ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

Reflexións no currículo de OCDSB (Ontario, Canadá)

?Non hai estudantes 10, hai só actuacións 10?

?O noso reto é que cada estudante sexa único, e cada un debe ter oportunidades para acadar o éxito de acordo cos seus propios intereses, habilidades e metas?

?A ninguén lle sorprende que unha persoa vaia varias veces a examinarse para sacar o carnet de conducir. Ao contrario, preferimos que repita o exame varias veces ata que demostre que sabe conducir. Do mesmo xeito, cando logros e competencias son as metas do proceso de ensino-aprendizaxe, suspender non debe ser unha opción?

?Moitos pensan que permitir repetir as tarefas para a avaliación unha e outra vez non é preparar para a vida real; pois ben, hai que dicir que un piloto si debería ter repetido a práctica de aterrizaxe non unha, nin dúas, senón cen veces no simulador de voo na academia. As clases representan o simulador de voo?.

?As avaliacións e tarefas deben preparar ao alumnado para entrar no mundo exterior, pero non son o mundo exterior. É máis, na vida real a xente ten máis dunha oportunidade para demostrar a súa competencia. Ningún profesor é despedido por dar unha mala clase. De feito, moitas aprendizaxes proceden dos erros?.

?success for all? (éxito para todos)

Aquí vos quedan, a ver que opinades!
e ti que opinas? (0) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 08-02-2020 14:38
# Ligazón permanente a este artigo
Programa PIALE: estancia formativa en Canadá
LisgarDo 11 de Novembro ao 9 de Decembro, a profesora Pilar Pérez tivo a oportunidade de coñecer o funcionamento do Lisgar Collegiate Institute, un instituto de Secundaria (ou High School) con sede en Ottawa, no marco do programa PIALE da Xunta de Galicia.

A pesar das diferenzas culturais da súa poboación, no eido educativo, Canadá posúe un dos sistemas educativos mellor valorados do mundo, xa que ofrece numerosas oportunidades de desenvolvemento profesional e persoal.

A organización do alumnado nas clases non é por grupos senón por materias. Cada materia impártese nunha aula fixa á que vai o alumnado matriculado nela. Estudan catro materias por semestre de xeito intensivo, oito por ano académico, existindo unha gran variedade de materias optativas. O alumnado adica tempo ao voluntariado, e para graduarse son precisas 40 horas neste ámbito (Community Involvement Activities).

Os colexios son espazos abertos, sen reixas. O profesorado non acostuma a rifar ao alumnado e promóvense o respecto e a responsabilidade.

A profesora asegura que a experiencia foi moi positiva.

Tedes unha ligazón a unha presentación de Canadá e o seu sistema educativo en RECOMENDAMOS... se queredes saber máis.
Presentación sobre Canadá
e ti que opinas? (0) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 08-02-2020 12:15
# Ligazón permanente a este artigo
Carlos Casares
Como xa sabedes este ano, as Letras Galegas fóron adicadas a Carlos Casares. Esta semana, dentro dos actos que o instituto organiza para esta festividade asistiu o seu fillo Hakam a quen lle agradezo a súa visita. El contounos algo da súa vida de seu pai, e tamén algunhas historias sobre el.

Se queres saber mais entra na nosa revista.

Gabriel Figueira Núñez.
e ti que opinas? (0) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 24-05-2017 10:25
# Ligazón permanente a este artigo
21 de marzo.
O día 21 de marzo celébrouse o día da poesía.
Para conmemorar esta data no instituto colgáronse folios con versos escollidos nos cales se podían pegar "posits" para adicarllos a algunha persoa.
O meu favorito foi:
aind t levo n pel.


Gabriel Figueira Núñez.
e ti que opinas? (0) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 05-04-2016 10:20
# Ligazón permanente a este artigo
Meteogalicia

O outro día os de 3º de E.S.O, fomos de escursión a "Meteogalicia". Alí apredemos moitas cousas como por exemplo o que fai unha estación meteorolóxica ,por que a hai que pintar de branco ( protexe aos elementos que miden a presión, a choiva ... para que non haxa variacións) e tamén o que fan os diferentes ventos que veñen a Rianxo.
Despois fomos a un museo algo especial. Tiña uns xogos aos que xogábamos, e estaban en portugués.
Resumindo estivo moi ben.

Páxina web: http://www.meteogalicia.es/web/index.action
Gabriel Figueira Núñez.
e ti que opinas? (0) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 26-11-2015 10:32
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de radio

A semana pasada foi a primeira sesión dun obradoiro de radio de dous días de duración.
Unha xornalista licenciada ensinounos as técnicas necesarias para a creación dun programa de radio. Hoxe tócanos repetir coa última sesión do curso na que poñeremos en práctica os contidos aprendidos na anterior.
Esperamos pasar un bo rato!
e ti que opinas? (0) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 18-11-2015 12:25
# Ligazón permanente a este artigo
Carlos Salgado e o Bosón de higgs no noso IES
O pasado mes de novembro estivo connosco Carlos Salgado, que se definiu como físico teórico e deunos unha charla titulada "A Europa dos bosóns".
Falounos do descubrimento do bosón de Higgs que foi unha gran anécdota, dos tipos de bosóns e de como están formadas as partículas, de que está formado o universo e que se espera que en 20 ou 25 anos se descubra algo máis da materia escura. Da enerxía escura seica non se sabe nada e que o total do universo que coñecemos é unha parte moi pequena.
Deixámosvos un vídeo que presenta a actividade, mais a charla de Carlos Salgado está enteira na revista.
Julián Moares (2º Bac. A)



e ti que opinas? (0) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 12-12-2013 00:00
# Ligazón permanente a este artigo
Traballando con Roberto Vidal Bolaño
Estivemos facendo uns sombreiros como o chapeu que levaba Roberto Vidal Bolaño. Si, coma o que leva neste cartel que tamén lle adicamos. En cada un deles escribiamos o título dunha das súas obras e poñiamoslle un pequeno resumo. Atópanse na entrada do edificio principal, esperamos que vos gusten. E se non os víchedes aínda, xa vai sendo hora de irdes botarlles unha ollada.
e ti que opinas? (0) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 04-06-2013 10:21
# Ligazón permanente a este artigo
CONCURSO DE LECTURA TEATRAL
Estamos organizando un concurso de lectura polas letras galegas, dedicadas este ano a Roberto Vidal Bolaño (dramaturgo galego). Podedes participar individuais ou en grupo. As lecturas celebraranse desde o 27 e o 31 de maio na biblioteca. Os textos repartiranse no local do equipo de normalización. Veña, animádevos! Haberá premios!
e ti que opinas? (0) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 24-05-2013 12:18
# Ligazón permanente a este artigo
Miro Villar visita hoxe o instituto
Hoxe ás 16:20 da tarde visitará o noso IES o poeta Miro Villar a charla durará aproximadamente unha hora,nela Miro presentaranos os seus poemas e falaranos da súa poesía que xa estivemos traballando esta semana.

Os meus zapatos
Aqueles meus zapatos que noutrora
foran lustrosos, húmidos un día
de tanto andaren sós, sen alegría,
amolecendo bóchegas cadora,
aqueles meus zapatos, na aurora
mollados de amargor, da dor máis fría,
e gastados de insán melancolía,
xa son zapatos novos arestora,
deron en recobrar o brillo antigo
ao queceren no lume permanente
das mans pequenas, fráxiles, inmensas,
poderosas no amor, no seu abrigo,
aqueles meus zapatos, de repente,
descubriron as cousas más intensas.
e ti que opinas? (0) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 13-05-2013 11:37
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0