ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

Ensalada de polbo con tomates secos
Do receitario "Para repañar o prato!" de SOGAMA




CANTIDADES E INGREDIENTES:

? 4 unids. Os rabos do polbo cocido, separados do corpo e abertos pola metade.
? 200 grs. Leituga variada lavada e lista para a
montaxe.
? 1/2 unidade. Cebola cortada o máis fina posible.
? 2 unid. Tomates secos en aceite de oliva.
? c/s Vinagre de Módena.
? c/s Aceite de oliva.
? c/s Sal.
? c/s Sal en escamas.
(c/s cantidade suficiente)




ELABORACIÓN:
Para a vinagreta:
? Picar os tomates secos e emulsionar co aceite de oliva, o vinagre de Módena e o sal.
Para a ensalada:
? Colocar a leituga metida dentro dun aro ou algún elemento que lle dea forma á ensalada.
? Pór unha tixola raiada ou lisa ao lume forte, engadir un pouco de aceite de oliva e botar as dúas metades de cada rabo por persoa a dourar.

PRESENTACIÓN:
? Colocar dúas metades de polbo en cada prato ao lado da ensalada.
Aderezar coa vinagreta de tomates secos e sazonar o polbo co sal en escamas.
e ti que opinas? (1) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 16-02-2011 20:35
# Ligazón permanente a este artigo
Para repañar o prato
SOGAMA vén de presentar un libro de receitas titulado: Para repañar o prato baseado en sobras de comidas, para así contribuír á reciclaxe e á reducción de lixo.
As receitas elaboráronas os alumnos e alumnas da Escola de Hostalaría ?Fundación Belarmino Fernández Iglesias? de Sober, na provincia de Lugo

Copiamos aquí a presentación que trae o libro para que entendades ben o seu contido. A partir de hoxe imos ir presentando neste blog e nesta sección que temos de "Da xouba á sardiña" as receitas, xa que nos pediron difusión...

Esperemos que vos guste


PRESENTACIÓN DO VOLUME
Cada galego xera ao día 1,2 quilos de lixo e case a metade correspóndese con residuos
orgánicos procedentes de restos de comida ou de produtos estragados que facilmente poderían
formar parte de saborosos pratos.
Con ?Para repañar o prato!?tratamos de amosar de maneira sinxela e moi
gráfica como podemos xerar menos lixo, ao mesmo tempo que cociñamos exquisitas receitas e
aforramos na cesta da compra. En total, son máis de 40 as suxestións
entre entrantes, peixes, carnes e sobremesasde fácil
preparación e para todos os gustos deseñadas para esta publicación polos profesionais da Escola
de Hostalaría Belarmino Fernández Iglesias de Sober, na provincia de Lugo.
Incluímos tamén trucos e consellos tanto de cociña como de conservación de
alimentos que, sen dúbida, axudarán a reducir a cantidade de comida que moitas veces remata
no caldeiro do lixo. Así mesmo, ao final do receitario facémonos eco dunha batería de
ideas para facer unha compra responsable.
Desde a Sociedade Galega do Medio Ambiente animámoste a que collas o mandil e cociñes
e probes algunha destas receitas, así como a que poñas en práctica os trucos e consellos que
che trasladamos nestas páxinas. Asegurámosche que vas repañar o prato, ao
mesmo tempo que coidas o medio ambiente e aforras cartos.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 04-02-2011 10:45
# Ligazón permanente a este artigo
TARTA DE CABAZA
Ingredentes:
? ½ kg de cabaza
? 200 gs de azúcre
? 100 gs de fariña
? 200 gs de nata
? 3 ovos (as claras a punto de neve)
? Raiadura de limón
? Unhas pingas de anís
? 1 sobre de lévedo
Preparación:
Untar o molde que imos a usar cunha pouca manteiga e fariña. Mesturar tódolos ingredentes nun cunco reservando a nata para o final. Verter a mestura no molde e deixar cocer no forno a unha temperatura de 180º durante uns 45 minutos. Deixar enfriar antes de comelo.
Aldara Muiños Rodriguez, 1º ESO ?C?
e ti que opinas? (0) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 28-01-2011 17:51
# Ligazón permanente a este artigo
Biscoito de queixo
Ingredientes:

-Tres ovos
-Unha terrina de queixo freco
-Medio litro de iogur natural
-Vaso e medio de leite
-Vaso e medio de fariña
-Vaso e medio de azucre

(Nota: a medida do vaso é a do iogur)

Preparación:

Vanse botando os ingredientes nun recipiente grande na mesma orde na que que están nomeados. Primeiro os ovos , logo o queixo... Bátense co batedor ata que quede unha masa líquida. Introdúcese a masa nun molde para doces e vai ao forno a unha temperatura de 200º C durante 40-45 minutos.

