ENDL do IES Félix Muriel |
|
Equipo de Normalización da Lingua Galega |
|

|
Perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A que pobo vale o Valedor do Pobo? |
|
O Valedor do Pobo é o principal representante e defensor de Galicia pero nun dos seus informes,recentemente publicados, fala sobre o Estatuto de Galicia, cuxo artigo 5.1 di que o galego é a lingua propia de Galicia,o Valedor considerou que debía ser censurado.
Algúns dos nosos compañeiros cometarón esta noticia, e aquí vos deixamos algúns deles.
-Abel, de 3ºD dinos:
É unha irresponsabilidade por parte de quen o puxo nese posto, xa se sabía as ideas que tiña. É como quen pon a un xuíz misóxino a condenar o maltrato á muller.Para que nos vale? Co que nos costa ao ano (DOUS MILLÓNS DE EUROS), podía non morder a man que lle dá de comer!
-Sarela, tamén de 3ºD comenta:
Eu opino coma todos e creo que o goberno, a través do Valedor do Pobo e outras persoas con cargos semellantes, está cometendo actos que atentan cada vez máis explícitamente contra a nosa lingua e a nosa cultura e faino porque sabe que nós, ao contrario do que cabe esperar, non facemos nada para impedilo. É máis, facilitámoslle as cousas, porque o Valedor foi posto onde está indirectamente pola vontade da maioría de galegos. O que deberíamos facer é plantexarnos dunha vez por todas se o que queremos é seguir sometidos sen opinar nin queixarnos, ou ter as nosas propias opinións e ideas e expresalas ben alto aínda que signifique contrariar á maioría. Hai persoas que xa o están facendo e o que debemos é apoialos e pelexar polo que nos parece xusto, que é que o galego se recoñeza como a nosa lingua propia e se actúe respectándoa e favorecendo o seu uso e coñecemento e non perxudicándoa e infravolorándoa.
-Carlos, de 3ºE opina:
Eu penso que se lle está a dar demasiada importancia a este asunto, que aparece en sete xornais distintos. É esaxerado.
Ainda que tampouco me parece ben que censuren todo un libro por un recadro ó que ninguén lle daría maior importancia; xa que el debería defende-lo estatuto de autonomía e o galego, e non cuestionalo, xa que se está ?autocensurando? practicamente. Na miña opinión, non ten moito sentido, pero paréceme que hai noticias máis importantes ás que se lle podería adicar un pequeno espazo nalgún xornal.
Laura Mirón, Clara Villanustre e Serxio Lamas (3ºA) |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|