ENDL do IES Félix Muriel |
|
Equipo de Normalización da Lingua Galega |
|

|
Perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Celta ou Deportivo |
|
Hoxe en día o galego sofre, no ámbito deportivo igual ca noutros, a presión que fai o castelán na nosa lingua.
Sendo o deporte por excelencia na nosa comunidade o fútbol e os dous grandes equipos o Deportivo da Coruña e o Celta de Vigo, vou abordar este tema centrándome nestas dúas entidades deportivas castelanizadas por diferentes motivos, como pode ser a abundancia de xogadores non galegos.
Intentando ser o máis obxectivo posible e non mostrando a miña preferencia por ningún dos dous equipos dispóñome a falar do uso do galego en ambos equipos.
Para empezar vou falar do Deportivo da Coruña. No que se refire ao ámbito internauta goberna claramente o castelán, xa que a páxina web oficial do Deportivo está escrita nesta lingua e outras páxinas relacionadas con este equipo tamén. Ademais os afeccionados herculinos que frecuentan Riazor cada partido como local son da
cidade, sendo o ámbito urbano o de máis castelanfalantes, polo que a maioría de seguidores do Deportivo teñen como lingua principal o castelán. No que se refire ao ámbito dos xogadores e o núcleo interno do equipo o galego non é unha lingua case que nada habitual xa que este equipo ten fichados moitos xogadores foráneos.
Unha vez visto o que acontece co Deportivo, agora toca falar do outro gran equipo de Galicia, o Celta de Vigo. A páxina oficial do equipo olívico dá tres idiomas a elexir: o galego, o
inglés e o castelán mentras que outras páxinas como moiceleste.com ou o twitter @noticiascelta
son enteiramente en castelán. Ademais disto,atendendo a outros aspectos o Celta tira pola canteira polo que ten bastantes xogadores propios de Galicia , así que o galego é usado con certa frecuencia entre os numerosos xogadores da nosa comunidade. A entidade celtista busca identificarse con Galicia, portando na camiseta elementos da cultura celta e tendo como un dos cánticos máis identificadores a rianxeira.
Aparte disto o himno do Celta é en galego mentres o himno do deportivo é en castelán, e é moi común que os ultras do celta, (celtarras) de idioloxía nacionalista califiquen mediante cánticos aos ultras deportivistas (riazor blues) de ?fachas? por estes aspectos comentados.
Para finalizar o referente a estes dous equipos teño que ensinar a camiseta do Celta,que dá moi ben a imaxe dos usos do galego no deporte, co himno escrito de forma "perralleira" mesturando o galego e castelán.
Abel (2º Bac. B)
|
|
|
|
Filmes dobrados |
|
Cando oímos o típico anuncio de ?DANIEL O FEDELLO, ÁS DEZ NA GALEGA? non podemos evitar
sorrir. As traducións galegas , na miña opinión, son unas das máis simpáticas que hai, xa empezando
polos títulos (o mellor sempre foi e será ?O HOME PUTO? ? por Gigoló).
Tamén está o famoso apartado das palabrotas, que se incrementa moitísimo nas películas de Clint Eastwood (como por exemplo na película do Sarxento de Ferro, que di ?con todo o respecto, Señor, estame empezando
a tocar os collóns?) e non nos esquezamos das expresións tipicamente galegas (o punto que máis
triúnfa nestas películas), poñamos algún exemplo: na serie Dragon Ball, Krillin, nun determinado
momento, di: ?Home, cando era lobo aínda tiña un aquel, pero agora??, o una serie Dallas a xa
coñecida frase de: ?Estás bébeda, Sue Ellen? e, por suposto, a tradución de Star Wars: ?Terma Chewi, que escorrego? ou Yoda dicíndolle a Luke: ?Luke, non poñas o carro diante dos bois?. Por suposto,tampouco hai que esquecer as dobraxes libres, como por exemplo o épico nome do hipogrifo
da terceira parte de Harry Potter, que na orixinal se chamaba Buckbeak e en galego pasou a ser FACOBICO.
Aínda que tamén o seu lado malo: os dobradores son sempre os mesmos e pode chegar a aburrir
oír sempre as mesmas voces. Outra cousa mala que teñen é que ás veces non traducen as cousas
como deberían e iso fai que se perda un pouco o fío, pero só esas son as pegas que lle podo poñer,
posto que me considero fan incondicional das dobraxes en galego.
