Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
DINAMIZANDO A LINGUA


    DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Galicia. Os Carunchos
No Festival da Lingua en Pontevedra organizado pola Plataforma Queremos Galego, actuaron tamén Os Carunchos, xunto con Quenpallou, Tear da LLebra, Aid, Carlos Yus,.. Entre todos fixeron unha auténtica Festa pola Lingua.
Nun disco ds Carunchos, está unha poesía feita canción, "Galicia", de , de Manuel María Fernández Teixeiro, que deixamos nun destes vídeos.
Xunto a este está tamén o remate da festa en Pontevedra.





?GALICIA?

Galicia docemente
esta ollando ó mar:
¡ten vales e montañas
e terras para labrar ¡

Ten portos mariñeiros,
cidades, labregos
¡cargados de traballos
cargados de trafegos!

Galicia é unha nai
velliña e soñadora
¡na voz da gaita rise
na voz da gaita chora¡

Galicia é o que vemos,
a terra, o mar, o vento
¡Pero hai outra Galicia
que vai no sentimento!

Galicia somos nós
a xente e maila fala
¡se buscas a Galicia
en ti tes que atopala!


Manuel María Fernández Teixeiro
(?Soños na gaiola?)
Comentarios (1) - Categoría: Música - Publicado o 03-02-2010 20:02
# Ligazón permanente a este artigo
55 mentiras sobre a lingua
Fóra prexuízos, falsas teses de imposición lingüística, fóra tópicos. A plataforma Prolingua presentará o vindeiro venres 5 de febreiro o libro '55 mentiras sobre a lingua galega'. A publicación, coordinada polo profesor Xosé Henrique Costas, pretende ser un argumentario sinxelo e clarificador, ao tempo que sólido e rigoroso, que axude a sociedade galega a comprender e superar aquelas valoracións e interpretacións subxectivas, ideoloxizadas desde unha óptica exclusivamente partidista, erróneas ou perversas que perseguen o obxectivo de actuaren de freo ao camiño da necesaria reposición e normalización de usos para a lingua galega no seo da súa sociedade.?

Pero un dos aspectos máis chamativos da presentación do 5 de febreiro e que se fará de xeito simultáneo en máis de medio cento de cidade e vilas de Galiza e do estranxeiro. Así, á mesma hora, diferentes persoas encargaranse de dar a coñecer a publicación nas principais cabezas de comarca do país; en cinco localidades do Estado Español (Ponferrada, Madrid, Barcelona, Gasteiz e Trintxerpe). O libro tamén se dará a coñecer esa mesmas xornada en Tübingen, Bos Aires, Lisboa, Tel Aviv, Nova York, Bethelem, Nablús, París, Saraievo, Londres, Bruxelas e Copenhague.

En Pontevedra será na Galería Sargadelos (ás 20,30 h) , r/Oliva.

Nova en Vieiros


Gravación en vídeo dalgúns lugares
Comentarios (0) - Categoría: Coordinadoras - Publicado o 03-02-2010 16:44
# Ligazón permanente a este artigo
Datos do uso do Galego
Este governo insiste no mal chamado equilibrio das linguas no ensino. O desequilibrio é tan grande hoxe en día, que tanto nas empresas, como nos medios de comunicación, como na escola, nas familias,... que dende logo, se non se toman medidas de discriminación positiva, o galego dentro dun par de xeneracións practicamente desaparecerá. A lei do mercado español non vale para protexer o patrimonio, móvese por motivos uniformistas, falsamente económicos, de especulación. Aquí aínda non se ve que a cultura tamén da traballo e produce riqueza, e o mellor de todo, da identidade e dignifica á persoa, pois respecta a cultura dos devanceiros.


Nesta presentación podedes comprobar o tremendo desequilibrio no que se atopa a nosa lingua. E despois algún "simpático" di que o castelán está en perigo.

Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 02-02-2010 23:26
# Ligazón permanente a este artigo
Salón do Libro en Pontevedra

Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 02-02-2010 18:36
# Ligazón permanente a este artigo
O Consello da Cultura tamén rexeita as Bases ...
O máximo órgano consultivo fai fincapé na necesidade dunha discriminación positiva para o galego e advírtelle ao Goberno da ?conflitividade? que poden crear os seus plans


Poucas veces unha proposta gubernamental tivo a tantos en contra. Ninguén, agás o propio executivo, está disposto a mirar cara a outro lado cando lle poñen enriba da mesa as ?Bases para a elaboración do decreto do plurilingüismo?. O último pronunciamento público fíxoo este martes o Consello da Cultura Galega. A institución considera que o decreto que pretende sacar adiante o Goberno, ademais de ser un paso atrás para a lingua galega, ameaza con converterse nunha fonte de conflitividade.


Ler máis en Vieiros.

Que é o Consello de Cultura Galega?
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 02-02-2010 15:40
# Ligazón permanente a este artigo
Ai non
No Festival da Lingua de Pontevedra a rapera de Vigo, Aida Alonso Iglesias, coñecida artisticamente por Aid, sumouse a colaborar coa plataforma "Queremos Galego", e cantounos unha das súas canción que ten en galego: "Ai non"



Ai non

Ai non, baixo o luar tras esta lúa
paseniño dando pasos soa pola beirarúa, vou ao meu,
hoxe ai brétema e a city ten un ceu de seu, miro ao ceu,
a xente pasa ao meu carón, alleos e automáticos na dirección
seguindo cadanseu senlleiro
levando aquí dende o solpor
espéranos toda unha noite máxica imaxinándoa primeiro
ninguen descansa, aquí todo segue esperto
cando espeta a alborada agora cada vez mais perto
isto convértese no meu leito,
e repito por séptima vez, non teño flow
o que teño é xeito
palpítame este peito
axexando a ría que me veu nacer, todo semella tan perfeito
voo entre xoaniñas
e sen irme de aqui non podo evitar portar tanta morriña

Ai non, unha noite máis nesta cidadeee
pérdemonos entre a densidadeee
son momentos de non esquecer
ven, déixate caer mentres non chega o mencer

E lo? xa non es capaz mirar esta paisaxe na alboraxe?
achache unha mensaxe escrita noutra identidade
abaulloucado e xa almorzando as derradeiras estrelas
que aboian no roxo atmosférico con claridade
hai persoas a mancheas,
rúas onde pódense oir sereas e no mar vense as sereas
e ao lonxe un sereo, cando xa esclarece o ceo
o mesmo sitio coa misma esencia de seu
monumentos que semellan de papel
somos máis do que pintamos, é que temos un aquel...
que, aaaaaai os locais aspiran fume
mentres luces da cidade xa semellan vagalumes
e que hai cousas que non teñen traducción
hai xeitos de falar que din millor o que sentimos
sacando a máis sincera expresión
se puidendo lanzar beixos hoxe lanzo agarimos

Ai non, unha noite máis nesta cidadeee
pérdemonos entre a densidadeee
son momentos de non esquecer
ven, déixate caer mentres non chega o mencer
Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 01-02-2010 15:35
# Ligazón permanente a este artigo
Novo modelo de condución
Comentarios (0) - Categoría: Curiosidades - Publicado o 01-02-2010 08:34
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] [3] 4
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0