ENDL do IES Félix Muriel |
|
Equipo de Normalización da Lingua Galega |
|

|
Perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O novo libro do profesor do noso IES, X. M. Lobato, preséntase hoxe na biblioteca |
|
Hoxe venres 27 de xaneiro celebrarase a presentación do libro Máxico tear natural do profesor deste instituto Xosé Manuel Lobato
Temos unha cita, toda a comunidade educativa, hoxe á tardiña, concretamente ás 19,45 h. Na biblioteca do IES o profesor de matemáticas, e escritor, X. M. Lobato presenta o seu novo libro Máxico tear natural.
A presentación correrá a cargo de Xosé Ricardo Losada e contará coa presenza do autor e profesor do centro. Este acto enmárcase no programa de mellora da biblioteca que se está a desenvolver no presente curso, integrándose ademais na actividade do club de lectura Ex-libris.
Animámosvos a todos e todas a asistir hoxe. Logo facemos os comentarios o luns?
Mikel (4º B)
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|