ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

Bacallau rebozado
Anacos de bacallau rebozado:
2 Talladas de bacallau desalado.
2 Culleradas de sopa de fariña de trigo.
2 Ovos.
2 Culleres de sopa.

Confeccion:
Primeiro mesturase os ovos coa fariña.
Despois,xuntanse o bacallau en anacos coa masa dos ovos e a fariña.
Logo levase a fritir os anacos envoltaos na masa.
Fritense ben polos dous lados en aceite de oliva,que está máis rico.
Por último sérvense en pratos acompañados de arroz, tomate,patacas...
Eso xa depende do gusto de cada un.

Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 12-03-2010 10:57
# Ligazón permanente a este artigo
MATAPA
Vouvos deixar unha receita típica de Mozambique

Ingredientes

750 gramos de cacahuete cru
1 coco
1 kg de camarón seco
1 kg de follas de mandioca
2 litros de auga
sal ao gusto

Modo de preparación
Bátese o cacahuete(sen casca) ata quedar en po e disólvese en medio litro de auga.
Ráiase a polpa de coco e esprémese nun pasador , xuntando pouco a pouco o restante do medio litro de auga de forma a extraer todo o leite ao coco.Xúntase este leite de coco a auga co cacahuete.
Pícanse as follas de mandioca máis ou menos dous centímetros de grosor.
Cocíñanse as follas de mandioca (sen auga)durante media hora,a ola lévase ao lume coa mestura de leite de coco con auga de cacahuete, cando comeza a ferver,xúntanse os camaróns xa preparados e cociñados e déixanse repousar durante hora e media a lume lento .
Sérvese con arroz branco.


Fabiola 4ªB
e ti que opinas? (0) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 12-03-2010 10:51
# Ligazón permanente a este artigo
Bacallau no forno á Portuguesa

Ingredientes:
? 4 bos anacos de bacallau, preferentemente do lombo, cada un de 200g.
. 1.2 kg de patacas
? 2 cebolas peladas
? 3 dentes de allo pelados
? 1 pemento
? 600 gr. de tomate maduro
? 1 folla de loureiro
? 1.5 dl de viño branco
? 2 dl de aceite
? Sal, pementa e colorante
? 2 ramas de perexil

Elaboración:
Corte as cebolas en rodas finas, os allos en láminas e o pemento en rodas, retirándolles as sementes. Lave o tomate, retírelles a raíz e córteos en planas. Limpe as patacas, córteas en tiras e alíñeas con sal, pementa e un pouco de colorante. Poña, no fondo da bandexa, metade das cebolas, dos allos , do pemento,do tomate, do loureiro e unha rama de perexil. Logo na capa seguinte, poña no centro o bacallau xa desalgado e por enriba as patacas.
Por enriba, engada os restantes ingredientes, regue con viño e despois co aceite. Leve a bandexa ó forno a 170º. De vez en cando, déalle a volta as patacas e régueas coa propia salsa. Estará asado en cerca de 50min.
Sírvao na propia bandexa.

Adriana e Isabel
e ti que opinas? (1) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 10-03-2010 13:04
# Ligazón permanente a este artigo
Pataniscas de bacalhau
e ti que opinas? (0) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 10-03-2010 10:59
# Ligazón permanente a este artigo
Ensalada de leituga con laranxa, fabas e queixo
Déixovos unha receita saudable para os que queirades coidarvos, facer dieta...

-Tempo de elaboración: 15 min

Para dúas racións:
-Ingredientes:
1 leituga cortada en xuliana.
200gr de rabanetes.
200 gr. de fabas cocidas.
1 laranxa en cachos.
1 cebola picada.
50 gr. de queixo.
50 ml de vinagreta de laranxa.

-Preparación:
Xunte todos os ingredientes nunha ensaladeira. Remexa e mesture ben coa vinagreta.
Para facer a vinagreta de laranxa: xunte 1/3 de vinagre de sidra para a cantidade de aceite que se quere utilizar e mestúreo ata que estea homoxéneo.Engada dúas culleres de zume de laranxa,un pouco de sal e pementa e volva a remexer.

-Información nutricional:
242 calorías,5 gr. de graxa, 8 mg de colesterol, 38 gr. de hidratos de carbono.

