Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
DINAMIZANDO A LINGUA


    DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CGENL. Avance do Decreto
O Anteproxecto do Decreto do Bilingüismo discriminará a lingua galega no ensino e provocará serios conflitos na comunidade educativa.

O novo decreto non garantirá o equilibrio efectivo entre as dúas linguas oficiais no ensino e desprotexe o galego, especialmente na etapa de infantil.

O avance do anteproxecto relega a promoción da lingua galega ás actividades de fomento e ao compromiso persoal do profesorado.

A Coordinadora Galega de ENDL valora negativamente que o Anteproxecto do Decreto do Plurilingüismo, cuxas liñas xerais deu a coñecer onte a Consellería de Educación, non desenvolve os preceptos da Lei de Normalización Lingüística (LNL) como si facían os decretos anteriores. Así, unha lexislación que debería desenvolver a LNL, creada para protexer a lingua propia de Galicia que está en situación de desequilibrio social respecto do castelán, ponlle límites á súa normalización no ensino: por un lado, establece máximos na distribución horaria para o galego cando nunca se cumpriron os mínimos marcados nos Decretos 247/1995 e 124/2007; e, por outro lado, afonda nos prexuízos cara a unha lingua que está en retroceso ao transmitir que non é válida para todos os campos do saber posto que impide que sexa a lingua vehicular para as materias do ámbito científico-tecnolóxico.

A CGENDL entende tamén que é un decreto que non vai garantir o equilibrio entre as linguas
oficiais en ningunha das etapas educativas. Por exemplo, na ESO establece que se impartan en
castelán as materias de tres departamentos (Matemáticas, Física e Química e Tecnoloxía) que
teñen máis presenza horaria cás que se teñen que dar en galego.
A discriminación do galego vese
agravada pola falta de recursos para que o profesorado imparta algunhas das materias restantes nesta lingua, posto que na maior parte das áreas non existen en galego nin libros de texto nin outro tipo de materiais didácticos necesarios para as aulas. Polo tanto, o desequilibrio entre o galego e o castelán acentuarase ao tratar de maneira desigual dous idiomas que parten dunha situación diferente tamén neste ámbito.

No Ensino Infantil o galego queda totalmente desprotexido e o pretendido equilibrio entre as dúas linguas non se recolle por ningures. A falsa liberdade de elección das familias provocará conflitos xa que parte dunha visión excluínte das linguas a través dunha votación na que haberá perdedores e gañadores.

Dende a perspectiva pedagóxica, resulta rechamante que se dea un trato individualizado aos alumnos da lingua ?non predominante? nunha etapa, como a Infantil, que se basea nun enfoque integrador das diferenzas e na que se debe dar o asentamento da aprendizaxe das linguas. Pese a que o goberno galego fai seu o noso lema, ?As linguas suman?, neste decreto subxace a idea de que o galego resta.

Neste avance do decreto, vemos con preocupación que a consellería debuxe unha división entre materias importantes e materias de segunda, entre troncais e non troncais, terminoloxía allea a unha educación, a do ensino obrigatorio, no que todas as áreas teñen unha misión educativa global. Fixando a lingua nas materias consideradas de primeira, a Consellería demostra o seu descoñecemento do proceso pedagóxico e desprestixia socialmente unha serie de materias e a formación e o traballo de milleiros de docentes.

Por outro lado, o desinterese para xestionar un sistema educativo que garanta a adquisición de competencias lingüísticas en galego a través do seu uso nas diferentes materias explica que este decreto reduza o fomento do galego á vontade do profesorado de dar aulas nesta lingua, na que o alumnado non ten que expresarse, e á organización de actividades extraescolares que nunca se dirixirán ao conxunto do alumnado.

