ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

ROBALIZA CON PATACAS Ó FORNO
Ingredentes:
1 robaliza
3 patacas
1 cebola grande
1/2 vaso de aceite de oliva
1/2 vaso de viño branco
1 dente de allo
perexil
sal

Elaboración:

Limpar o peixe.Adobalo con allo, perexel e o sal. Nunha tarteira botar as patacas en talladas grosas e facer un fondo,a continuación repetir o mesmo coa cebola, salar e esparexer o perexel por riba. Colocar a robaliza en riba desta guarnición para posteriormente regar todo co aceite e co viño.
Meter no forno a temperatura elevada media hora aproximadamente.
Servir a robaliza acompañada de leituga e un bo viño branco do país.

Jennifer González Fernández 1ºB
e ti que opinas? (2) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 12-03-2009 22:19
# Ligazón permanente a este artigo
Unha de filloas en antroido!
No antroido e como todos os anos toca comezar a facer os postres tradicionais, e que máis tradicional que a receita da miña avoa das filloas. Os ingredientes son:
·12 ovos
·2 kg de fariña
·8 l de auga
·un pouco sal
e moita paciencia.
Para preparalas, só temos que mesturar os ingredientes, procurar que non nos queden grumos e preferiblemente deixar repousar a mestura.
Logo con paciencia deixar que se fagan pouco a pouco na tixola, sartaña, pedra ou derivados.

Bo proveito!


Raquel Cespón (2º Bach. A)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 18-02-2009 10:31
# Ligazón permanente a este artigo
CACHELADA DE XOUBAS EN ESCABECHE

Ingredientes (4 persoas)
- 12 xoubas
- 300g de patacas
- 2 dentes de allo
- Pirixel
- pementon
- fariña de trigo
- aceite de oliva
- vinagre
- sal

Preparación :
Límpanse as xoubas e quítanselles as cabezas.
Unha vez limpas bótanse en fariña e frítense na tixola con aceite de oliva. Sácanse para un prato e bótanse sobre un papel absorvente para eliminar o exceso de aceite.
Lávanse as patacas coa pel e córtanse en toros cocéndose nunha ola con auga e sal. Cando estean listas retíranse, escórrense e colócanse nunha bandexa. Enriba póñense as xoubas e condiméntanse cun pouco de pementa. No mesmo aceite de fritir as xoubas sofríense os allos en láminas xunto co loureiro, un pouco de pirixel picado e unhas gotas de vinagre.
Póñense ao lume durante uns minutos e logo vértese este sofrito por riba das xoubas e finalmente sérvese a cachelada ben quente.


Patricia Díaz Castro 3ºA
e ti que opinas? (2) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 05-02-2009 12:36
# Ligazón permanente a este artigo
SOLLAS Ó FORNO
INGREDENTES:: (4 personas)

1 Kg de sollas
Patacas
1 Cebola
1 Tomate
Sal
1 Pemento vermello
1 Pemento verde
Aceite
1 Limón

PREPARACIÓN:
Poñer unha fonte ó lume co aceite os pementos cortados en tiras, a cebola e o tomate picado.
Mondar as patacas, trocealas e fritilas nunha tixola.
Despois de fritidas botalas na fonte do sofrito anterior xunto coas sollas.
Botamos uns anacos de limón por riba das sollas e salgamos a gusto.
Meter no forno ata que as sollas estean cociñadas.



MARÍA ALCALDE RUBIO
e ti que opinas? (0) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 16-01-2009 11:49
# Ligazón permanente a este artigo
TORTA DE QUEIXO
Ingredientes:
-6 ovos.
-medio litro de nata líquida.
-2 envases de queixo de untar.
-2 iogures gregos naturais.
-2 medidas do envase do iogur cheos de azucre.
-2 medidas do envase do iogur cheos de fariña.
Elaboración:
Bater os ovos. A continuación incorporar os iogures, o queixo de untar e o azucre. Mesturar ben todos estos compoñentes. De seguido engadir a todo isto a fariña.
Montar a nata líquida e xuntar co resto dos ingredientes.
Untar un molde con margarina e fariña.Verter no molde a mistura e introducir no forno.
Tempo de coción aproximado unha hora a 180º C.



Praticia Tuñez Gomez 1ºBACH - C
e ti que opinas? (1) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 09-01-2009 12:08
# Ligazón permanente a este artigo
ARROZ CON CHOPO
1. INGREDIENTES:
o 1l de auga.
o ½ vaso de viño branco.
o 3 ramos de perexil.
o ½ cebola picada en anacos.
o 2 dentes de allo picados en anacos.
o 1 sobre de azafrán.
o Especies.
o 2 culleres de aceite de oliva.
o 1/2 kg de arroz.
o 1kg de chopo.
o Unhas areas de sal.


MATERIAS DE COCIÑA QUE HAI QUE EMPREGAR:

o Unha paelleira ou tarteira segundo as preferenzas
o 1 fornelo.


