ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

TRONCO DE NADAL


-Ingredientes:

-Margarina
-Coco
-1 Xema de ovo
-Cacao ?Raposo?
-Viño doce
-Leite
-Galletas






-Elaboración:

Mistúrase a margarina, o coco e a xema de ovo. Despois faise a outra crema con cacao ?O Raposo?, viño doce, leite e margarina. A continuación ponse ordenadamente a capa de galletas, a de crema de chocolate, a de galleta e a de manteiga. A galleta móllase en viño doce.





Patricia Túñez Gómez 1ºBACH-C
e ti que opinas? (0) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 19-11-2008 23:50
# Ligazón permanente a este artigo
SOPA DE AMEIXAS DE NOVA INGLATERRA (New England Clam Chowder)
Ameixas da ría de Arousa
Dificultade : media
Apropiada para cociña tradicional (lareira, cociña de ferro?)
Antigüidade: arredor de 200 anos.
Típica doutra zona

INGREDIENTES:
? 1 vaso de touciño picado .
? Unha cebola grande picada.
? ¼ de vaso de farña.
? 3 vasos de leite.
? 4 vasos de caldo da cocción das ameixas.
? 4 ou 5 vasos de patacas picadas.
? 1 folla de loureiro.
? 2 culleriñas de tomiño.
? 3 vasos con ameixas cocidas e picadas.
? 2 vasos de nata de cociña.
? Sal e pementa.
ELABORACIÓN:
1. Cociña o touciño nunha tarteira ata que desprenda toda a graxa. Apartar.
2. Engade a cebola picada á graxa e fritea ata que abrande. Císcalle a fariña e remexe 2 minutos. Engádelle o leite e o caldo das ameixas. Bater todo xunto.
3. Bota as patacas, a folla de loureiro e o tomiño, deixao cocer sen tapar a tarteira durante 10 minutos ata que as patacas estén case cocidas.
4. Engadir as ameixas e a nata. Continuar no lume ata que as patacas queden cocidas.
5. Salpimentar .
6. Retirar do lume e deixar apousentar a tarteira durante 1 hora parcialmente cuberta.
7. Antes de servir sacar o loureiro e volver a quentar.
8. Servir en cuncas cos anaquiños de touciño cocido.

Alejandra Picón Romero 1ºB
e ti que opinas? (0) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 17-11-2008 16:01
# Ligazón permanente a este artigo
SARDIÑAS AO ROMEU

INGREDIENTES

?700g de sardiñas.
? aceite de oliva.
? romeu picado.
? pementa.
? sal.

PREPARACIÓN


1-Limpar ben as sardiñas, abrilas, escamalas e quitarlles a cabeza

2- Colocar en capas, abertas, nunha tarteira lixeiramente engraxada . Cubrilas co romeu picado, a pementa e o sal.

3- Levalas ó forno, cocer durante 10 minutos á máxima potencia.

4- Deixar repousar 2 minutos e quedarán listas para servir.


Mª Goretti Fungueiriño Ordóñez 3ºC
e ti que opinas? (0) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 14-11-2008 11:51
# Ligazón permanente a este artigo
CROQUETAS DE MARISCO
INGREDIENTES:
- 400g de marisco variado (gambas, lagostinos...)
- 400g de fariña
- 2 litros de leite
- 1 cebola
- 150g de manteiga
- 2 ovos
- pan relado
- sal
- aceite

PREPARACIÓN:
Límpase o marisco e ponse a cocer con pouca auga. Cóase, pélase e pártese. Nun recipiente á parte férvese o leite. Nunha tixola con manteiga dórase a cebola xa picada. Noutra tarteira fúndese o resto da manteiga e bótase un pouco de sal. Engádese a fariña á manteiga e remóvese para que non se pegue. Engádese o sofrito de cebola e remóvese. Vértese o leite e séguese removendo ata que se forme a pasta. Cando a bechamel estea ben cocida, engádense os anaquiños de marisco, removendo con coidado durante uns 5 minutos. Déixase arrefriar a pasta noutra fonte. Cando estea fría a pasta, coa axuda dunha culler, fórmanse as croquetas. Bátense os ovos e báñanse neles as croquetas, logo rebózanse no pan relado. Finalmente nunha tixola, co aceite ben quente frítense as croquetas e pásanse a unha fonte.




VIVIANA BERMÚDEZ ALCALDE
e ti que opinas? (0) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 11-11-2008 10:30
# Ligazón permanente a este artigo
BOCADILLO DE SARDIÑAS (de toda a vida)
Ingredientes:

2 sardiñas.
1 barra de pan (pequena).

Preparación:

1.Ásanse as sardiñas.
2.Ábrense e quítanselles as espiñas.
3.Córtase o pan á metade.
4.Métense as sardiñas cortadas á metade dentro do pan.
5.Cérrase o pan.
6.A comer!!! E bo proveito.


Antón Tembra Lorenzo
e ti que opinas? (6) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 07-11-2008 12:26
# Ligazón permanente a este artigo
Cachelada de xoubas en escabeche
Ingredientes (4 persoas)
- 12 xoubas
- 300g de patacas
- 2 dentes de allo
- pirixel
- pementón
- fariña de trigo
- aceite de oliva
- vinagre
- sal

Preparación :
Límpanse as xoubas e quítanselle as cabezas.
Unha vez limpas bótanse en fariña e frítense na tixola con aceite de oliva. Resérvase nun prato un papel absorbente para eliminar o exceso de aceite. Lávanse as patacas coa pel e córtanse en toros, cocéndose nunha ola con auga e sal. Cando estean listas retíranse e escórrense e colócanse nunha bandexa. Enriba póñense as xoubas e cóbrense cun pouco de pementón. No mesmo aceite de fritir as xoubas sofrítense os allos en láminas xunto co loureiro, un pouco de pirixel picado e unhas gotas de vinagre.
Póñense uns poucos minutos ao lume e logo vértese este sofrito por riba das xoubas e finalmente sérvese a cachelada ben quente.


Patricia Díaz Castro 3ºA
e ti que opinas? (1) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 04-11-2008 10:31
# Ligazón permanente a este artigo
BOCADILLO DE ALCRIQUES(agullas)
Receita popular.
Autor: Xacobo Vicente Patiño (3º ESO D)

INGREDIENTES:
? Pan.
? Unha lata de alcriques.


ELABORACIÓN:

 Córtase o pan (sempre á vista dun adulto).
 Ábrese a lata.
 Escorrégase o aceite.
 Lavas as mans.
 Cóllense os alcriques.
 Bótanse dentro do pan.
 Envólvese o pan cun pano de papel para que non pingue.
 A COMER!!!!
e ti que opinas? (5) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 28-10-2008 15:55
# Ligazón permanente a este artigo
Nesta sección o que queremos fomentar é a participación das familias para que nos envíen receitas da zona e que, preferentemente, teña como ingredientes os produtos típicos de Rianxo.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 07-10-2008 11:53
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0