Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249 DINAMIZANDO A LINGUA
Hoxe inagurouse BANEP(Banco de Actividades para a Normalización do Ensino). Clicando nunha sección e dándolle a Buscar aparecen as moitas das actividades que os EDNL están a facer nos centros. Esta base de datos irá en aumento coas aportacións que vaiamos facendo.
Se buscamos por centro e poñemos un, saíran as actividades presentadas por ese centro. Os centros que hai son:
CEIP Manuel Vidal Portela | CEIP de Villaverde | IES Montecelo | IES Sánchez Cantón | Colexio Nuestra Señora de los Dolores | IES Luís Seoane | IES Valle Inclán | CEIP A Carballeira | CEIP Cabanas | CEIP Parada-Campañó | Colexio Calasancio | EEI Concepción Crespo Rivas | EEI Fina Casalderrey | CEIP Santo André de Xeve | CEIP Campolongo | CEIP Froebel | CEIP A Xunqueira 1 | CEIP A Xunqueira 2 | Colexio San José | IES Torrente Ballester | IES A Xunqueira 2 | CEIP Praza de Barcelos | CEIP de Marcón | IES A Xunqueira 1 | Colexio Sagrado Corazón | EEI da Meán
Hoxe, luns 14, ás 20,30 horas celebrarase no Café Moderno de Pontevedra unha mesa redonda, dirixida ao público en xeral, co título Normalización Lingüística: unha ollada institucional. Nela participarán Manuel González González, director do seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega; Anxo M. Lorenzo Suárez, secretario xeral de Política Lingüística;Henrique Monteagudo Romero, coordinador da sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello da Cultura Galega e Pilar Freitas Juvino, docente e sociolingüísta, quen exercerá de coordinadora.
Esta actividade serve para abrir as I Xornadas de Normalización Lingüística Xoán Manuel Pintos que se desenvolverán ao longo desta semana e que organizan a Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra, en colaboración cos equipos de normalización e dinamización lingüística dos centros de ensino do concello. Estas xornadas teñen como obxectivo darlle a coñecer á sociedade o labor fundamental a prol da lingua dos equipos de normalización dos centros educativos, promover a reflexión social sobre a normalización, ao tempo que se dá a coñecer a figura de Xoán Manuel Pintos, un dos primeiros autores que reivindicou a normalización da nosa lingua.
Dentro da programación destas xornadas, hoxe presentouse no Concello de Pontevedra o Banco de datos de actividades dos equipos de normalización lingüística de Pontevedra (BANEP), no que se recollen diferentes intervencións deseñadas polos equipos de normalización dos centros educativos para fomentar o uso normal da lingua galega. Pédese consultar o banco no seguinte enderezo web: http://pontevedra.eu/banep/
O centro neurálxico situarase na carpa de 600m2 que estará instalada nun das mellores contornas da Cidade de Pontevedra: Praza de España. Alí desenvolverase unha actividade diaria e durante catro dias na que terán protagonismo especial a cervexa Guinness, os pratos típicos da gastronomía irlandesa, a música en directo e as casetas de información turística, literatura e merchandising.
No ámbito deportivo o Mareantes RCP recibirá a visita do equipo irlandés Monkstown RFC, fundado en Dublín en 1883 que desprazará a Pontevedra a máis de 50 efectivos entre xogadores e staff para enfrontarse ao club anfitrión e ao Iveco Universidade Vigo RC, recentemente ascendido á División de Honra do Rugby español en senllos partidos que se disputarán na mañá do Sábado 19 de Marzo.
En xaneiro do 2009, unha ciclogénesis explosiva varreu Galicia deixando ao seu paso un refacho de vento marca de case 200 quilómetros por hora, a miles de veciños sen luz durante días e un regueiro de danos millonarios. Ao famoso ciclón extratropical bautizóuselle entón como Klaus. Non era o nome de pila do primeiro meteorólogo que o viu formarse na pantalla do computador, senón o que tocaba por quenda na lista que cada ano elabora o Instituto de Meteoroloxía da Universidade Libre de Berlín cos nomes elixidos polas persoas que queren apadriñar unha borrasca ou un anticiclón que afecta a Europa.
Desde o 2002, ano no que se puxo en marcha este servizo (www.met.fu-berlin.de/adopt-a-vortex/), calquera pode bautizar ciclóns, aínda que non é gratis: as borrascas valen 199 euros e 299 os anticiclóns. A diferenza de prezo estriba en que as baixas presións duran menos que as altas e, por iso, non aguantan tantos días nos mapas do tempo. O diñeiro recadado, segundo os meteorólogos alemáns, destínase a seguir estudando a atmosfera e á observación do clima. Hai algunhas regras máis: non se admiten apelidos ou nomes de empresas e nos anos impares, como este, os anticiclóns levan sempre nomes femininos, e as borrascas, masculinos (nos anos pares a regra invístese).
Na relación de medios que aparece no DOG non aparecen aqueles que reciben menos de 3000 ?, aínda así, si que podemos ver o reparto de máis de 1.600.000 ?, dos que o grupo da Voz de Galicia levan máis de 630.000 ?,e o Faro de Vigo leva 233.219 ?. Os seguintes en recibiren subvencións son as empresas que editan El Progreso, El Correo Gallego (e Galicia Hoxe), El País, La Región, Diario de Pontevedra, El Ideal Gallego e Radio Popular, todos estes, con máis de 50.000 ? de subvención. Ningún deses medios, agás o Galicia Hoxe, chega ao 4% de información en galego,
Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0