O magnífico fotógrafo Xacobe Meléndrez elaborou unha exposición "Berros no roncar das ondas", que está colgada desde antonte nos balcóns da Rúa do medio.
Son fotografías suas con versos de Bernardiño Graña e realizáronse para os X Encontros de Embarcacións Tradicionais.
Deixámosvos un vídeo de cando estiveron penduradas nos balcóns da rúa do Carmo en Carril. Cando teñamos fotos ou vídeos da exposición en Rianxo, xa volos mostramos.
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.