Non vexo o momento no que saia a seguinte parte de Harry Potter ou no que volvan botar Star
Wars. É o mellor pasatempos para unha tarde de aburrimento, sen dúbida, polo que espero que
esta ?tradición? non se perda.
Julia (2º Bac.B) |
|
|
|
Unha visión sobre os usos do galego nalgúns deportes. |
|
Veño de facer un artigo analizando os usos do galego que eu vexo no mundo dos deportes e que podedes ler colgado na nosa revista, bicodaria.Aquí simplemente vos deixo as conclusións e unha valoración persoal como resultado desta reflexión.
Espero que sexa do voso interese.
Na actualidade no mundo dos deportes así como nos demais ámbitos da sociedade
(ensino, igrexa, mundo económico, familia, medios de comunicación?) a lingua
galega conseguiu mellorar as súas condicións pero cun pouco de esforzo de todos nós
chegaríamos a converte a Galicia nunha sociedade bilingüe e a eliminar todo tipo de
comportamentos diglósicos que aínda perduran na sociedade.
Eu animo aos galegos a loitar polo seu, porque se o galego noutras épocas foi lingua predominante porque non o ha de volver ser nun futuro quizais non tan afastado.
Ser lingua non é fácil, frecuentemente outras con máis prestixio que ti atácante, poñámonos no lugar do galego e loitemos nós por el, pois ao fin e ao cabo é a lingua galega quen nos representa, a que representa a Galicia, aos galegos.
Cristina Cambeses. 4ªA |
|
|
|
Cartas de amor |
|
Recordade que aínda estades en prazo para presentar a concurso esa carta de amor que tendes escrita, ou que queredes escribir... Aproveitade as vacacións para rematala e deixala na caixa de correo do EDLG o vindeiro xoves. Animádevos!
De paso, deixámosvos este vídeo que fixeron no IES As Barxas sobre o AMOR:
Ámote from Seso Durán on Vimeo. |
|
|
|
Volta de Heredeiros da Crus |
|
Os míticos Heredeiros da Crus volven ós escenarios. Antonio Novo, Antonio Axeitos, Fran Velo, Javi Maneiro (antigos compoñentes do grupo) xunto co novo batería Manu, están a ensaiar na parroquia do Araño aqui en Rianxo para preparar a nova xira, que comenza co primeiro concerto en Ordes, na sala de festas LP-45.
O seu concerto que os lanzou á fama foi na Festa da Dorna, hai vinte anos.
O grupo caracterízase porque cantan cos nosos trazos dialectais (gheada e seseo).
Martiño Galbán |
|
|
|
Carlos Callón será xulgado por recriminar ao xuíz decano da Coruña |
|
 
O xuízo ao presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, acusado de inxurias ao xuíz decano da Coruña, Antonio Fraga Mandián, foi suspendido na mañá do pasado 10 de febreiro ao pedir a defensa a recusación.
De calquera forma, Callón deberá volver sentar no banco tras ser denunciado por inxurias polo xuíz decano da Coruña, a quen acusou de incumprir a Lei de Normalización Lingüística por unhas declaracións nas que aseguraba non ter "ningún rubor en usar a ilegalidade do topónimo La Coruña". "Aínda que nos intenten criminalizar, a MNL non vai calar na defensa do galego", asegurou Callón en declaracións aos xornalistas. Ás portas do xulgado máis dun centenar de persoas, encabezadas polo líder do BNG, Guillerme Vázquez, arrouparon a Callón exhibindo unha pancarta "En galego, é de Xustiza". "Non nos van calar pola vía da represión na defensa do galego", asegurou o líder do BNG, quen cualificou de insostible e "intolerable" o xuízo.
Desde 1983, a Lei de Normalización Lingüística, que fora aprobada por unanimidade no Parlamento Galego, recoñece que os nosos nomes de lugar teñen como única forma oficial a xenuína, a galega. Diferentes sentenzas xudiciais déronlle unha e outra vez a razón a toda a xente que se mobilizou para demandar o seu cumprimento ao longo de todos estes anos. Porén, mesmo algo tan básico como isto dista de ser aplicado sen problemas por parte dos poderes públicos.