Por último, e á espera de coñecer o texto completo, a CGENDL lamenta profundamente que se
traslade a responsabilidade na toma de decisións ás familias e aos centros educativos conducíndoos ao caos organizativo e convertendo a comunidade escolar nun foco de conflitos.div>
Comentarios (0) - Categoría: Decreto 79/2010 do Galego - Publicado o 14-03-2010 22:32
# Ligazón permanente a este artigo
Opinión Decretazo. Galego Patrimonio da Humanidade
O colectivo Galego Patrimonio da Humanidade fai público a súa oposición ao ?Anteproxecto de Decreto para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia?, que o goberno galego acaba de presentar. Pendentes dunha análise máis demorada do texto, este desacordo fundaméntase nas consideracións que a seguir se resumen:

1.- O dito anteproxecto vén dar forma definitiva ás ?Bases? difundidas a finais de decembro pasado, que suscitaron un amplo rexeitamento social, político e institucional (nomeadamente a Real Academia Galega e o Consello da Cultura Galega), e de xeito especialmente significativo nos distintos sectores da comunidade educativa. O Partido Popular e o goberno desoíron tanto o clamor social coma as opinións dos especialistas e as institucións contra unhas Bases máis pensadas para resolver as obsesións de determinados dirixentes e as querelas internas do PP e dar satisfacción aos sectores contrarios ao idioma galego (minoritarios pero poderosos), que non orientadas a regular racionalmente, e de acordo coa legalidade, o uso das linguas na educación.

2.- Unha vez máis, este Anteproxecto está elaborado a partir de premisas falaces e coa mira posta en obxectivos alleos (cando non contrapostos) aos que veñen inspirando o conxunto da lexislación sobre esta materia. Tanto as normas legais como a política lingüística en Galicia descansaron ata agora na constatación de que o idioma galego fora historicamente sometido a un maltrato que o conducira a unha posición moi vulnerable, de maneira que os poderes públicos estaban obrigados a superar esa situación, mediante políticas de defensa e promoción da lingua. Pola contra, para Alberto Núñez Feijoo, o seu goberno e o partido que o sustenta, o problema non é ese, senón unha suposta imposición do galego, e a partir desa falsidade e dunhas promesas electorais frívolas e irresponsables, o que se deseñan son políticas orientadas en senso contrario ao que as nosas leis, a tradición da autonomía e o puro senso común aconsellan.

O que Galicia precisa non son medidas cautelares contra unha fantaseada imposición do galego, materializadas en previsións insólitas e carentes de lóxica (como a consulta cada catro anos ás familias), senón o que prevé a nosa lexislación: un marco lingüístico-educativo e unhas políticas lingüísticas orientadas a alcanzar igualdade entre os dous idiomas oficiais e ao fomento do idioma galego. Con este Anteproxecto, o goberno da Xunta e o Partido Popular volven colocarse en solitario fronte á maioría das forzas políticas, sociais e sindicais, das institucións máis relevantes e dos colectivos e asociacións profesionais máis representativas. Galego Patrimonio da Humanidade chama a cidadanía, os sindicatos, o colectivos cívicos e os partidos políticos a dar unha resposta unitaria a este Anteproxecto e as medidas de desprotección do idioma impulsadas pola Xunta de Galicia, na procura da recuperación do amplo consenso sobre a política lingüística que o Partido Popular veu rachar, e que coidamos imperativo recuperar.
Comentarios (0) - Categoría: Decreto 79/2010 do Galego - Publicado o 14-03-2010 21:39
# Ligazón permanente a este artigo
Vai parindo a porca. Avance do decreto.
Vai parindo a porca

Opinión da Plataforma Prolingua

Declaración da Plataforma ProLingua sobre do avance de Decreto (chamado) de Plurilingüismo da Xunta de Galicia
mar 14th, 2010, porprolingua.


? E se os feitos demostran outra cousa, haberá que cambiar os feitos. Esta falsificación diaria do pasado, realizada polo Ministerio da Verdade, é tan imprescindible para a estabilidade do réxime como a represión e a espionaxe efectuadas polo Ministerio do Amor.

