Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
DINAMIZANDO A LINGUA


    DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Bilingüísmo e inmersión
De Varias


Ler a entrevista enteira.
Comentarios (2) - Categoría: Opinión - Publicado o 22-03-2010 20:55
# Ligazón permanente a este artigo
Os directores rexeitan o avance do decreto
Os directores tamén rexeitan o avance do decreto do galego.

ADVIRTEN DUN 'FOCO DE TENSIÓNS'

A Federación Galega de Asociacións de Directivos de Colexios de Ensino Público (Fegadicep) vén de amosar o seu descontento co anteproxecto do decreto do galego presentado pola Xunta.

A federación de directores rexeitan nun comunicado o anteproxecto do decreto que regula o uso e promoción do galego no ensino. Os directivos ?que lle solicitan á Xunta a retirada do documento? sinalan que a norma vai supor ?un foco de tensións que vai afectar á convivencia entre o profesorado e tamén entre pais e nais? ao permitir que estes elixan o idioma vehicular de diversas materias.

Para a federación, a lingua no ensino ?non pode ser imposta polas familias?. O idioma na educación ?está perfectamente definido na lexislación actual, e non significa falla de democracia ou participación na vida escolar?, advirten os directivos.

A Fegadicep tamén apunta que a iniciativa da Consellaría de Educación ?atenta dun xeito moi grave? contra a autoridade do profesorado na aula e que os equipos directivos "quedan abandonados á súa sorte nas súas actuacións diarias". Finalmente, a federación confía en que a Xunta teña en conta a súa opinión ?feito que até o momento non aconteceu?.

--------------------------------------------
Xa se fan números de que sobre 20.000 profesores terán que deixar de dar as súas materias en galego.

------------------------------------------------

Algúns dos últimos artigos relacionados co avance do decreto:


UN DECRETO QUE SE CONTRALEXISLA. De Xavier Docampo.

GALICIA e o "Buraco in progres"de Manolo Rivas
Comentarios (0) - Categoría: Decreto 79/2010 do Galego - Publicado o 21-03-2010 22:10
# Ligazón permanente a este artigo
Sobrado, Sobrado dos Monxes
De Galego


Sobrado: 1. Planta alta dunha casa de dúas alturas. 2. Piso de madeira; sollado.

Sollar: Cubrir o piso con madeira, lastras, baldosas ou calquera outro pavimento.
Lastra: Peza de pedra que sae da canteira en follas grandes e planas de pouco grosor.

Poñemos esta tres, aínda que a palabra a estudar é a primeira, sobrado. As outras veñen para aclarar os conceptos nas definicións. Ben a conto, a palabra, porque estes días fálase moito na rede de Sobrado dos Monxes, ou máis ben da seu intento de castelanización, seica por un erro de tradución informático, de ?Desván de los Monjes?, por parte do Conselleiro de Cultura. Xunto con esta castelanización foi metida tamén Touro (concello), el dixo Toro. Esta segunda non soa tan grave como a primeira.
O máis grave do Sr Varela non foi equivocarse, senón negar que el dixera tal cousa.

Teño entendido que nun tempo, non fai moito, e seica aínda hoxe en día, hai quen nomea o concello de Sobrado dos Monxes por "Desván de los monjes",ó igual que fai moita xente, por exemplo, con Sanxenxo, e din Sanjenjo. Recordamos que Xenxo en castelán é Ginés.
Poderíase chamar a un sitio alto nos montes desván en castelán? Coido que a tradución tampouco sería a correcta neste caso.

As nosas autoridades, a prensa, etc, debería ter un pouco de coidado e de respecto pola toponimia, un patrimonio de moito valor para todos. E xa sabemos, de momento, é de obrigado cumprimento, non modificar a toponimia.

Nestes tempos de tanto ?equilibrio? e tanta ?cordialiade lingüística? igual nos chafan estes comentarios e permiten chamarlle como lle pete a un, en nome da ?liberdade?. E así, igual dentro de pouco seremos, aparte de pontevedreses, tamén ?puentevedreses?.

Algúns deberían analizar tamén o concepto de libertinaxe, para non confundir o touciño coa velocidade.

Os que queirades ampliar a etimoloxía de Sobrado, continuade lendo a imaxe que segue, sacada do libro ?Toponimia de Galicia? de Fernando Cabeza Quiles.

