ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 09-10-2015 12:16
# Ligazón permanente a este artigo
Unha viaxe a Burgos

Hai xa un ano, @s alumn@s de 2ºESO fomos a un curso de inversión linguística. Nesta viaxe, as rapazas e rapaces fomos a Burgos, e albergámonos nun campamento. Nós estivemos alí unha semana, na que non o pasamos nada mal.
Eses días había que falar Inglés, pois se falabas varias veces en español ou galego quedabas sen "recreo" por así dicilo.
Aínda que non se podía falar en nigunha lingua que non fora inglés, eu falaba coa xente que me tocara na habitación, que eran asturianos, en galego. E todos nos entadiamos perfectamente.
Mentres estivemos no curso, fixemos xogos en inglés ( dentro do recinto e tamén pola rúa), ideamos unha exposición, e visitamos lugares como un río e como un museo.
Resumindo, foi fantástico. Espero que se volva a repetir.

Gabriel Figueira Núñez

e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 08-10-2015 10:23
# Ligazón permanente a este artigo
Excursión ao monte Iroite
A semana que vén os meus compañeiros , Carlos o meu titor eu mais eu vamos ir ao monte Iroite a ver mámoas. Faremos unha ruta de case 5 kilometros para ver distintos lugares. Temos previsto saír do instituto ás 9 e estaremos toda a mañá fóra.
Para que saibades como é aquí vos deixo unha foto.



Brais Aido Rey 2ºB
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 06-10-2015 10:27
# Ligazón permanente a este artigo
gorinho.gl
Hai tempo, un profesor do I.E.S FELIX MURIEL
creou un páxina web en internet.
Nesta, el, subía á rede traballos que os alumnos lle iamos mandando.
Por desgracia, este profesor xubilouse e non sei se poderemos seguir co blog. Aínda así espero que disfrute moito da súa xubilación.
Eu penso que é unha páxina moi bonita na que se poden ler historias, ver cómics e mirar moitas outras cousas como autorretratos ou ver imaxes que colgaron os alumnos. Tamén penso que sería unha pena, que esa páxina se perdese.
É aquí o o nome da páxina, animádevos a vela:
http://gorinho.gl/

Gabriel Figueira Núñez
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 02-10-2015 12:23
# Ligazón permanente a este artigo
A VOLTA
Ola a todos e todas!

Estamos nun novo curso. Empezámolo con alumnado novo de 1ºESO e a eles vai dirixida esta mensaxe:

O intituto vai ser algo novo e divertido por descubrir. Ídelo pasar moi ben, se se estuda non ides ter ningún problema.

Benvidos ao IES Félix Muriel.
Se queredes colaborar co ENDL sodes todos e todas benvid@s. Visitade o noso local de Normalización.


Ricardo Mosquera García 2ºESO B
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 30-09-2015 10:26
# Ligazón permanente a este artigo
Minecraft
Hoxe vouvos falar sobre o Minecraft, é un xogo divertido porque te podes conectar a través dunha rede wifi con outros compañeiros.

Hai dous modos de participar:

SUPERVIVENCIA : podes recoller cousas necesarias para sobrevivir (lá, madeira ,etc).
CREATIVO: E un modo no que os materias non fai falta recollelos, principalmente úsase para contruír edificios moi grandes.

Alberto 1º ESO B
e ti que opinas? (24) - Categoría: Cousas - Publicado o 16-06-2015 13:38
# Ligazón permanente a este artigo
Lendo un libro no Castelao

O pasado mércores varios compañeiros de 1º de ESO coma min, pero tamén máis maiores, fomos ler contos ao colexio Castelao.
Paseino moi ben. Fun ler un conto sobre Brasil a unha clase de segundo de primaria.
Fomos ás dez e media volvemos ás doce.
Sorprendeume o ben que se portaron os nenos e todo o que sabían sobre os países do mundo porque ao final da lectura estiveron comentándome cousas e puidemos charlar.

Déronnos como agasallo un marcapáxinas e unha brocheta de chuches.

Sebas 1ºB
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 15-06-2015 12:28
# Ligazón permanente a este artigo
A DESCUBERTA HÓRREO
A primeira vez que vin un hórreo sorprendinme porque pensei que era unha casa apoiada sobre catro patas pero despois deime de conta de que soamente servía para gardar o millo.

Cando vin esta construción foi cando fun celebrar o meu bautizo na igrexa do Araño, hai tan só seis anos, cando eu tiña oito. Só levaba uns meses vivindo nesta localidade e antes non vira estas extrañas construcións con moitos buracos. Daquela pensei que o hórreo do Araño era o único que había nesta localidade pero despoi dinme de conta de que había máis pero moito máis pequenos.
Meu avó contoume que o hórreo do Araño foi construído no século dazasete e é o máis grande da Galiza tanto de alto como de longo, aínda que hai quen di que compite co de Carnota.
Díxome que medía trinta e dous metros de longo e doce metros de alto, que barbaridade!

TOFIK SANTIAGO GARRIDO 2ºC
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 26-05-2015 11:15
# Ligazón permanente a este artigo
Ruta ciclista por Campelo
Campelo è unha aldea da parroquia de Araño onde podemos difrutar dunha ruta ciclista en dirección ao pico Muralla. Desde alí teremos unhas boas vitas a Rianxo. Non custa nada chegar arriba porque o noso punto de partida xa está moi cerca do cumio.
O camiño está cuberto ata a metade de asfalto e o resto está é de pedras e terra.
Campelo para min é a mellor aldea que hai, e de feito vou todas as fins de semana desde esta aldea en biciclea ou en moto de cros por camiños ata chegar ao pico Muralla. Boa parte deles nada máis que os coñecen os veciños de Campelo. Eu son un deses afortunados, aínda que non sexa exactamente un veciño porque parte da semana resido no Araño.

Alex Miguéns
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 14-05-2015 10:56
# Ligazón permanente a este artigo
Charla sobre a diabete

Hai uns días veu ao instituto un diabético a darnos unha charla sobre a diabete. É unha enfermidade que se a padeces terás toda a vida, é incurable. Se tes ese problema quere dicir que o teu páncreas ten dificultades ou deixou de producir insulina e que, polo tanto tes que introducila a través de inxeccións. Os diabéticos teñen tamén que coidar moito a súa alimentación para non que non lles suba nin lles baixe moito o nivel de azucre no seu sangue.
Foi interesante coñecer máis cousas sobre esta doenza.

Déixovos, ata outra.


Brais Aido Rey 1ºESO B
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 07-05-2015 10:38
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [3] [4] [5] 6 [7] [8] [9] ... [35]
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0