|
|
|
Land Rober Tunai Show |
|
Presentado por Roberto Vilar, é un dos programas con máis éxito da televisón de Galicia. Dúas horas de humor, actuacións musicais, comedia e outros. Un dos seus atractivos, é a participacion directa do público no plató. Se queres asistir como espectador a Land Rober tunai show, entra en Facebook e participa!!
Aqui deixovos o enlace dun programa para que non vos perdades nada do que está a pasar.
http://www.crtvg.es/tvg/programas/landrober-tunai-show
Brais Aido Rey 2º ESO B |
|
|
|
Homeaxe a Rosalía. |
|
O venres 26 de febreiro, no instituto houbo un recitado de poemas de Rosalía de Castro. Estiveron alí todos os terceiros e tamén outro alumnado de pimeiro e de segundo da E.S.O.
No recitado léronse poemas como o de " Follas novas ".
Ao longo da semana puxéronse tamén carteis nos dous edificios do instituto onde se expuxeron datos sobre a biografía, obra e imaxes de Rosalía, versos ilustrados e algúns dos seus poemas.
Con todo isto, hoxe coñecemos un pouco mellor a esta autora galega.
Deixovos aquí un enlace a unha páxina web con algún dos seus poemas
Gabriel Figueira Núñez.
3ºESO B |
|
|
|
Manuel María |
|

Manuel María Fernández Teixeiro foi un poeta e académico da lingua galega.
Naceu e Outeiro de Rei o día 6 de outubro de 1929.
Destacou polo seu combativo compromiso politico. Entre os temas dos seus poemas destacan a arte e o amor.
Brais Aido Rey 2ºESO B |
|
|
|
Certame de recitado de poemas de Rosalía de Castro |
|
O pasado venres 26 de febreiro no IES celebramos o nacemento de Rosalía de Castro cun recitado dalgún dos seus poemas.
Os gañadores das dúas categorías (ESO e Bacharelato), acudiríamos ao acto celebrado ao Auditorio de Rianxo ás 19:30 dese mesmo día, para recitar (e cantar) os poemas. Fomos seis alumnos e alumnas de primeiro da ESO os seleccionados para ir recitar ao Auditorio. Tamén nos acompañou unha alumna de bacharelato.
Ás sete da tarde algúns de nós recitamos durante a ofrenda floral celebrada no busto de Rosalía que se encontra na Ribeira.
Algúns dos poemas foron: "A xusticia pola man", "Follas novas", "Estranxeira na sua patria","Adiós ríos,adiós fontes"
Federico Rumiales (1º ESO C)
|
|
|
|
Radio Rianxo |
|
Ola a todos e a todas! Hoxe estou aquí falando da incrible superradio que montamos no IES. No equipo directivo participan varias rapazas de todos os cuartos da ESO. Tamen participamos rapaces e rapazas de 1º e 2º de ESO .De segundo participamos: Ricardo ,e mais eu e de primeiro: Gloria ,Marco ,Luis ,Alvaro ,Brais ,Ainoa e Uxia
A semana pasada estivemos a gravar pola mañá.
Brais Aido Rey 2ºESO B
Neste primeiro enlace tendes desde unha reportaxe sobre a LOMCE (con opinións da orientadora, director e alumnado do centro) ata unha entrevista ao poeta rianxeiro, gañador do Premio nacional de poesía, Gonzalo Hermo. Sen esquecer un concurso musical...Escoitádenos e non esquezades a continuación votar a vosa canción preferida.
Neste segundo enlace, información e... a RadioFicción... Cos mellores actores e actrices. Non o perdades!
|
|
|
|
Recitado de Rosalía e Manuel María |
|
Os rapaces e rapazas do IES FELIX MURIEL o pasado venres 12 e o luns 15 de febreiro, participitamos nun recitado de poemas de Manuel María e de Rosalia de Castro na biblioteca do instituto.
O xurado estaba formado por dúas rapazas de bacharelato (Noelia e Aldara Muíños)e varios profesores (Paco Carro (galego), María Míguez (castelán), Carmen Vázquez (inglés)e Josefa Gamarra (física). Todo o alumnado estivo moi animado e participativo, destacando o de 1º ESO..
