Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
DINAMIZANDO A LINGUA


    DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Colo

En galego para referirnos á parte que une a cabeza co tronco dicimos COLO, ou pescozo, de aí, por metonimia (igual que sucede en castelán ou noutras linguas), dicimos o COLO DA CAMISA; e o que se pon arredor do COLO é o COLAR.

Esta é unha das palabras, que ás veces, depende do contexto, provoca rareza ou incluso risas. "O descoñecemento é moi atrevido".
Despois de ver a orixe e como se di noutras linguas (na imaxe), supoñemos que a palabra non debería resultar tan estraña. Non si?

Coñecedes algunha palabra que vos provocara a mesma sensación que esta?

A palabra vén a conto, e de ahí a saquei, polo artigo que lin no bloque Caderno da Lingua.>Este compañeiro fai a análise explicando a relación que ten este feito coa mentira número 17 do libro "55 mentiras sobre a lingua"
Comentarios (0) - Categoría: Refráns, palabras. Sementámol@s. - Publicado o 21-02-2010 09:28
# Ligazón permanente a este artigo
Unha das mentiras máis grandes
Estes días estase intentando desmontar as grandes falacias ou mentiras introducidas no país sobre linguas minorizadas, entre elas a nosa, o galego.Contamos unha das máis grandes:

"Un 23 de abril de 2001, un monarca que comentou algo así como: "... a nadie se le obligó nunca a hablar en castellano..."

Que dirías ti a este comentario despois de ler nas imaxes, ou na ligazón GALIZA MONOLINGUE, estas leises, decretos, ...?

Na ligazón anterior atoparás algunhas máis.


De Varias


De Varias


Queredes máis decretos sobre "imposición"?
Comentarios (0) - Categoría: Decreto 79/2010 do Galego - Publicado o 20-02-2010 11:19
# Ligazón permanente a este artigo
Historia do Loro Ravachol
De Entroido na rúa
Corría o ano 1880 cando o farmacéutico Perfecto Feijoo voltou de Madrid tras tres anos de prácticas, e decidiu adquirir a botica da rúa Peregrina. A rebotica convertiuse de seguido nun importante punto de tertulia, onde asistirían persoeiros coma Emilia Pardo Bazán, Eugenio Montero Ríos, Práxedes Mateo Sagasta, Pablo Iglesias,ou Miguel de Unamuno. Mantivo unha intensa actividade cultural, sobre todo no eido da música tradicional galega.

O loro Ravachol (bautizado co nome do anarquista francés Ravachol), mascota de Perfecto Feijoo, era moi apreciado na cidade polos seus afamados dialogos e expresións, non sempre correctas, pois era mal falado. Tiña unha chea de frases e expresións, algunhas coma ?se collo a vara?, ?aquí non se fía?, ?vaite de aí, lambón?.
A prensa pontevedresa do 27 de xaneiro de 1913 (en especial El Diario de Pontevedra e La Correspondencia Gallega) faise eco do falecemento o día anterior do loro Ravachol. A morte de tan ilustre persoeiro provoca na sociedade pontevedresa unha profunda sensación de pesar que, unida ao xúbilo propio do tempo carnavalesco, vivido na ciudad sen actos de relevancia, induce a honralo tal como se merecía, organizando un prolongado velorio, os primeros días na botica e despois no local da Sociedad Recreo de Artesanos, e un enterro por todo o alto. Finalmente foi soterrado nunha finca que o boticario tiña en Marcón.

É partir do ano 1985 cando se recupera a súa memoria, organizándose unha incineración da súa efixie para o venres da semana de Entroido. E o venres 19 de febreiro tocou chorar pola morte do loro de máis sona do noso país. Mañá de día de loito. Morreu o loro Ravachol. Choremos todos xuntos
Comentarios (0) - Categoría: Celebracións - Publicado o 19-02-2010 23:33
# Ligazón permanente a este artigo
Dia 21 de febreiro



Que é o Día Internacional da Lingua Materna?_É unha conmemoración que se celebra o 21 de febreiro de cada ano, unha data significativa que estableceu a Conferencia Xeral da Unesco en 1999, co obxectivo de promover o pluralismo lingüístico e a diversidade cultural. Ademais, busca impulsar o recoñecemento e a práctica das linguas maternas de todo o mundo e, en especial, as das linguas con menos falantes.

Que son as linguas?_Segundo sinala a ONU, "as linguas son o instrumento de maior alcance para a preservación e o desenvolvemento da nosa herdanza cultural". Deste xeito, toda iniciativa para promover a difusión das linguas maternas servirá para incentivar a diversidade lingüística e "crear maior conciencia sobre as tradicións lingüísticas e culturais do mundo e mais inspirar a solidariedade baseada no entendemento, na tolerancia e no diálogo".


As propostas para o Día Internacional da Lingua Materna son:

1. Educa no respecto a todas as linguas

2. Transmite o valor da diversidade

3. Cultiva as linguas con menos falantes

4. Fomenta a aprendizaxe de linguas

5. Perde o medo a equivocarte

6. Déixalles aos teus fillos unha herdanza valiosa

7. Acolle as outras linguas que te rodean

8. Non lle peches a ninguén as portas da túa lingua

9. Practica o ecoturismo lingüístico

10. Fala tamén para os que están preto



Ver máis na páxina da Xunta.

A nova en
Galaxia.


Artigo relacionado. Vitalidade das linguas
Comentarios (0) - Categoría: Celebracións - Publicado o 19-02-2010 22:31
# Ligazón permanente a este artigo
55 mentiras ... en Noia
En menos de 4 minutos podes comprobar as reviravoltas que da a lingua nun proceso desgaleguizador ... se non se poñen vontades e medios para que isto remate mal para os galegos e para moitos que sente mágoa da perda dunha lingua.