Antón Fraga Mandián xa ocupou titulares en varias ocasións nos medios de comunicación pola súa campaña particular contra a lingua galega. Por exemplo, cando denunciou a un veciño da Coruña, Eduardo Álvarez, despois de que este solicitase recibir as notificacións no idioma do país e co topónimo oficial da cidade, dereitos aos que está asistido pola lexislación. Foi no transcurso deste proceso xudicial, criticado polo presidente da Mesa, cando decidiu presentar a denuncia contra Carlos Callón. Como esta situación foi criticada publicamente por Carlos Aymerich, tamén presentou outra denuncia contra este deputado, que xa foi desestimada polos tribunais.
http://amesanl.org/gl/novas/amosar/id/120
Sergio Lamas 3ºA |
|
|
|
Unha visión sobre o uso do galego no ámbito do comercio |
|
O galego no mundo económico
En Galiza, nas tendas de cidades galegas fálase castelan, pero en cambio no ámbito rural, polo menos na nosa vila e a súa contorna, case sempre se usa o galego. No meu pobo en todas as tendas se fala galego, exceptuando algunhas cadeas de mercado que veñen de fóra de Galiza, coma pode ser o Mercadona. En cambio, noutras coma o Gadis, creadas en Galiza, fixeron anuncios en galego, pero lamentablmente os seus produtos están etiquetados en castelán igualmente.
Vitor González Creo 4ºB |
|
|
|
Unha visión sobre os usos do galego no deporte |
|
O galego no ámbito deportivo (remo)
Nas regatas en Galiza, normalmente case todo se fala en galego, exceptuando as clasificacións, é dicir, os postos acadados por cada embarcación. Dentro dus clubs galegos sempre se fala galego exceptuando se hai extranxeiros ou persoas que non o usan como idioma habitual. Nos campionatos de España case sempre se utiliza o castelán. As retransmisións tamén son todas en castelán, pero pola contra, na Concha, as retransmisions fanse en euskera.
Vitor Gonzalez Creo 4ºB |
|
|
|
A lingua galega no ámbito da igrexa en Rianxo |
|
Na miña vila, dende que eu era pequena sempre fun a igrexa ata que fixen a confirmación. Nese tempo puidenme decatar de que o párroco sempre daba as misas en castelán, polo tanto a Biblia tamén estaba neste idioma, e todos os libros ou textos relixiosos da igrexa do pobo tamén eran en casstelán. Era tan notable o uso do castelán que ata as cancións que o coro cantaba se facían neste idioma. Xamais cheguei a escoitar unha canción ou unha misa en galego. A excepción foi un día que un párroco novo visitou o pobo. Ao contrario do que estaba acostumada este era un párroco xoven, mentres que o outro tiña máis idade, e deu a misa en galego dente o principio ata o fin, incluso tendo en conta as novas cancións en galego que escoitei ese día.
Seguindo co tema,é un feito curioso que o cura da vila sempre dea todas as misas en castelán, mentras que por outro lado cando fala coas persoas de toda e vila e se relaciona con elas fóra do ámbito relixioso, sempre usa o galego. E non é por dificultades coa lingua porque, a pesar de dar as misas en castelán, desenvólvese moi ben co galego e non ten problema ao falalo.
En resumen na miña vila todas as celebracións relixiosas sempre foron en castelán, e case sempre co mesmo párroco,e aínda que ás veces nos visiten outros, estes tamén ofician as misas en castelán.
Laura Longo (4º ESO B) |
|
|
|
Núñez Singala visita o Félix Muriel |
|
O pasado 17 de xaneiro visitounos o ilustre Manuel Núñez Singala responsable de Normalización e Dinamización Linguística da Universidade de Santiago de Compostela.
Veunos dar unha charla sobre os "prexuízos" e sobre o seu libro...En Galego por que Non? É un libro que trata sobre os prexuízos que máis lle afectan aos galegos á hora de empregar a súa lingua...
Fíxonos ver, poñendo outros exemplos, como estes prexuízos teñen que ver com ideas que temos escoitado e nas que cremos sen realmente reflexionar se son certas ou non. Tamén nos explicou estes prexuízos como simplificacións do noso pnsamento sen fixarnos ben no que realmente significan estas ideas.
Os prexuízos dos que trata o libro son :
1.O galego soa mal.
2.Aprender galego é unha perda de tempo.
3.Falar galego cando hai alguén que aínda que o entende non o fala, é de mala educación.
4.O Galego non o damos falado ben.
5.O galego é unha lingua minoritaria.
Xosé Anxo 3ºD |
|
|
|
|
|
|
|
|