A referencia ás palabras de Orwell é obrigada despois de ler na páxina oficial da Xunta de Galicia o avance do ?Borrador do decreto de plurilingüismo no ensino público non universitario?. Desde ProLingua denunciamos a pretensión de falsificar a realidade presente nun texto que consuma a peor agresión contra a lingua galega desde o franquismo evidenciando a vontade de desfacer os tímidos avances normalizadores do período constitucional. Unha vez se faga público o texto completo deste borrador de decreto, desde ProLingua procederemos a unha análise polo miúdo do seu contido. Agora, nesta declaración de urxencia, facemos público o seguinte:

1. Tras tres décadas, este goberno abandona o consenso político e social forxado arredor da necesidade de acometer políticas de acción positiva sobre o emprego do noso idioma no eido educativo e noutros da vida social. Feito aínda máis grave, cando con este anteproxecto non se garante a competencia en galego de todo o alumnado ao remate da Educación Secundaria Obrigatoria. A partir de agora, o galego quedará desprotexido e moi seriamente danado.

2. Nun xeito insólito de presentación, onde non hai proxecto de Decreto, senón unha serie de puntos en forma de intencións, que amosa ás claras a covardía dun goberno preso dos sectores máis etnocidas e posuidores dunha actitude de desprezo cara á sociedade galega que ama, respecta e desexa preservar os seus sinais de identidade, nomeadamente o uso e promoción da lingua propia de Galicia, faise pública unha nota anticipadora dun decreto que, malia parecer imposible, é moito máis agresivo coa lingua galega que as ?Bases para o decreto? presentadas hai agora tres meses. Se daquela sinalabamos o brutal retroceso que supuñan para o galego, e tamén a seria ameaza ás liberdades das persoas galego falantes, nesta ocasión constatamos que as carautas caeron de vez e agora se nos ofrece o rostro real dos obxectivos que se pretenden.

3. O texto presentado parte de premisas falsas e terxiversadoras da realidade. Téimase na mentira e no engano cando se recorre de novo á martabela de ?a imposición do galego?, ?a falta de liberdade lingüística dos alumnos? ou ?a visión monolingüe do ensino?. O que se tenta é ofrecer unha realidade deformada para, sobre ela, deseñar as liñas que conducirán á eliminación social de espazos para o galego.

4. Como xa ocorre con outras medidas deste goberno, esquécese por completo a situación social das linguas na Galicia de hoxe e a distinta historia de cada unha delas. Así, o camiño que marcan o Estatuto de Autonomía, a Lei de Normalización Lingüística e o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega queda deturpado e baleiro de contido, malia as invocacións ocas que se poden ler neste avance de proxecto de decreto.

5. Todas as medidas propostas reducen o espazo do galego nas aulas e, sobre todo, afondan no proceso de coutar a súa presenza social. As referencias á elección de lingua por parte das familias buscan explotar e afondar nos prexuízos que soporta a lingua galega. Os mesmos que converteron aos redactores desta norma en paladíns do negacionismo da lingua propia de Galicia.

6. As medidas propostas permiten albiscar o obxectivo verdadeiro que subxace neste borrador, baixo unha aparente equidistancia e reiteradas apelacións ao ?equilibrio?: a pretensión de crear unha rede de ensino ?a partir dun sector dos centros privados e concertados- onde os nenos poidan escolarizarse sen ter apenas contacto co galego, que quedará reservado a funcións secundarias e subordinadas.

7. As afirmacións que pretenden enmascarar a agresión á lingua non resisten unha análise mínima. Coma tal, cando se fala de Educación Infantil, tras indicar que ?o profesorado utilizará na aula a lingua predominante entre o alumnado? (a mesma fórmula que había no decreto de 1995, do que xa sabemos os resultados que deu, co galego desaparecido da maioría das aulas), pásase a afirmar isto: ?prevese que nesta etapa o alumnado aprenda as dúas linguas oficiais de Galicia partindo da lingua predominante na aula?. Pero calquera que coñeza algo de didáctica de linguas, sabe que iso só sucederá nas aulas onde o galego sexa a lingua maioritaria. Só un cinismo patolóxico pode negar que, nunha situación de precariedade da transmisión familiar da lingua galega, se fai imprescindible una acción decidida de incremento de horas na lingua desfavorecida durante os primeiros anos de escolarización (Educación infantil e E. P.) para facer posible ese equilibrio competencial que este avance de decreto di perseguir.

