Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
DINAMIZANDO A LINGUA


    DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Os Xogos Populares na Alameda. I Fornada de fotos.


Estreamos a Primavera cun bo tempo e xogando.

Os xogos
saíron bastante ben, houbo pequenos fallos que trataremos de mellorar outro ano coa colaboración de todos.

A poda das árbores fíxonos modificar o que tiñamos previsto. Sudamos un pouco pero conseguimos encarrilar as xornadas.

Deixamos aquí a primeira fornada de fotos. Habera unha segunda tanda.
Comentarios (0) - Categoría: I Xornadas dos EDNL Pontevedra - Publicado o 21-03-2011 17:49
# Ligazón permanente a este artigo
21 de Marzo. Día da poesía


No centenario do nacemento de G.Celaya (Hernani, Guipúzcoa, 18 de marzo de 1911 ? Madrid, 18 de abril de 1991)

Máis poemas de G. Celaya
Comentarios (1) - Categoría: Poesía - Publicado o 21-03-2011 07:42
# Ligazón permanente a este artigo
Refráns da andoriña
Xa pasou o San Xosé (19 de marzo) e xa escomezan a vir as anduriñas. O bo tempo achégase de novo ás nosas terras. Aquí temos uns refráns da andoriña. Ver tamén refráns de marzo.

* Día de san Xosé, primeira andoriña se ve.

* Amigo polo seu proveito, andoriñas no teito.
* Andoriña arrente da auga, choiva na cama.
* Andoriña que alta voa non teme que chova.
* Andoriña que voa arrentes da terra, chuvia venta.
* Andoriñas arrente da auga, chuvia por palla.
* Andoriñas arrentes da auga, chuvia na praia.
* Caga máis un boi que cen andoriñas.
* Entre san Xoán e san Pedro, vén o pan ó vencello.
* Máis caga un boi que cen andoriñas.
* Máis come un boi que cen andoriñas.
* Nin un dedo fai man, nin unha andoriña fai vran.
* Por san Raimundo a andoriña vén do outro mundo [3].
* San Raimundo, a andoriña trai do outro mundo.
* San Reimundo tira a andoriña do outro mundo e san Cebrián vólvea a levar.
* Se queres saber cando é abril a andoriña viracho dicir.
* Unha andoriña non fai vrau.
* Unha andoriña soila non fai verau
* Vale máis unha cagada de vaca que cen de andoriñas.


Máis refráns.


Máis en Milprimaveras.
Comentarios (0) - Categoría: Refráns, palabras. Sementámol@s. - Publicado o 20-03-2011 12:07
# Ligazón permanente a este artigo
Escoita viaxeiro
De Árbores singulares


Escoita viaxeiro


Eu son a táboa do teu berce, a madeira do teu barco

a superficie da túa mesa, a porta da túa casa.

Eu son o mango da túa ferramenta

o bastón da túa vellez.

Eu son o froito que te regala e te nutre,

a sombra benfeitora que te acobilla

contra os ardores do verán,

o refuxio amábel dos paxaros

que aledaron cos seus cantos as túas horas

e limpan de insectos os teus campos.

Eu son a fermosura da paisaxe,

o encanto da horta,

o sinal da montaña

o lindeiro do camiño...

Eu son a leña que te quenta

nos días de inverno,

o perfume que te regala

e embalsama o aire a todas horas,

a saúde do teu corpo

e a ledicia da túa alma.

Por último, son a madeira do teu cadaleito.

Por todo iso, viaxeiro que me contemplas,

ti que me plantaste coa túa man

e podes chamarme fillo,

ou que me contemplaches tantas veces,

mírame ben, pero...

non me fagas dano.


Rabindranath Tagore

(India 1861-1941)
Comentarios (0) - Categoría: Bosque, O - Publicado o 19-03-2011 11:57
# Ligazón permanente a este artigo
Pintos GRAFITEADO nas I Xornadas dos EDNL en Pontevedra


En Campolongo, Pontevedra, estos días podes ver a X.M. Pintos grafiteado. Nun lateral das pistas que están enriba das Piscinas.


Foi unha actividade feita dentro do Programa das I Xornadas dos EDNL do Concello de Pontevedra.
Comentarios (1) - Categoría: I Xornadas dos EDNL Pontevedra - Publicado o 19-03-2011 09:39
# Ligazón permanente a este artigo
Auga ou Coca-cola
Comentarios (0) - Categoría: Saúde - Publicado o 16-03-2011 20:02
# Ligazón permanente a este artigo
Tocar un pouco de música nun ógano musical

Entra na páxina para tocar un pouco nun órgano musical

http://www.bgfl.org/bgfl/custom/resources_ftp/client_ftp/ks2/music/piano/index.htm
Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 16-03-2011 13:07
# Ligazón permanente a este artigo
Encontros pola Paz
De Cartaces


O XXV ENCONTRO de Educadores/as pola Paz, vai ser a nova cita das educadoras e educadores pola paz de Galicia e Portugal, así como doutras terras de España e outros países que nos adoitan acompañar e, xa está programada.
Será en Allariz-Ourense, unha das cidades na que antes abrollou a semente da paz. Vai ser un Encontro especial, por ser a vixésima quinta edición, logo de organizarse nela os primeiros da man de Xesús (Suso) R. Jares. Seguiremos a afondar nas liñas de traballo encetadas fai 25 anos, mais nos novos escenarios do século XXI, enmarcándoas na actualidade desta temática na nosa comunidade, a través do estudo, creación e intercambio de Alternativas, estratexias e recursos para unha convivencia democrática no marco da Educación para Paz.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-03-2011 07:01
# Ligazón permanente a este artigo
Migallas nas I Xornadas dos EDNL do Concello de Pontevedra


Hoxe, 15 de marzo, a pesar da chuvia, moitos dos nen@s de infantil dos centros do Concello de Pontevedra, desfrutaron un montón co grupo de Teatro Migallas, co seu espectáculo "Canta connosco"

Máis de 600 rapaces, en dous pases, un ás 10:00 h, e outro ás 11:30 h.

Ler máis sobre as I Xorndas dos EDNL
Comentarios (0) - Categoría: I Xornadas dos EDNL Pontevedra - Publicado o 15-03-2011 21:57
# Ligazón permanente a este artigo
Cambio de data para os Xogos
Os Xogos Populares das I Xornadas dos EDNL do Concello de Pontevedra quedan adiados (aprazados), por mor da chuva, para este luns día 21 de marzo.

Mantense o horario de 10,15 h a 13:00 h.


Se algún centro non pode asistir este día, prégase se comunique no correo da coordinadora:

enlpontevedra@gmail.com
Comentarios (0) - Categoría: I Xornadas dos EDNL Pontevedra - Publicado o 15-03-2011 13:41
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0