De
Comentarios (0) - Categoría: Refráns, palabras. Sementámol@s. - Publicado o 20-03-2010 19:36
# Ligazón permanente a este artigo
5 motivos para ler poesía
De Varias
Comentarios (1) - Categoría: Poesía - Publicado o 20-03-2010 17:47
# Ligazón permanente a este artigo
Clasificación final de Xadrez
De Xadrez

Rematou definitivamente o "I Torneo CEIP Campolongo" . Comentar que ó ser tipo copa, moitos bos xogadores quedaron eliminados ó perder unha partida, só cando estaban preto da final se lles daba outra oportunidade. Dicir que houbo moita partcipación e que foi un torneo moi igualado.
Na foto tedes os finalistas dos tres ciclos de Primaria, cos seus diplomas. Os primeiros tamén levaron como agasallo un libro.

Debaixo da Clasificación Final podedes ver, en vídeo, a final do I Ciclo, entre Germán e Xandre. Dous futuros campións.


1º CICLO


1º Germán Abad De La Cierva (2ºA)
2º Alexandre Aboal Sancristán (2ºB)

Accésit:

- Pedro Pérez Maquieira
- Alejandro Millán Martínez

2º CICLO


1º Esteban Doporto Fernández (3ºB)
2º Antonio Dacosta Fociños (3ºB)

Accésit:

- Joaquín Bermúdez López (3ºA)
- Segio Carbajo Pérez (3ºA)
- Clara Abad de La Cierva
- Amalia Ferrer Doporto (4ºB)
- David Sineiro Barreiro (3ºC)
- Victor Velasco Ferreirós (3ºC)

3º CICLO


1º Javier Dasilva Ruano (6ºA)
2º Andrés Serrano Freijeiro (5ºA)
3º Alberto Abad de La Cierva (6ºA)

Accésit:

- Pablo Valiño Moreira (5ºC)
- Manuel Dacosta Fociños (5ºA)
- Clara Domínguez Chapela (6ºB)
- Daniel Soto Vilán (5ªC)
- Miguel Docal Area (5ºC)
- Miguel Sineiro Barreiro (5ºC)
- Diego Carbajo Pérez (5ºB)

Debaixo tedes un vídeo youtube dunha partida da final do 1º Ciclo, entre Germán e Xandre.

Tamén se ve un pouco unha das semifinais do ciclo medio, entre Amalia (4ºB) e Clara (3ºA)



Comentarios (1) - Categoría: Xadrez - Publicado o 20-03-2010 09:00
# Ligazón permanente a este artigo
A Camelia en Campolongo. 2010


Ver tódalas fotos na páxina web do cole.
Comentarios (1) - Categoría: Celebracións - Publicado o 19-03-2010 23:00
# Ligazón permanente a este artigo
Fala o gato

Ana Rut Rodríguez Crespo (4ºC)
Comentarios (2) - Categoría: Mascotas e Lemas - Publicado o 19-03-2010 20:57
# Ligazón permanente a este artigo
Xoga co Bádminton


Comentarios (6) - Categoría: Xogos na rede - Publicado o 18-03-2010 20:13
# Ligazón permanente a este artigo
Carta aberta de Xabier Docampo a Anxo Lorenzo
Carta aberta de Xabier Docampo, mestre e escritor, a Anxo Lorenzo, Secretario de Política Lingüística.

"Sr. Lorenzo: Acabo de ler as súas desafortunadas declaracións en Faro de Vigo e La Opinión. Por certo, constato que ou fai estas declaracións á prensa en castelán ou non é capaz de esixir, como cómpre tendo en conta o seu cargo, que sexan publicadas en galego; se cadra, ten que facer méritos para lle demostrar a ben sabemos quen, que xa é un bo converso. Logo de lelas, debo dicirlle que vostede mente; ou sexa, di algo que sabe que non é certo co ánimo de enganar aos galegos e ás galegas. E antes de continuar, voulle demostrar que isto é así.

Di vostede que ?El problema es que no existe cobertura legal para obligar a nadie a hablar o escribir en gallego. Esto ya lo advirtió el Consello Consultivo en 2007?. Vostede coñece, é imposíbel que o ignore, que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na súa sentenza 1084/2007, rexeita o ditame do Consello Consultivo de Galicia e declara que é perfectamente legal que ?Nas áreas, materias ou módulos impartidos en lingua galega, o alumnado utilizará, con carácter xeral, o galego nas manifestacións oral e escrita.? Por non falar das numerosas ocasións en que o Tribunal Constitucional avalou a pertinencia desta utilización nas aulas, como vía para a súa aprendizaxe.

Dicir o contrario é mentir e, por aquilo de que "quen fai un cesto fai un cento se lle dan varas e tempo", dedúcese que dun mentireiro pouco máis podemos agardar que mentiras.