8. O apartado ?Liberdade de expresión para os alumnos? merece pasar á historia da falsidade e da infamia, pois dá a entender que antes existía unha opresión que só está na mente dos negacionistas e, sobre todo, suporá na práctica un cínico ataque ao traballo do profesorado na aula. Será da responsabilidade dos promotores e redactores a situación de desprezo á autoridade do profesorado que esta medida carrexa. Queremos, unha vez máis, informar á sociedade galega que calquera apelación ao dereito constitucional en relación coa liberdade de uso das dúas linguas oficiais de Galicia, é unha trampa e unha mentira. Unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia deixou claro que nas aulas o alumnado que se vexa requirido a usar a lingua na que se imparte a materia non sofre ningunha merma de dereito por se tratar dun acto escolar e que atinxe á súa educación.

9. A apoteose do cinismo dáse nas liñas finais, cando se afirma que os cambios introducidos respecto das bases de decembro ?responden ás suxestións e observacións realizadas polas preto de trinta entidades que o goberno galego escoitou no trámite de audiencia, entre elas o Consello da Cultura Galega e mais a Real Academia Galega?. Pensan de verdade que a cidadanía é tan parva? Se son quen de afirmar que atenderon os requirimentos da sociedade galega, entón estamos diante da falsidade como forma política e de goberno. Só a covardía xustifica afirmacións tales.

Opinión da Plataforma Galego, Patrimonio da Humanidade

Máis.

Será o Decreto do Consenso?

Comentarios (0) - Categoría: Decreto 79/2010 do Galego - Publicado o 13-03-2010 16:18
# Ligazón permanente a este artigo
15 de marzo. Xadrez na Rúa (I Edición)

De Xadrez na Rúa


Hoxe fíxose a presentación de "XADREZ NA RÚA, I XORNADAS INTERESCOLARES".

Actividade esta, que imos celebrar o próximo luns día 15 de marzo, de 17:00 a 19:00 h na Praza da Liberdade de Pontevedra, diante da entrada do noso colexio.

Escolleuse o lema que están a traballar as ESCOLAS ASOCIADAS DA UNESCO:

"A cidade, espazo para vivir e convivir"

No acto estiveron os representantes dos grupos participantes da xornada, os colexios, Froebel, Xunqueira II, Villaverde-Mourente e Campolongo, xunto coas Escolas Deportivas Municipais, con co MI (mestre internacional) Daniel Rivera, que aparte de ser campión internacional varios anos, tamén ten algúns records e os representantes colaboradores das xornadas, con el tamén estaba o ex-alumno e campión fr España Ramon Escudeiro, a ANPA do noso colexio, a representante da FANPA, e o representante do Concello de Pontevedra.

A sala de recepción, sala de usos mútiples do colexio, estivo decorada cos traballos dos alumnos de sexto, cos xadreces que trouxeron os pais para a exposición, xunto coas camisetas, viseiras e medallas que se aportaron ó evento.

Dende aquí queremos dar as grazas a todos eles pola súa colaboración, pois deste xeito puidose facer unha sinxela pero bonita presentación da xornada XADREZ NA RÙA. I XORNADAS INTERESCOLARES, e se non se tornan as cousas, poderá saír tamén o próximo luns, xogando na Praza da Liberdade.

Reparto das colaboracións:

Organización: O CEIP Campolongo xunto cos outros grupos participantes: Xunqueira II, Villaverde, Froebel e as Escolas Municipais (xogos e infraestructura para a súa execución). Comentar neste aspecto, que a actividade creada por tódolos grupos participantes, pretende ser rotativa, sendo outro centro o próximo organizador da xornada; e por suposto, estase aberto a calquera incorporación que poida xurdir.

