xa foi desestimada polos tribunais.

http://amesanl.org/gl/novas/amosar/id/120

Sergio Lamas 3ºA
e ti que opinas? (1) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 15-02-2012 10:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Moi ben, Serxio! Eu opino que EN G#blgtk08#ALIZA, EN GALEGO!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Comentario por Gardel Panduro (15-02-2012 23:14)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
O comentario será filtrado por un administrador antes de subir:
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0