Máis sitios
Comentarios (0) - Categoría: Decreto 79/2010 do Galego - Publicado o 19-02-2010 08:45
# Ligazón permanente a este artigo
Concurso Relato Oral Tíralle da lingua
"Tíralle da lingua" é un proxecto da AS-PG, dirixido ao alumnado e profesorado de todo o país, cos obxectivos de normalizar o uso oral da nosa lingua, de converter o idioma en instrumento de comunicación normal, de creación e recreación de historias, etc. A inscrición no concurso está aberta até o 16 de abril e a fase final terá lugar o día 28 de abril en Santiago de Compostela.

Bases do concurso

1ª As historias poderán ser de base popular, de base literaria ou creación propia.

2ª As historias contaranse en galego.

3ª Nas historias valorarase a calidade lingüística e o seu carácter construtivo e pedagóxico (linguaxe non discriminatoria, linguaxe non sexista...)

4ª Os/as participantes concursarán individualmente ou en grupo, mais sempre respetando o tempo máximo por actuación que será de 5 minutos. A superación dese tempo pode supor a descualificación. Poderán participar cun máximo dunha historia.

5ª O concurso vai destinado a tres niveis académicos.

1) Primaria.

2) 1º Ciclo de ESO.

3) 2º Ciclo de ESO e ensino postobrigatorio.

6ª O concurso farase en dúas fases con carácter selectivo:

1) A nivel centro de ensino.

2) A nivel nacional.

7ª Na primeira fase será o propio centro o que determine e se responsabilice dos posíbeis premios aos concursantes. O número de concursantes que pasarán da primeira á segunda fase determinarase en función da participación, o que se lles comunicará aos centros.

8ª A formalización da inscrición no concurso por parte dos centros realizarase antes do día 16 de abril enviando un e-mail a: informacion@as-pg.com, no prazo de tres días recibirán confirmación da inscrición e dos datos que deben completar.

9ª A fase final celebrarase o 28 de abril en Santiago, no Teatro Principal, en dous grupos diferentes: un para primaria e primeiro ciclo de secundaria e outro para segundo ciclo de secundario e ensino postobrigatorio.

10ª Na fase final concederase un primeiro premiio por nivel cun valor de 250 euros e un segundo, se o xurado así o considera por valor de 150 euros. Os centros de ensino dos participantes gañadores recibirán un premio do mesmo importe.

11ª O xurado estará composto por tres persoas alleas aos centros participantes con experiencia nestas actividades, e actuará de secretario/a un representante de Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG).

12ª O xurado emitirá o ditame o mesmo día da celebración do concurso.

13ª A participación no concurso supón a aceitación íntegra das presentes bases.

Organiza: Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-02-2010 18:50
# Ligazón permanente a este artigo
Carta ó Sr. Secretario de Pólítica Lingüística
Os ENDL galardoados nos Premios á Innovación en Normalización Lingüística puxeron en coñecemento do Secretario Xeral de Política Lingüística a carta que reproducimos aquí no trascurso das Xornadas de Formación dos Premios de Innovación en Normalización Lingüística, que tiveron lugar o sábado 30 de xaneiro, no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela.

De Varias
Comentarios (0) - Categoría: Decreto 79/2010 do Galego - Publicado o 17-02-2010 23:18
# Ligazón permanente a este artigo
Vitalidade das linguas
O ano pasado, a UNESCO, co motivo do Día Internacional da Lingua Materna (21 de febreiro), publicou un informe onde establecían, entre outras cousas, os catro niveis de 'vitalidade' das linguas.

Este informe considera que unha lingua está 'en perigo' cando os pequenos xa non a aprenden nas súas familias como lingua materna, senón que se converten en 'bilingües pasivos', é dicir, que a entenden pero non a falan.

Así mesmo, unha lingua é 'vulnerable' cando os pequenos a falan pero se reserva só ao ámbito familiar.

Está 'seriamente en perigo' cando a usan só as persoas de maior idade.

E en 'situación crítica' se só a usan anciáns e con escasa frecuencia.


Curiosamente o informe di que o galego por estar preto de Portugal ten aínda ten algo de saúde.

Onde dirías que está a nosa?

Solucionarán o problema co novo decreto?
Comentarios (0) - Categoría: Curiosidades - Publicado o 17-02-2010 16:28
# Ligazón permanente a este artigo
Mapa das linguas
Se queres saber as linguas que hai no mundo co número de parlantes en cada país, podes entrar nesta páxina: MAPA DAS LINGUAS



Aquí na imaxe, por exemplo, temos as linguas de Francia , repartidas do seguinte xeito:

Francés, 175.000.000 parlantes,
Bretón, con 500.000 ,
Occitano con 3.700.000 ,
Francoprovenzal con 200.000.



E as da Península Ibérica:

Galego con 2.500.000,
Asturiano con 450.000,
Vasco con 1.035.000,
Catalán con 9.118.000,
Portugués con 202.000.000,



Outras:

Nas Illas Británicas temos.

Inglés: 970.000.000
Escocés: 2.200.000
Gaélico Irlandés: 940.000
Gaélico Escocés: 66.000
Córnico ...

En Rusia:

Ruso: 255.000.000
Tátaro: 6.000.000
Komi: 349.000
Nenet: 31.300
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-02-2010 08:04
# Ligazón permanente a este artigo
Entroido na rúa en Pontevera
Comentarios (0) - Categoría: Celebracións - Publicado o 15-02-2010 09:40
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3] [4]
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0