Merenda: ANPA, (bocadillo, froita e auga)

Medallas: FANPA, federación de pais e nais.

Camisetas: Concello de Pontevedra.

Viseiras: Instituto Municipal de Deportes.

O nacemento da actividade fundaméntase en:


- Promocionar unha actividade multidisciplinar, lúdico-deportiva, que contribúe a formación integral dos alumnos.

- Traballar, por medio do xogo, e na rúa as compentencias lingüísticas , a toda a comunidade educativa e a sociedade galega en xeral.

- Este ano, en especial, fomentar o uso dos xogos nos espazos da cidade.

- Artigos relacionados: CATEGORÍA XADREZ

Esta actividade coincide no tempo, por casualidade, coa campaña de Política Lingüística XADREZ PARA TODOS.



Comentarios (0) - Categoría: Xadrez - Publicado o 12-03-2010 17:06
# Ligazón permanente a este artigo
Os beneficios da práctica do xadrez
O xadrez pode ser practicado cun ou varios obxectivos, dentro dos cales podemos destacar:

a) Diversión e entretemento.
b) Competición.
c) Mellora da concentración, a memoria e a creatividade.
d)Complemento á educación e formación de nenos e novos.

Pero, independentemente dos obxectivos cos que as persoas practican o xadrez, a este recoñécenselle múltiples beneficios nas áreas do desenvolvemento da capacidade intelectual e das habilidades de intelixencia emocional. Moitos deses beneficios foron probados mediante diversas investigacións realizadas en varios países nas últimas décadas. Os beneficios da práctica do xadrez manifestáronse tamén como un melloramento do coeficiente intelectual e un melloramento no rendemento escolar da maioría dos nenos e mozos que o practicaron. A continuación preséntase un resumo dos beneficios da práctica do xadrez, fundamentado nas conclusións de diversos investigadores e recoñecidos autores.

CAPACIDADE INTELECTUAL

Atención e concentración: esta é unha das capacidades que máis rapidamente desenvolve o xadrez en quen o practican. O desenvolvemento dunha partida pode ser arduo, con múltiples alternativas e ter unha duración significativa. Unha desatención pode ocasionar a perda da mesma. Polo tanto, o xadrecista debe manter un altísimo grao de atención e concentración durante a mesma. Este melloramento na capacidade de concentración chégase a manifestar tamén noutras áreas de desempeño da persoa.

Análise e síntese: Durante a partida de xadrez, o xogador enfróntase en cada xogada a múltiples alternativas e á necesidade de contestar á ameaza do contrario e a expor unha ameaza ao seu contrario. Iso fai que deba analizar múltiples alternativas de resposta e sintetizar cal é a máis apropiada, desenvolvendo á vez un pensamento crítico.

Memoria: debido á multiplicidade de alternativas para cada xogada durante unha partida de xadrez e ao relativo curto tempo para escoller a mellor resposta, para o xadrecista a memoria é unha aliado moi importante. Moitas das repostas poden basearse na experiencia ou o coñecemento do xadrecista de posicións similares xogadas ou estudadas noutras partidas.

Resolución de problemas e toma de decisións baixo presión: durante a partida, o xadrecista enfronta diferentes problemas para os que debe definir e aplicar unha estratexia de solución. Como o tempo é un factor limitante nas partidas de xadrez, deben tamén tomarse importantes decisións sobre a estratexia a seguir baixo presión de tempo.

Creatividade e imaxinación: no xadrez non é suficiente con responder ás xogadas do opoñente ou tratar de seguir patróns de xogadas estudadas ou practicadas previamente. A fin de lograr vantaxes claras sobre o seu opoñente, o xadrecista debe imaxinar posicións distintas á que está presente no taboleiro e definir estratexias que lle permitan chegar a elas.

O razoamento lóxico-matemático: o tipo de razoamento empregado no xadrez é similar ao utilizado nas matemáticas. Algunhas investigacións mostraron unha importante correlación entre a práctica do xadrez e o melloramento das habilidades lóxico-matemáticas nos nenos e novos.