Bo proveito!
e ti que opinas? (0) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 18-11-2010 10:25
# Ligazón permanente a este artigo
PESCADA Á VASCA
INGREDENTES:
o 4 toros de pescada
o 1 cebola pequena
o 3 dentes de allo
o Aceite de oliva
o Pirixel
o Chícharos
o Viño Branco
o Colas de gambas
o Ameixas
o Fariña e sal



Botamos o aceite nunha tarteira de barro e poñemos a pochar a cebola xunto cos allos,
Enfariñamos a pescada e poñémola dentro da cazola xunto con medio vaso de viño branco. Cocémola un pouco e por último engadímoslle as colas de gambas e as ameixas. Salgamos e agardamos uns minutos ata que abran as cunchas das ameixas momento no que engadiremos os chícharos cocidos.

Andrea Iglesias Rodríguez, 1ºESO ?C?
e ti que opinas? (1) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 28-10-2010 16:12
# Ligazón permanente a este artigo
SOPA DE CABAZO
Ingredentes:

 ¾ de quilo de cabazo
 ½ quilo de patacas
 1 porro
 1 vaso de nata líquida
 3 culleradas de aceite de oliva
 1 ½ litro de auga
 Sal e pementa





Pélanse as patacas e o cabazo, tállanse en anacos e engádense a unha tarteira coa auga quente e lixeiramente salgada. Unha vez que rompa a ferver, déixase cocer lentamente durante uns corenta e cinco minutos xunto co porro que tamén estará tallado en cachos.
Retírase do lume e tritúrase para que resulte un puré fino. Engádeselle a nata e o aceite. Condiméntase lixeiramente coa pementa e vólvese a cocer a baixo lume durante uns cinco minutos.
Sérvese moi quente.

Aida Saco Beiroa 1º ESO ?C?
e ti que opinas? (0) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 24-10-2010 21:45
# Ligazón permanente a este artigo
Xurelos guisados
Limpe os xurelos en cru, quite a espiña do lombo e a espiña do embigo, as tripas e a cabeza. A continuación poña por riba sal groso. Deixe descansar preto de 24 horas. Elimine o sal e lave os xurelos en auga fría. Mentres tanto poña unha tarteira ao lume con auga, engada os xurelos e deixe cocer. Despois de cocidos póñaos en auga fría.
Limpe as peles e algunhas espiñas da barriga, quedando cunha carne dura e en bo aspecto. Poña os xurelos na bandexa onde vai servir. Bótelle por riba aceite, allo picado, cebola cortada en anacos redondos finos e o vinagre. Por último, póñalle un pouco de pirixel picado.

Kevin 4ºA
e ti que opinas? (0) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 12-04-2010 11:38
# Ligazón permanente a este artigo
Máis cociña veciña: Troitas do Río Cávado.
Déixovos unha receita do noso país veciño, Portugal, propia dos que viven ao lado do río Cávado onde hai moitas troitas. Como aquí tamén temos nos nosos ríos, podemos aproveitar a receita.

Ingredientes:
-8 troitas
-4 cachos finos de carne de pata de porco.
-4 cachos de touciño
-sal

Prepáranse as troitas e frítense con sal. Na barriga de cada troita introdúcese un cacho fino de carne de porco, enrolada. Derrétese o touciño en bocadiños e báñanse as troitas na graxa obtida.
Sérvese quente e con patacas cocidas.

Jésica González (4º ESO B)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 09-04-2010 12:49
# Ligazón permanente a este artigo
Costeletas en adobo e dúas patacas

COSTELETAS DE PORCO EN ADOBO E DÚAS PATACAS
INGREDIENTES( para dúas persoas):
3 culleradas sopeiras de aceite
2 culleradas sopeiras de vinagre de viño tinto
2 culleradas pequenas de pemento doce
2 culleradas pequenas de allo picado
½ culleriña de sal
2 patacas pequenas, sen pel e cortadas finas en redondo
1 cebola e media
4 costeletas de porco

PREPARACIÓN:
Xunte o aceite, o vinagre, o pemento doce, o allo e a metade do sal mesturándoo todo ata que quede unha textura cremosa. Coloque a pataca e a cebola nunha tixola e cociñe ata que se faga.
Xunte o sal restante e 3 culleradas da mestura anterior e mestúreo ben. Reboce ambos lados das costeletas coa mestura restante.
Coloque nunha folla de papel de aluminio a mestura das patacas no centro facendo unha camada fina. Sele a folla de papel de aluminio e repita o proceso para outra folla.
No forno coloque ambos papeis de aluminio e as costeletas. Cociñe as costeletas durante 5 min de cada lado e os papeis de aluminio durante 7 ou 8 min de cada lado. Abra os papeis de aluminio ( coidado co vapor) e sirva esta salsa coas costeletas
Fátima Lijó Romay 1º Bac C
e ti que opinas? (1) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 06-04-2010 10:17
# Ligazón permanente a este artigo
Biscoito
INGREDIENTES:
250g de manteiga
18 culleradas grandes de fariña
18 culleradas grandes de azucre
4 ovos
Un pouco de leite

PREPARACIÓN:
Bata os ovos xunto coa manteiga e o azucre. Despois, xunte a fariña, aos poucos, e un pouco de leite. Bata todo moi ben durante cerca de 15 minutos.
Nunha forma untada con manteiga e cunha pouca fariña bote a masa, leve todo ao forno a 180⁰ durante 30 minutos.

Paloma Romero 4ºB
e ti que opinas? (0) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 12-03-2010 11:00
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0