ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

II Encontros de política lingüística
Algúns dos ámbitos que se debaten hoxe no marco dos II Encontros de política lingüística desde as administracións locais da Coruña son os perfís profesionais dos técnicos de normalización nas cidades. Este foro de reflexións reúne a uns 75 representantes de diferentes entidades locais neste campo.
Lucía Rey (2º Bach B)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 23-10-2008 00:40
# Ligazón permanente a este artigo
O galego e o cinema
A pantalla grande parece non levarse ben co galego, pois todos somos conscientes do escaso número de películas que se estrean en galego na nosa comunidade.
O Parlamento establece que se deben dobrar polo menos dez películas de éxito ó galego nun ano, algunhas delas que saíron este ano son, A Crise Carnívora ou Pradolongo. Mais o número segue quedando escaso fronte a Cataluña ou o País Vasco, onde se estrean sobre unhas vinte películas para as que se esgotan as entradas.
Moitas das películas de Doraemon e Shin Chan foron xa financiadas e traducidas ó galego, cun investimento de 102.000? a cargo do departamento de Política Lingüística.

Raquel (2º Bach. A)
http://www.galiciae.com/nova/18914.html
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 21-10-2008 21:38
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de "De Profundis" de Miguelanxo Prado

Hoxe (21.10.08),as oito da tarde na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela, Miguelanxo Prado presentará o seu libro De Profundis publicado en galego pola editora El Patito.É a última publicación de Prado e inclue as ilustracións ao óleo que fixo para a aclamada película, xunto cos textos que van trazando unha historia de amor.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 21-10-2008 20:34
# Ligazón permanente a este artigo
Lingua e xustiza, a debate no Colexio de Avogados
Hoxe (21.10.2008 ) celebraráse no Colexio de Avogados de Santiago (CAS) a II Xornada Xustiza e Lingua: reflexións para a normalización" ás 19.00 horas.Será organizado polo Servizo de Asesoramento Lingüístico do Colexio de Avogados, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, intervirán o académico da RAG, Xesús Ferro Ruibal e o fiscal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Carlos Varela.






Por:Noemí Patiño (2º Bach. C)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 21-10-2008 20:15
# Ligazón permanente a este artigo
O teu nome... coma ti. Chámate con xeito
Este é o nome que recibe unha campaña que está a desenvolver a Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. O obxectivo é que descubramos como debería ser o noso nome en galego, se este é correcto, e inclusonos proporcionan os impresos legais para solicitar a galeguización de nomes e apelidos.

Para máis información aquí tedes o link da web que difunde esta campaña.
http://webs.uvigo.es/chamateconxeito/principal.php
e ti que opinas? (1) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 16-10-2008 13:02
# Ligazón permanente a este artigo
Loito para as nosas letras: morreu o poeta Ramiro Fonte
Ramiro Fonte, de 51 anos, faleceu o día 10 de outubro, vítima dunha enfermidade. Nacera en Pontedeume e actualmente residía en Lisboa, onde dirixía o Instituto Cervantes.
Ademais de escribir poesía, cultivou a narración, o ensaio, a crítica e foi un estudoso da literatura galega.

Foi fundador do colectivo poético "Cravo fondo" e deixounos as seguintes obras en verso:'As cidades da nada' (1983), 'Designium' (1984), 'Pensar na tempestade' (1986), 'Pasa un segredo' 1988, 'As lúas suburbanas' (1991), 'Adeus norte' (1991), 'Luz do mediodía' (1995), 'Persoas de amor' (1995), 'O cazador de libros' (1997), 'Mínima moralidade' (1998), Capitán Inverno (1999) e 'A rocha dous proscritos' (2001).

Recordade que vai seguir vivindo na súa obra. A mellor homenaxe é ler os seus textos!
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 12-10-2008 10:10
# Ligazón permanente a este artigo
Mozilla Firefox 3.0 en Galego!
A páxina oficial do navegador Firefox incluirá o 25 de xullo a versión 3.0 en galego, polo que se atopará entre as máis de corenta traducións en linguas como o bengalí ou mesmo o tailandés.
Ata agora só era posíbel galeguizar o navegador instalándolle un engadido; polo que a partir de agora poderemos navegar tranquilamente na nosa lingua se así o desexamos.




Xuntamos a páxina por se desexades descargalo.

Descárgate o Mozilla 3.0
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 09-10-2008 16:21
# Ligazón permanente a este artigo
Novas lingúísticas
Basicamente nesta secíon recopilarase todas as noticias de carácter lingüistíco, nomeadamente as que se refiran ó galego.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 07-10-2008 12:03
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0