HABILIDADES DE INTELIXENCIA EMOCIONAL

Control emocional: o desenvolvemento dunha partida de xadrez require dunha alto grao de control emocional. Un xogador non se pode deixar levar pola ira ou a frustración ante unha mala xogada realizada, pois podería non lograr recuperarse e perder a partida. Ante unha mala xogada propia, o xadrecista debe actuar de forma fría para que o opoñente non o perciba e definir unha nova estratexia para sobreporse ao erro. O xadrez tamén permite ao neno aprender a controlar os seus sentimentos de frustración ante a derrota e convertelos en enerxía positiva para enfrontar o próximo reto superando os erros cometidos.

Sentido de transparencia: no xadrez requírese o seguimento dunha serie de regras cuxo incumprimento non é aceptable e é penalizado. Tampouco, o xogador pode botarlle a ninguén a culpa dos seus erros. Son as súas propias capacidades e accións as que determinan a súa desempeño. O xogador debe aprender a ser honesto e integro consigo mesmo e con quen lle rodean. No xadrez promóvese a honestidade e a integridade do xogador.

Adaptabilidade: Durante o transcurso dunha partida preséntanse múltiples situacións inesperadas, que esixen ao xogador adaptar as súas estratexias dacordo á nova situación no taboleiro de xogo.

Sentido de logro e autoestima: o xadrez é un combate mental no que para mellorar hai que empezar dominándose a si mesmo e ir subindo o nivel de xogo mediante estudo, esforzo, experiencia e práctica. A sorte non é un factor de importancia no xogo; é o melloramento das habilidades e o coñecemento do xogador o que lle fará mellor. Isto fai que conforme váiase mellorando no xogo váiase incrementando o autoestima da persoa e váiase tomando máis confianza para aprender e enfrontar outras situacións e campos de acción.

Iniciativa: o éxito no xadrez require de moita iniciativa durante o desenvolvemento do xogo.

Empatía: no xadrez é moi importante comprender a estratexia do opoñente e interpretar as súas emocións para anticiparse á súa estratexia e accións.

Traballo en equipo e colaboración: a pesar de ser un xogo individual, en xadrez existen torneos que se xogan en equipos de 4 a 6 persoas. Nestes torneos o desempeño global depende de todo o equipo. Para ter éxito desenvólvese un traballo de colaboración entre todos os membros do equipo, previo ás partidas. Este mesmo sentimento de traballo en equipo e colaboración desenvólvese a nivel dos clubs de xadrez e as escolas nas que se practica. Tamén, é práctica común nos torneos de xadrez o que os xogadores analicen as partidas logo de finalizadas, o cal é un traballo exemplar de colaboración para o mejoramiento do opoñente.


Se queres iniciarte neste xogo, Política Lingüística acaba de sacar dos libros, que están en PDF, que levan por título XADREZ PARA TODOS

Maís sobre o xadrez.

Comentarios (0) - Categoría: Xadrez - Publicado o 11-03-2010 22:04
# Ligazón permanente a este artigo
Xulia
Unha nena que vive en Bruxelas coñece xa algo seis idiomas, o que máis lle gusta é o galego, lingua que lle transmite súa nai. Na diáspora, ás veces hai máis sentimento, que na casa.

Comentarios (1) - Categoría: Vídeos - Publicado o 11-03-2010 20:00
# Ligazón permanente a este artigo
Como estar diante dun ordenador

Comentarios (7) - Categoría: Saúde - Publicado o 08-03-2010 21:36
# Ligazón permanente a este artigo
Un conto e unha carta


A nosa homenaxe, no Día da Muller Traballadora (8 de marzo), facémola co conto da Feliz Catástrofe, e cunha Carta dunha nai ós seus fillos. Se queredes ver máis, tedes na ligazón do CEIP da Seca, varios vídeos.