Os poemas máis recitados foron "Adiós ríos" de Rosalia De Castro e "Defensa da poesía" de Manuel María. Habia dúas categorias: ESO e BACHARELATO. As gañadoras foron:
MARÍA DOMÍNGUEZ de 2º de bacharelato
LARA TUBíO de 1º ESO
A final celebrarase na casa de Manuel Maria o vindeiro sábado 27 de febreiro, onde competirán con xente de toda Galicia.
Sorte para elas!
O 2º premio recaeu en Manuel Losada e o 3º en Katia Lojo, tamén de 1º ESO.
MOITAS GRAZAS A TODOS POLA COLABORACIÓN!
Uxía, Lara e Katia (1º ESO C)
|
|
|
|
Manuel María:CANCIÓN PRA LLE DECIR A SALETA |
|
Déixovos este poema de Manuel Maria: que lle dedicou á súa muller Saleta
Ouh amiga e compañeira cotidián;
sinxela, doce costume habitual:
ti éresme necesaria como o pan,
como o aire, como o lume, como o sal!
Ti eres o meu pasado, o meu porvir,
a muller de verdá, sangue do pobo.
Ti décheslle claridade ó meu vivir:
un camiño sinxelo, puro e novo.
Ouh compaña fiel, maina sorrisa;
estrela centilante, arrolo e canto!
Ti ers o furacán, i eres a brisa
que limpa, no meu ceo, tanto espanto.
Ti eres o que eu soño: luz e rosa
recendo vida, florecendo a eito.
Eres a realidade máis fermosa
que levo latexando no meu peito!
Ti trócasme en ledicia cada coita
e daslle ó meu esprito rumbo certo.
Eres o esteo preciso pra esta loita
de sementar de flores o deserto!
Brais Rodríguez Carou 2ºC
|
|
|
|
Hoxe homenaxe a Castelao: Os vellos en marionetas... Non o perdades! |
|
É ás 20:30 da tarde. A derradeira proposta dentro dos Actos Castelao 2016 organizados pola Concellaría de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización lingüística é un teatro de marionetas da obra Os vellos non deben de namorarse do ilustre rianxeiro Castelao a cargo da compañía Fantoches Baj
A obra está recomendada para maiores de 12 anos
A entrada é de balde ata completar aforo. Poden retirarse unha hora antes do comezo da función.
Lembrade que tal día coma hoxe se cumpren 130 anos do nacemento de Castelao na nosa vila.
|
|
|
|
Manuel María: Oda pesimista ó meu pais |
|
Seguindo coa nosa homenaxe a Manuel María, deixámosvos este poema:
Galicia é un paradiso, un xardín
cultivado con cencia e con beleza.
Non se ollan, por ningunha banda,
ortigas, hedras, silveiras,
cardos, toxales ou codesos.
Tampouco hai campos ermos.
Os labregos son moi cultos e teñen
un nivel económico emvexable:
cultivan as terras con aveños
modernos e, nas súas casas
confortables, len ós nosos
clásicos, escoitan música
i ollan a paisaxe demoradamente
e con lecer, pra interpretar
o seu sinificado misterioso.
O mesmo se pode decir
dos mariñeiros, dos obreiros
e das demais clases sociales
do pais. Non guedan corredoiras.
Os emigrantes eran unha vergoña
i unha lacra que desapareceu
hai moitos séculos: un mal
recordo. Agora os inmigrantes
- Deus sexa louvado- son a mau
de obra, quérese decir:
os proletarios,
apoio e sostén da nosa industria
que non ten iqual no mundo enteiro
|
|
|
|
Manuel María: A fala |
|
Deixámosvos un poema de Manuel María que nos gusta moito e con el comezamos a nosa homenaxe ao poeta ao que se lle dedican as letras galegas este ano 2016.
O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pesar máis profundo.
O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o murmurio do vento,
a palabra de amor.
O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.
O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.
O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.
O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
¡Se perdemos a fala
non seremos ninguén!
O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.
Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
¡Precisamos a lingua
se queremos vencer! |
|
|
|
|
|
|