ENDL do IES Félix Muriel |
|
Equipo de Normalización da Lingua Galega |
|

|
Perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
CONCURSO DE RECITADO, LECTURA E CONTACONTOS |
|
Este ano non esperamos a maio para convocar o noso tradicional concurso de lectura en voz alta e mais de recitado. Temos como novidade un de contacontos.
Deixamos as bases:
1. Pode participar calquera alumno e alumna do IES FÉLIX MURIEL.
2. A actividade ten tres modalidades opcionais:
? LECTURA DUN CONTO de CUNQUEIRO (entregarase no momento da lectura)
? RECITADO MEMORIZADO dun POEMA do autor. (Será algún dos expostos nas portas das aulas)
? CONTADA do RELATO de CUNQUEIRO ?O cabalo de Alberte Merlo?.
3. As persoas interesadas en participar en calquera das modalidades antes citadas, deben apuntarse antes do 24 de outubro no departamento do EDNL.
4. Só é posible participar nunha modalidade deste concurso.
5. A actividade realizarase en acto público na biblioteca durante os recreos.
6. Con tempo suficiente, exporase un calendario co horario e a orde de participación das persoas inscritas neste certame.
7. O xurado estará composto por:
? un profesor/a do centro,
? un profesor/a do EDNL,
? dous alumnos ou alumnas do EDNL.
? A función do xurado será valorar a pronuncia, o ritmo, a expresividade e o dominio da lingua de cada un dos participantes.
8. O premio para cada modalidade consistirá nun vale de 30?
9. A non presentación na data e hora indicada nos cartaces do taboleiro, suporá a exclusión do concurso.
Rianxiño, 17 de outubro de 2011
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|