Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249 DINAMIZANDO A LINGUA
Non sendo moi fácil de atopar todo o que temos nesta presentación, sí hai que dicir que algo hai para poder ler en galego. Algún deles pódese incluso descargar
Clicando nesta ligazón, Recursos para o Nadal, atoparás todo o que estás vendo na imaxe. A CGENL non para de traballar aínda que outros ande a denunciar.
Historias contadas por Hernán Quijano, un dos galegos que tivo que emigrar por apoiar naquel momento da historia ó governo republicano, que governaba por ter gañadas as eleccións democráticas. Logo chegou o "salvatrias" do xeneral Franco e cun golpe militar marcou a época da guerra, da dictadura e represión Franquista (1936-1975).
Interesantes reflexións do recén finado persoeiro (Francisco Fernández del Riego). Home que tivo que torear, como outros, a época da dictadura, onde escribir en galego podía traer moitos problemas aínda non anos 50. Conta, entre outras moitas cousas, como estivo a punto de "ser paseado", porque ingresou "a filas", ... como as librarías non querían saber nada de libros en galego. Como tiña que escribir con pseudónimos para evitar o perigo de que te recoñecesen.
Remata respostando a pregunta, que é ou que debería ser "SER GALEGO"?
"Ser fiel o país, as súas esencias, defendendo os principios que nos caracterizan, a nosa identidade, a nosa cultura, ...
Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0