PREPARACIÓN:

1- Poñer a paelleira ó lume.
2- Botarlle dúas culleres aceite de oliva, 3 ramas de perexil, allo picado e cebola no fondo da paelleira.
3- Deixar fritir a allada.
4- Botar o medio vaso de viño, xunto co azafrán, as especies o medio litro de auga a paelleira.
5- Agora sen esperar botáselle o chopo e déixese cocer unha hora.
6- O cabo da hora botáselle o arroz e deixase cocer dez minutos todo xunto.
7- O pasar o tempo sácase do lume e déixase refacer entre doce e quince minutos.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 12-12-2008 11:47
# Ligazón permanente a este artigo
XURELOS Ó FORNO CON PATACAS

Ingredientes para tres persoas:
-3 xurelos.
-1 cebola.
-1 tomate.
-100g de touciño con febra.
-Medio limón.
-5 patacas.
-Aceite.
-Sal
-Viño branco



Elaboración:

Cubrir o fondo da fonte do forno co aceite.
Engadir o pemento en talladas, a cebola, e o tomate.
Meter no forno e agardar 5 minutos.
Pasado este tempo, botar as patacas cortadas en anacos e máis os xurelos abertos ó medio co limón e o touciño metidos no seu interior.
Regar con viño branco e salar.
Introducir novamente a fonte no forno e deixar cociñar 1hora aproximadamente a a170º.




CRISTIAN CAMPOS FERNÁNDEZ 3ª ESO



e ti que opinas? (1) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 02-12-2008 12:55
# Ligazón permanente a este artigo
EMPANADA DE XOUBAS
INGREDIENTES

-1kg de fariña
-1kg de xoubas
-4 cebolas
-Lévedo salgado.
-Un pouco de aceite.
-1 ovo
- Sal
-Leite quente (un vaso)
-Auga morna(un vaso)
-Colorante

Preparación:

Primeiramente límpanse as xoubas e déixanse unhas 4 ou 5 horas cun pouco de sal. Pasado este tempo, lávanse en auga fría con moito coidado para que non rompan.
Nun recipiente botamos 1kg de fariña con pouco sal. Misturamos.
Facemos un buraco no medio da fariña. A continuación cóllemos o vaso ca auga morna e desfacemos nela o lévedo. Feito isto, botámolo no recipiente da fariña e engádeselle un pouco de leite quente. A masa non pode quedar nin moi dura nin moi branda. Cando a masa estea gramada déixase en repouso para que medre.
Mentres agardamos, picamos as cebolas e fritímolas condimentándoas co sal e o colorante. Remexemos a cada pouco para que non se peguen nin torren.
A continuación collemos a masa e coa axuda dun rolo, estirámola.
Preparamos unha empanadeira untándoa cunha pinga de aceite para que logo non se nos pegue. Colocamos unha capa de masa enriba dela e engadímoslle a cebola repartida por toda a superficie.
Feito isto, colocamos a xouba encima do refrito de cebola, logo o ovo cocido cortado en anacos e finalmente cubrímola con outra capa de masa. Se é que sobra algún recorte de masa, podemos adornar a empanada con tiras ou algunha figuriña.
Para rematar, enroscamos os bordes da masa e metemos a empanadeira no forno a 160º ata que a masa estea dourado (se é un forno de leña, moito mellor).


Fabiola Suárez Iglesias (3º ESO)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 28-11-2008 12:07
# Ligazón permanente a este artigo
BISCOITO DE CHOCOLATE

SOBREMESA

Tempo de elaboración: 15-30 min

Dificultade: Baixa

INGREDIENTES: CANTIDADE:
? Ovos coas claras????????????????????3
? Fariña ???????????????????????..150 g
? Azucre ???????????????????????..200 g
? Chocolate en po???????????????????...150 g
? Aceite????????????????????????½ vaso
? Lévedo en po?????????????????????1 sobre
? Leite????????????????????????.150 ml


ELABORACIÓN:
Bater as claras. Seguidamente engadir o azucre pouco a pouco, e mentres se bate engadir o leite. Fritir o aceite e esperar a que enfríe, para poder mesturalo. De seguido botar a fariña, o chocolate e o lévedo. Por último coller o recipiente no que se queira poñer, untar un pouco con manteiga e fariña ciscada e verter a mestura. Poñer 30 minutos no forno a 200º.

TRUCOS:
Botarlle unhas gotas de anís de vainilla.

Lugar de recollida:
Libro de receitas

Eva Pérez Saborido (4º B)

e ti que opinas? (4) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 25-11-2008 12:29
# Ligazón permanente a este artigo
ARROZ CON BERBERECHOS

Ingredientes:

? 2 cuncas de arroz.
? 2 puñados de berberechos (a gusto)
? 1 pemento picado.
? 200gramos de chícharos.
? 1 dente de allo picado.
? Unha cebola picada.
? Aceite de oliva.


Preparación:

1. Sofritir o pemento, a cebola e o allo cun chorro de aceite de oliva.
2. Engadir os berberechos.
3. Unha vez que abran a cuncha os berberechos, engadir os chícharos, o arroz e dúas cuncas de auga por cadansúa de arroz.
4. Cocer o tempo necesario (15-20 minutos)
5. Presentar e servir.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 21-11-2008 11:58
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0