Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249 DINAMIZANDO A LINGUA
Estes "chistes" están traducidos ó galego. Xa levan tempo pola rede. Parece ser que son unha selección de respostas a exames publicados nun informe escolar.
Música
P.- A orquestra: Definición, esquema de distribución dos instrumentos e criterio de colocación destes instrumentos.
R.- A orquestra é cando se guntan moita xente que toca, e toca a música. Os instrumentos colócanse uns diante e detrás e iso depende do tamaño, por exemplo a gaita colócase sempre diante.
P.- Características xerais da música barroca.
R.- Creo que ai un descoido na pregunta, paréceme que é a música marroca. Vou contestar isto. A música marroca é a dos mouros de Marrocos que é moi importante porque a tocaban os mouros cando ían ás batallas de conquista.
P.- Beethoven.
R.- Este era un señor xordo que compuxo a letra de Miguel Rios ou sexa o Himno da alegría. Pero cando o fixo non era de rocks.
Daba moitos concertos na época de Franco e fixo tamén "Para Luisa" que non ten paranjon na historia da música.
-Vocabulario musical (define):
Barítono: é o que leva a bariña ou sexa o que dirixe aos outros
Tenor: é un cantante como Plácido Domingo
Soprano: isto non o sei
Panxoliña: é o que se canta en Nadal cerca da árbore.
Sinfonía: é o que tocan as orquestras
Movemento adaxio: iso non o trae o meu libro
Movemento allegro: que o cantan os músicos cando
estan contentos.
Nota: Este alumno foi a protestar porque o suspenderon.
Lingua e Literatura
P.- Medir o segundo verso escrito na lousa.
R.- Na lousa, uns 75 centímetros , no papel máis ou menos unha cuarta (dígoo aproximado porque non me trouxen o metro).
Ciencias e xeografía
P.- Movementos do corazón.
R.- O corazón sempre está en movemento, só está parado nos cadáveres.
P..- Movementos do corazón (outra resposta).
R.- De rotación ao redor de si mesmo e de translación ao redor do corpo.
P.- Ósos da pantorrilla.
R.- Está formado polo óso máis longo do corpo, que é o fémur, que vai desde o omoplato ata a rótula.
P.- O cerebro.
R..- As ideas, logo de falar, vanse ao cerebro..
P..- Exemplo de parásito interno .
R.- >As vísceras.
P.- Un parásito interno do home.
R..- O lagostino.
P...- Músculos do pescozo.
R.- Electrocleidomésticos.
P.- Capacidade pulmonar.
R.- É duns cinco mil litros.
P..- Reprodución sexual.
R.- Para que se provoque a FERMENTACIÓN , teñen que estar o órgano masculino dentro do feminino.
P.- Dimorfismo sexual.
R.- O macho diferénciase da femia por unha prolongación máis ou menos longa.
P.- Antibióticos.
R.- O alcol, algodón e auga oxigenada.
P.- Estimulantes do sistema nervioso.
R.- O café, o tabaco e as mulleres
P.- Odontólogo.
R.- Carnívoro que se alimenta de presas vivas.
P.- Pediatra.
R.- Médico de pés.
P.- Definición de rumiantes.
R.- Son os que eruptan ao comer.
P.- Marsupiales.
R.- Os animais que levan as tetas nunha bolsa.
P.- Aves prensoras..
R.- Son as aves que viven nas "prensas", sitos onde hai moita auga.
P.- Aves prensoras (outra boa).
R.- Teñen bonitos coloridos, como o corvo..
P.- Exemplos de nematoceros (mosquitos).
R.- O "bufo", o "bufo real" e o moucho.
P.- O alantoides.
R.- É unha especie de rabo que ten o polo para respirar.
P.- Réptiles.
R.- Son animais que se disolven na auga.
P.- Exemplo de réptil.
R..- A serpe Putón
P.- Anfibios.
R.- A ra ten unha hendidura cloacal, pola cal lanza o típico son "cloac, cloac".
P.- Moluscos.