Di vostede ?La ley no permite obligar a hablar gallego?. Pode, daquela, a lei obrigar a aprendelo nas clases de galego? Pode obrigar a lei a aprender a táboa de multiplicar? O que se aprende e usa na escola ten que estar explicitamente escrito na Constitución? Se a competencia nunha lingua só se adquire utilizándoa, como a han adquirir logo? Acaso por ciencia infusa? Son vostedes un fato de mentireiros e uns trapalleiros. Entregaron a súa alma ás minorías negacionistas cunha obscenidade escandalosa.

O seu decreto está envolto na mentira, na falsidade dos datos e das expectativas. Está feito sabendo que os alumnos e alumnas de familias castelán falantes nunca acadarán unha competencia mínima en galego. Está, pensado desde os privilexios de clase, feito para satisfacer os desexos antigalegos dun sector dos pais do alumnado do ensino privado (o de concertado non é máis que un uso indebido de medios públicos, mentres obriguen por vía de achegas ?voluntarias? a pagar unha cantidade mensual complementaria).

Sr. Lorenzo, vostede, ao se facer reo voluntario da política etnocida do Sr. Feijoo, saberá canto lle pagou a pena botar pola xurreira abaixo unha carreira profesional merecente de todo respecto. Agora só fica para vostede a indignidade de ser, en complicidade con Falange Española de las JONS (vostede escribiu este decreto ao ditado do que eles demandaron en Compostela en febreiro de 2009), quen pasará a historia como a persoa que defendeu o maior ataque legal contra a lingua propia de Galicia desde Francisco Franco (que tamén era ?gallego y de Falange?). Lamento moito ter que dicilo, pero a súa traizón cóbreo de indignidade. O seu cometido e desexo non foi nunca, agora o entendo, o de estabelecer un marco legal que substituíse ao mesmo decreto 124/2007 que defendeu publicamente; vostede foi encargado de lle dar unha aparencia científica e legal á mentira, o engano, a traizón. Non teño xa que escoller ningún cualificativo para lle aplicar, dedúcense doadamente do seu proceder.

Pero, de todos os xeitos, permítame que lle diga que aínda podería recuperar en boa parte a dignidade perdida (só os que nunca a tiveron non poden recuperala). Dimita. Abandone o barco onde xa só fican ratas. Déixeos sos. Dígalles que vostede non pode amparar semellante barbaridade, que non pode traizoar unha institución que, antes ca vostede, ocuparon outros e, uns máis e outros menos, todos foron facendo cousas, sempre avanzando por pouco que fose. Dígalles que non quere ser lembrado como único responsábel de Política Lingüísitca que fixo retroceder o galego nos seus dereitos. Que o fagan eles se queren, non se suicide socialmente, regrese á comprensión dos seus que, máis tarde ou máis cedo, sempre han entender que foi capaz de ter dignidade á última hora. Destes só pode agardar que o deixen tirado na cuneta (estilo falanxista) cando pensen que xa non lles serve. É difícil, pero mentres non estea o decreto no DOG sempre estará a tempo de merecer o respecto dos galegos e das galegas de hoxe e de mañá.

Despois xa nunca o poderá ter. Máis tarde ou máis cedo o seu decreto tamén será derrogado, cambiase por outro e deste só ficará a ignominia.

En calquera caso, non siga a mentir, que nin vostede nin eu nacemos onte".


Sacado de Vieros
Comentarios (4) - Categoría: Opinión - Publicado o 17-03-2010 22:21
# Ligazón permanente a este artigo
Fotos da xornada Xadrez na Rúa
Aquí temos tódalas fotos que fixemos da actividade "Xadrez na Rúa", tanto o día da presentación como o día da xornada. Están tamén as fotos da Praza da Liberdade totalmente baleira, antes da Xornada.
A maioría das fotos que aquí temos, tamén se poden atopar na páxina do colexio: Fotos "Xadrez na Rúa".

Comentar que este ano fixémolo catro Centros Educativos: Campolongo, Xunqueira II, Froebel e Villaverde, máis a Escola Municipal de Xadrez, de forma experimetal. Aqueles centros que queiran incorporarse a esta iniciativa ou a outra semellante para vindeiras xornadas podedes comentalo aquí mesmo para telo en conta.

Gustouvos a actividade? Queredes repetila para ó ano que ben?. Se tedes algunha comentario que queriades facer, contar algunha anécdota, facer algunha crítica, etc. Podedes facelo aquí.



Deixamos tamén, a explicación nun vídeo youtube, do Xaque mate da Ópera, de Paul Charles Morphy que vimos na praza co xadrez xigante.


Comentarios (0) - Categoría: Xadrez - Publicado o 16-03-2010 23:22
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0