Clara Suárez 1º Bach
e ti que opinas? (0) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 09-03-2010 11:45
# Ligazón permanente a este artigo
Mousse de chocolate (dieta)
Fanse 8 anacos de 111 calorías cada un

Ingredientes
2 follas de xelatina sen sabor (incolora)
200ml de auga quente
4 culleres sopeiras de chocolate dietético en po
200ml de leite desnatado
3 culleres sopeiras leite en po desnatado
1 culler sopeira de edulcorante
4 claras a punto de neve
30g chocolate dietético en barra para decorar
Caldas de chocolate:
100g chocolate dietético en barra
150ml leite desnatado

Preparación
Disolve a xelatina en auga quente e deixa arrefriar.
Bate o chocolate en po, o leite, o leite en po, o edulcorante e a xelatina, coa batidora.
Pasa todo para unha tixola e mestura as claras a punto de neve, a modo e removendo e sen bater.
Bota a mestura nun recipiente untado con auga e lévao ao frigorífico para que se endureza.
Para a calda: pon o chocolate e o leite no lume ata formar unha calda.
Desmolda a mousse nun prato, decorado con raspas de chocolate e serve a calda fría.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 09-03-2010 11:38
# Ligazón permanente a este artigo
Ensalada de salmón afumado con herbas.

Ingredientes:

- Unha leituga cortada en Xuliana ( en tiras)
- 400 gramos de rúcula (planta crucífera da que se usan os talos e follas para facer en ensaladas.
- 4 vieiras cortadas en rebandas.
- 100 gramos de crema fresca.
- 70 gramos de herbas finas picadas (cebola, allo?)
- Pementa moída.
- sal

Preparación:

- Coloque a leituga e a rúcula nunha tixola grande. Á parte, mesture a crema fresca coas herbas finas picadas, bótelle a sal e a pementa ao seu gusto e bote o preparado na tixola. Logo, mesture ata que este ben mesturado e coloque a ensalada en catro pratos. Por encima, poña rebandas de salmón afumado e adorne coas vieiras.



e ti que opinas? (0) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 09-03-2010 10:08
# Ligazón permanente a este artigo
Bacallau ó Marqués
Bacallau ó MarquésVou deixarvos unha receita portuguesa típica da cidade do Pombal

Ingredientes:
_un anaco de bacallau
_catro patacas
_unha cebola
_ovo q.b
_aceite q.b.
_pementa q.b.
_viño branco q.b.
Preparación:
Fritir o anaco de bacallau pasado polo ovo e pan rallado logo frite cebola en rodadas con pementa, o loureiro, o aceite e o viño branco. Pon nunha tarteira de barro o bacallau, a cebola e para acabar as patacas redondas.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 09-03-2010 10:08
# Ligazón permanente a este artigo
Migas Ripadas
Vouvos deixar un prato típico do noso veciño Portugal, concretamente da zona de Tras os Montes e Alto Douro: As migas Ripadas.

Ingredientes:
? 500g de pan.
? 2dl aceite.
? 4 dentes de allo.
? 4 ovo.
Córtase o pan en cachos grosos, distribuÍdos por 4 tixolas.
Lévase ao lume 1,5l de auga con dous dentes de allo, metade da porcion do aceite e sal e déixase ferver. Deitase sobre os cachos de pan, que se tapan e se conservan próximo do calor.
Entretanto, estrélanse os ovos no aceite restante.
Colócase un ovo en cada tixola, e no aceite que serviu para estrelar os ovos frítense os dous dentes de allo que quedaron.
Retíranse os allos e déitase este aceite a ferver sobre os ovos.
Sérvese ben quente.

Jésica González (4º ESO B)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 08-03-2010 12:07
# Ligazón permanente a este artigo
Torta de Santiago
Ingredientes:
- 9 Ovos
- 125 gr. de azucre
- 5 gr. de canela moída
- 500 gr. de fariña
- 250 gr. de améndoas
- Raiadura de limón
- Manteiga

Preparación:
Para a masa: Xúntase un ovo batido cunha cullerada de auga, coa canela e co azucre engadindo pouco a pouco a fariña ata ter unha masa máis ben fina.Amasar e estirala cun rolo de cociña. Forrar o molde, previamente untado con manteiga.

Recheo: Escaldar, pelar e esmiuzar as améndoas. Bater o resto dos ovos co azucre, a canela e raiadura de limón. Xuntar coas améndoas reservando algunhas para o adorno. Bater novamente. Botar todo isto sobre o molde, enriba da masa, espolvorear coas améndoas sobrantes e reservadas para este fin.Meter no forno ata que acade unha tonalidade dourada.

Aproveitade o festivo para sorprender á vosa familia con esta inesquecible torta.

Daniel Fernández Romero
e ti que opinas? (0) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 17-03-2009 15:00
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0