R.- Son eses animais que ven nos bares, por exemplo o cangrexo.
P.- División dos moluscos.
R.- Gasterópodos, bivalvos e simios.
P.- Partes do insecto.
R.- Son tres: in-sec-to
P.- A abella.
R.- Divídese en raíña, obreiras e "zagales".
P.- Coñeces algún vexetal sen flores?
R.- Se, coñezo algúns.
P.- As algas.
R.- Son animais con carácteres de vexetais.
P.- Fases da Lúa.
R.- Lúa chea, lúa nova e menos cuarto.
P.- Formación das cordilleiras.
R.- As montañas non se forman nun ou dous días, tardan moito tempo en formarse.
P.- Que río pasa por Viena?
R.- O Vesubio azul.
P.- Afluentes do Douro pola dereita.
R.- Son os mesmos que pola esquerda.
P.- Glaciares
R.- Poden ser por erosión e por defunción.
P.- Volcáns.
R.- En Mallorca está o Teide. A auga de mar se solidifica e sae polo cráter.
P..- Produtos volcánicos.
R.- As bombas atómicas.
P.- Como se chaman os habitantes de Ceuta.
R..- Centauros..
Xeografía
P.- Característica de Holanda.
R.- En Holanda, de cada catro habitantes, un é vaca.
P.- Países que forman o Benelux .
R.- Bélxica, Luxemburgo e Neardental
P.- Países produtores de mel.
R.- La Granja de San Francisco
P.- Depuración da auga.
R.- Faise polos raios ultraviolentos.
P.- O sal común.
R.- Ten un curioso sabor salgado.
P.- Brisa do mar.
R.- É unha brisa húmida e seca.
P.- O mendelismo.
R.- Mendel traballou moito axudado por caracois.
Matemáticas e Física
P.- Polígono.
R.- Home con moitas mulleres.
P.- Círculo
R.- É unha liña pegada polos dous extremos formando un redondel.
P.- Pescudar o número primo 2639.
R.- Para min que este número non é primo porque non hai ningún número que dividido por este número que é 2639 nos de exacto. Se vostede ve que está mal corrijalo
P.- Traballo e enerxía.
R.- Traballo é se collemos unha cadeira e pómola noutro sitio, enerxía é cando a cadeira levántase soa..
P.- Palabra derivada de luz.
R.- Lámpada.
Historia e relixión
P.- O home primitivo.
R.- Vestíase de peles e refuxiábase nas tabernas.
P.- Etapas máis importantes na evolución do home.
R.- Sobre o ano 570 crese na primeira aparición do Homo sapiens. A partir do 570 e ata o 1200 o Homohabilis. A partir do 1200 e ata aproximadamente o 1701 o Homohabilis e despois, homes normais.
P.- Comentar algo do 2 de maio.
R.- De que ano?
P.- A arte grega.
R.- Facían botixos
P.- O Cid.
R.- Quixo armarse cabaleiro e buscouse a un aldeán chamado Sancho Bandullo e foise por eses mundos...
P-A catedral de León.
R.- Foi construída polos romanos grazas a un arquitecto americano.
P.- A soberbia.
R..- É un apetito desordenado para comer e beber, que se corrixe practicando a luxuria.
P.- Moisés e os israelitas.
R.- Os israelitas no deserto alimentábanse de patriarcas.
P..- A Fe.
R.- É o que nos dá Deus para poder entender aos curas.
O mural da portada foi feito polo alumnado do 2º ciclo medio (3º curso) en homenaxe a Manuel Quiroga. Engadíuselle, facendo unha montaxe, a dous persoeiros que se traballaron neste curso 2010-11, Lois Pereiro e Xoán Manuel Pintos, o primeiro por ser o homenaxeado no Día das Letras Galegas, e o segundo por ser este ano en Pontevedra o Ano Pintos (200 aniversario). Comentar, que tanto Manuel Quiroga como X. M. Pintos son naturais de Pontevedra.
Se queredes facer algunha aportación podedes comentala tamén aquí.
Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0