|
|
|
A lavandeira da noite. |
|
Boa lección de como se pode cantar perfectamente en galego sen ser nativa. Unha achega para derrubar os moitos prexuízos que aínda sofre a nosa lingua. |
|
|
|
Lingua Materna |
|
 O decreto do Galego botou a andar. O Consellaría de Educación remitiu ós centros o cuestionario no que as familias indicarán a lingua materna.
Nos dende aquí facemos algunhas preguntas?
Cal é a lingua materna nestas situacións?
1. O pai fálalle en galego e nai en castelán.
Situación que se deu e se da en moitas familias.
2. Os pais falan en galego pero fálanlle en castelán o fillo/a.
Situación que se da en moitísimas familias, sobre todo aquelas que se achegan do rural á cidade.
Unha das historias, que ben sendo o caso número 2, cóntanola "O Taboleiro do Colmeiro"
E logo, os que entren en infantil o ano seguinte xa non poderán decidir en que lingua tería que falar a mestra/e.
E digo eu, que nivel de galego acadarán os de infantil nas cidades?
Que libertade terá o neno para escoller a lingua se unha non a sabe?
Tódolos os expertos falán de que as linguas apréndense por inmersión... menos o galego, que a este paso falarase por telepatía e na intimidade. |
|
|
|
Os ensinantes de ciencias rebélanse contra o decretazo |
|
O decreto supón unha imposición aos profesores, moitos da nosa Asociación, do uso do castelán. En vez de promover o uso do galego como sería razoable nunha comunidade cunha lingua propia, promóvense leis que o desprotexen, involucrando nesta tarefa ao profesorado das áreas de Ciencias. Isto é malo para o país, para os centros, para a docencia das ciencias, para o profesorado implicado nestas áreas e, por suposto, malo para o alumnado e para toda a sociedade galega. Por todo isto, consideramos razoable e apoiamos a decisión do profesorado que se ten manifestado publicamente no sentido de non aceptar a substitución do galego polo castelán nas súas aulas.
|
|
|
|
Paquete de actividades en distintos formatos |
|
Xosé Antón Vicente e os seus compañeiros no CEIP Piñeiriño crearon un paquete de actividades en distintos formatos: powerpoint, lim, árdora, etc.
Na imaxe podedes ver tamén que teñen unha serie de titoriais moi interesantes para poder un practicar e facer algunha actividade.
Entrar para ver as actividades.
Este polifacético compañeiro, está metido en varios proxectos relacionados coas TICS, é un gran propulsor do sofware libre, e entre outras páxinas ten esta chamada Galego para Docentes, con programas para poder baixar, dicionarios, e un montón de cousas máis. |
|
|
|
Centenario Carballo Calero |
|
Na páxina web www.carvlhocalero2010.net, creada para commemorar o centenario atopamos este vídeo para coñecer e ver as posturas deste grande lingüísta sobre o galego.
Máis sobre Carvalho Calero. |
|
|
|
XUBI, a mascota do Xacobeo |
|
 Xa está creada a mascota do Xacobeo. A verdade é que non sei porque non lle chaman Jubi en vez de XUBI, a súa páxina web está só en castelán. Na páxina explican que o nome ben de "júbilo".
Continuo dicindo que son uns fenómenos. A desfeita que están a facer vai ser histórica. Quererán bater o record guinnes menosprezando o galego?
Logo dirannos, como xa dixo algún, por non dicir nomes, que se pode ser bo galeguista falando e facendo todo en castelán. A nosa mascota, Mundiño, ten as súas dúbidas. E ti?
"Claro, no me da cuenta, si lo haces en gallego es unha imposición".
E por riba gastan unha millonada en explicar o que non ten nome.
A min hai cousas que non me entran na cachola. |
|
|
|
Día do Medio Ambiente. Marcha Ciclista |
|

A ANPA San Xosé do noso colexio volveu organizar este ano a Marcha Ciclista polas rúas de Pontevedra, celebrando deste xeito o día do Medio Ambiente, 5 de xuño. Esta foi a VIII edición.
A nosa noraboa os organizadores porque todo saíu bastante ben, e tanto rapaces como pais, pasamos unha xornada de lecer agradable. aínda que algúns botamos de menos algo de festa "En Galego".
Deixamos neste artigo as fotos e algúns vídeos da segunda parte da festa (sorteo de regalos e os bailes e xogos co animador Javi Solla.
|
|
|
|
IES Pedra Rubias |
|
Vía este blog, O Falar non ten Cancelas chéganos este vídeo alucinante sobre o orgullo de falar galego e ser galeg@ realizado polo IES Pedras Rubias de Salceda de Caselas.
Cunha técnica de animación e a colaboración dun membro de Dios k te Crew (García MC)o produto é excelente. Felicitamos o alumnado e profesorado que o fixo posible.
|
|
|
|
A consulta ós pais |
|
Decreto do Plurilingüísmo: A consulta ós pais, en Primaria e Secundaria, farase creando axoá unha lei que o permita. Será constitucional?
Ver artigo no País. |
|
|
|
Cando o deixarán despegar? |
|

|
|
|
|
|
|
|