Carta dunha nai:

Queridos todos:

Voume. Volverei cando saibades onde están gardadas as bólas de naftalina, cando a nosa casa xa non teña segredos para ningún de vós, cando sexades capaces de descifrar os códigos dos botóns da lavadora, cando logredes reprimir o impulso de chamarme a berros se se acaba a pasta de dentes ou o papel hixiénico. Volverei cando esteades dispostos a levar comigo a coroa de raíña da casa. Cando non me necesitedes máis que para compartir.
Xa sei que me botaredes de menos, estou segura. Tamén eu a vós, pero só desaparecendo poderei encher os ocos que o voso agarimo me produce... Só poderei estar segura de que verdadeiramente me queredes cando non teñades necesidade de min para comer ou para vestirvos ou para lavarvos ou para atopar as tesoiras. Xa non quero ser a raíña da casa, estou farta, canseime de tan gran responsabilidade e caín na conta de que se sigo xogando o papel de nai súper non lograrei inculcarvos máis que unha mentalidade de súbditos. E eu quérovos libres e moderadamente suficientes e autónomos.
Xa sei que o voso comportamento comigo non é máis que un deixarse levar pola miña rutina; tamén por iso quero pór terra por medio. Se quedo, seguirei póndovos todo ao alcance da man, xogando o meu papel de omnipresente para que me queirades máis.
Si, para que me queirades máis. Deime conta de que todo o que fago é para que me queirades máis, e iso paréceme tan perigoso para vós como para min, é unha trampa para todos.
Asegúrovos que non me vou por cansazo, aínda que sexa unha lata durmirse todas as noites pensando na comida do día seguinte e facer a compra a correr cando vés do traballo e, a longo prazo, pesa moito a teima de ver sempre un veo de po nos mobles cando sento un intre no sofá, e a perenne atracción cara á bayeta e a cera. Pero non é só por iso. Non. Tampouco me vou porque estea farta de pór a lavadora mentres me desabrocho o abrigo nin porque queira estar máis libre para facer carreira no meu traballo. Non. Hai xa moito tempo que tiven que elixir unha perpetua interinidade na miña profesión porque non podía compatibilizar unha maior dedicación mental ao traballo profesional coa lista da compra. Voume para ensinarvos a compartir, pero sobre todo voume para ver se aprendo a delegar.
Porque se o consigo, non volverei nunca máis a sentirme culpable cando non saquedes notas brillantes ou cando se queimen as lentellas ou cando algún non teña camisa planchada que poñer.
A culpa de que sexa imprescindible na casa é só miña, así que desaparecendo eu por uns días, darédesvos conta vós de que a monarquía doméstica é facilmente derrocable e quizá eu poida aprender a humildade necesaria para ser, cando volva, unha máis entre a plebe.
Cando atopedes a naftalina non deixedes de avisarme. Seguro que para entón eu tamén teña aprendido a non ser tan excesivamente boa. Pode ser que ese día non nos queiramos máis, pero seguro que nos quereremos mellor.

Bicos. Mamá.

C. de Santos - "Ser Humano"


Unidades didácticas para traballar para este tema.
Comentarios (2) - Categoría: Contos - Publicado o 07-03-2010 09:45
# Ligazón permanente a este artigo
Xogando ó xadrez en liña
Aquí podes xogar ó xadrez en liña. Tedes dous niveis, de iniciación ou pouco profundo. (shallow), e perfeccionamento ou profundo (deep)
Ten conta que ás máquinas están programadas para xogar moi ben, non te desanimes se che gaña, o importante é aprender vendo que moventos ten preparados, neste caso, o teu contrincante.


Hai que clicar dúas veces para mover, a primeira sería marcar a ficha que queres mover, e segundo clicar na cela onde queres pousar. (o número).


Comentarios (0) - Categoría: Xogos na rede - Publicado o 06-03-2010 09:12
# Ligazón permanente a este artigo
"Defensa Siciliana" e "Ataque Látigo"




XOGAR A XADREZ EN LIÑA
Comentarios (0) - Categoría: Xadrez - Publicado o 06-03-2010 08:37
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0