Mañá sábado, 28 de xaneiro, ás 12:00 horas, no Auditorio de Rianxo, preséntase a biografía de María do Carme Kruckenberg Vivir, unha aventura irrepetíbel. Trátase da biografía de Mª do Carme Kruckenberg, de Mercedes Queixas,que fora a coordinadora provincial dos equipos da provincia da Coruña entre 2006 e 2010 e que xa visitou o noso centro en varias ocasións. A última vez que Mercedes Queixas estivo connosco foi no acto de presentación do proxecto No meu mar, na miña lingua.
Neste acto de presentación do seu libro, organizado pola Asociación Cultural Barbantia, participarán, xunto á autora, Francisco Castro e Milagros Torrado. A seguir, terá lugar un recital poético no que participarán Esther F. Carrodeguas, Milagros Torrado e María Xesús Blanco, cunha intervención plástica do pintor Salvador Fernández Laíño. No mesmo emprazamento, ás 20:00 horas, terá lugar unha conferencia de Miguel Anxo Seixas sobre Castelao á luz de Paz Andrade.
Non perdades estas actividades! |