Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249 DINAMIZANDO A LINGUA
A Asociación de Escritores en Lingua Galega fixo un manifesto conxunto nos actos conmemorativos do 173 aniversario do nacemento da autora de "Follas novas" celebrados simultáneamente en Vigo, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo.
Novelistas e poetas como Agustín Fernández Paz, Marta Dacosta y Álvarez Cáccamo e María, en Vigo, e Manuel Rivas, Marilar Aleixandre, Mercedes Queixas e Luis Rei Núñez, notras ciudades, leron o manifiesto que centraron os actos organizados nestas seis cidade.
MANIFESTO
"Nestes días para nós escuros, Rosalía, lembrámoste unha e outra vez. Os nosos ollos percorren infatigábeis os teus versos, de onte a hoxe, e a memoria rescata da súa entraña retallos de poemas que palpitan nas nosas veas e percorren o noso corpo todo. E preguntámonos se este frío imposíbel que se instala na nosa pel é o mesmo frío que ti sentiches ante os que teñen fama de honrados na vila, aqueles que, amparados hoxe no mandato estatutario que lles foi outorgado para promoveren a cultura galega e a defenderen fronte ás agresións, utilízano contra todo o que ti significas, minusvalorando a herdanza túa e todo o que de noso achan ao seu paso aqueles que non entenden non todo o que somos e o que significamos.
...
Os que hoxe nos negan, como a ti te negaron ao longo de tanto tempo, son da estirpe dos que te alcumaron de chorona, mixiriqueira e trastornada por sombras de incerteza, dos que ocultaron o xenio do teu verso construíndoche unha imaxe distorsionada para afastarnos da exactitude das túas palabras, co único obxectivo de impediren que o teu verbo incendiase a nosa vontade e a luz dos teus versos abrise ventás de claridade no noso coñecemento. Deformábante para ocultarte, mentían, como nos seguen a mentir hoxepara destruíren a nosa cerna e esborrallaren a espiral de conciencia que ti iniciaches un día, con ese atrevemento histórico que foi un verdadeiro contrato de xustiza co pobo de noso e co futuro.?
Arranca o campionato de xadrez interno do CEIP Campolongo, de Pontevedra. As partidas fanse no recreo e nalgunha clase de E.Física, debido, sobre todo, a que non se pode facer actividade física fora, nos patios, por causa dos continuos temporais que estamos a ter.
Debido a numerosísima participación a eliminatoria faise tipo Copa, os que perdan quedan eliminado.
Primeiro faise por cursos, por nivel, e logo por ciclos.
Comézase cos de segundo curso de primaria (1º Ciclo).
Fan de árbitros das partidas o alumnado do ciclo superior (5º e 6º)
Mércores 24 de febreiro
Xogáronse as clasificacións ente os tres grupos de cuarto (2º ciclo) , as segundas eliminatorias entre os de segundo , e as primeiras eliminatorias de 6ºB
Xoves 25 de febreiro
Remátase a final do segundo curso (1º ciclo). Os finalistas son Xandre, Pablo, e Xabier de 2º B, e Germán de 2º A.
No segundo ciclo xogan os de 3º contra os de 4º.
No terceiro ciclo sairán os gañadores de 6ºB. Os finalistas sairán das seguintes partidas, Jorge contra Luís Lores, Andrés conta Fran, Clara contra Sara, e Angel contra Rosalía.
Resultados do día de hoxe
Pasan á seguinte ronda:
En Primeiro Ciclo xa temos un finalista: Xandre, de 2º B.
De Segundo Ciclo: Continúan, Amalia e Javier De La Cruz (de 4ºB), Esteban, José e Antonio de 3º B, e Clara, Joaquín e Sergio de 3ºA.
Do Terceiro Ciclo, pasaron do grupo de 6º b, Luis Lores, Fran, Clara e Angel.
E de 5ºA, pasaron Andrés, Julio, Alfonso, Dani, Manuel e Reineir.
Lus 1 de marzo
Algunhas partidas puxéronse difícil, ó nivel vai aumentando, no primeiro ciclo xa temos os dous finalistas, Xandre (2ºB) e Germán (2ºA). Na primeira partida, de tres, desta final gañou Germán. Se mañá volve a gañar, será o campión do 1º ciclo. Se gaña Xandre, farán, outra, a derradeira para desempatar.
No segundo ciclo houbo dous empates, Amalia (4ºB) e Clara (3ºA), e Antonio (3ºB) e Joaquín (3ºA). Continúan na seguinte fase, xa clasificados Esteban (3ºB) e Sergio (3ºA).
No terceiro ciclo continúan as eliminatorias, hoxe xa entraron en competición tódos, os que se apuntaron, de 6ºA, 6ºB, 5ºA e 5ºB.
Mañá incorpóranse os últimos, 6ºC e 5ºC
Martes 2 e mércores 3 de marzo
A final do primeiro ciclo véuse modificada pola incorporación dos de 2º C que estaban fora do campionato. Veñen darlle máis emoción o campionato. De entrada, o martes case se celebrou unha que podía ser a final anticipada, Germán gañou 2-1 a Xandre.
No segundo ciclo están xa preto da final Esteban e Antonio. Mañán xogarán contra os de 3º C, David Sineiro e Victor.
Os de 5º, no segundo ciclo, están dando "a campanada", están eliminando a tódos os de 6º, xa só queda Clara, de 6º B, como única representante.
Isto está chegando ó final.
Xoves 4
No primeiro ciclo, non asistiu Germán (2ºA) para xogar contra Pedro (2ºC), e Xandre (2ºB) gañoulle a Jano (2ºC). Se o próximo día, Germán gaña, con Pedro, quedará campión, loitando deseguido polo terceiro posto Pedro e Jano
No segundo ciclo o máis destacado foi que os dous finalistas de 3º B, Esteban e Antonio, gañaron ós dous finalistas de 3º C, David e Victor.
A final será Esteban contra Antonio.
No terceiro ciclo, a única contricante de 6º, Clara, perdeu unha partida, entrará na repesca. Se perde outra quedará eliminada. Os de 5º están moi fortes, Manuel (5ºA), Miguel Sineiro e Valiño (5ºC), aínda non perderon ningunha partida.
Na semana que vén teremos xa a clasificación definitiva dos tres ciclos.
Quedan definitivamente campións do primeiro ciclo,Germán (2ºA), e do segundo cicloEsteban (3ºB).
Martes 9 de marzo
No terceiro ciclo, quedan finalistas de 6º, Alberto e Javier, os dous de 6ºA. O que gañe xogará contra o campión de 5º, que sairá dos catro contricantes que quedan: Manuel e Andrés de 5ºA, e Valiño (5ºC) e Diego (5ºB)
16 e 17 de marzo
Despois duns días de descanso chegaron as finais.
Andrés (5ºA) gaña a Manuel, tamén de 5ºA
Javier (6ºA) gaña a Alberto, tamén de 6ºA
Xogan a final definitiva de 3º ciclo, Javier (6ºA) contra Andrés (5ºA). Gaña Javier de 6º A
Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0