Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249 DINAMIZANDO A LINGUA
Hoxe tivemos unha xeira festiva co Xadrez na Rúa. Este ano tivo o apelido de Xadrez Solidario, e xogouse na Praza da Ferraría. O ano pasado xogouse na Praza da Liberdade.
Tódolos participantes colaboraron cun Kilo de comida non perecedera, para colaborar co Comedor de San Francisco de Pontevedar. Este leva moitos anos dándolleles de comer ós máis necesitados da cidade.
Houbo unha moi boa participación para ser un venres e con moi bo día de calor. Estaban previstos sobre 270 rapaces, que aínda que algúns faltaron, outros se incorporaron e vendo que todo aquel que quixera podía xogar.
Xunto co CEIP Froebel e O CEIP Vilaverde-Mourente xa colaboradores o ano pasado , este ano incorporánronse o CEIP Manuel Vidal Portela e o CEIP Campañó.
Un grolo pola xornada, e a nosa noraboa, primerio o centro organizador deste ano, CEIP Xunqueira II, e tamén, por suposto, o Club Xadrez Pontevedra, que colaborou con toda a posta a punto da infraestructura por ter eles, tamén, mañán sábado, unha xornada, pero neste caso xa competitiva: II Pontexadrez
Saíu en tres voltas cos tres grupos de 3º, e falaunos de catro cousas curiosas das árbores que temos preto do noso cole. Unha das máis chamativas foi a das árbores que estaban enamoradas. Un alciprés e un chopo semellan unha mesma árbore porque o inicio do tronco é case o mesmo. Logo bifúrcase o alciprés e semella que ten tres grandes polas. Tamén nos falou da pranta "Ave do paraiso", do limpatubos ou limpabotellas, e doutras moitas cousas máis que os poucos iremos contando, xa que aínda temos con el dúas visitas máis cos de 5º e cos de 6º.
Dende aquí dámoslle as grazas por vir a contarnos cousas curiosas das nosas árbores.
Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0