Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249 DINAMIZANDO A LINGUA
Vagalume: insecto coleóptero (Lampyris noctícula) de notable diferenza morfolóxica entre o macho e a femia; esta presenta un apéndice fosforescente na parte inferior dos segmentos abdominais.
Chama moito a atención cando se ve de noite. O que tamén chama a atención é a cantidade de sinónimos ou variantes que hai por toda Galicia. Se ledes o conto, "Vagalumes na escuridade" atoparédelas, intencionadamente, todas as que aquí expoñemos: Corcoño, vella do caldo, coroceiro, vella dos valados, vella das papas, luceiro, vermes da noite, cagalumes, lucernas, lucecús. Haberá algún sinónimo máis?
Actividade, para traballar en liña, pensada para rapaces do terceiro ciclo de primaria (10-12 anos), onde se tratan os Dereitos Humanos. ENTRAR NA ACTIVIDADE
Uxío Novo Neira escrebe estas dúas palabras, bicarelo e brelo, nun pequeno poema,"A Branca-Petra do Courel" (Os Eidos), que tamén canta Maite Dono co contrabaixista Baldo Martínez. Podes escoitalos no vídeo.
Bicarelo: Parte máis alta dunha construción ou planta.
Brelo: Póla
NO bicarelo do bico do brelo
canta o paxariño.
No mesmiño bicarelo
do bico do brelo.
Por que non regalar un disco?. Este CD, Cantigas de Nadal, ten panxoliñas de grupos moi variados. Abaixo podes escoitar Nadal de Luintra, de Berrogüeto, e O cometido, do grupo Chouteira.
Cantigas de Nadal (1998)
1.-Nadal De Luintra (Berrogüetto)
2.-Porque Aquí Non É Ben Ruar (A Quenlla)
3.-Desta Maneira Si Leva Xeito (Xistra De Coruxo)
4.-Canto De Reis E Panxoliña De Neda (Os Cempés)
5.-Canto De Laxoso (Leilia)
6.-Os Reis Do Caurel (Maite Dono)
7.-Aguinaldo (Pancho Alvarez)
8.-Músicas No Ceo De Belen (Muxicas)
9.-Caravel (Uxia)
10.-Cantos De Reis (Na Lua)
11.-O Cometido (Chouteira)
Para escoitar nestas festas recomendamos, hoxe, entre outros, mercar o CD "O Aghinaldo" do grupo Malvela. Aquí podedes escoitar a panxoliña "Chegaron a pé", que estará durante un tempo á esquerda do blogue, debaixo dos vídeos youtube.
01. Nadal en Mos.
02. No pendello.
03. Natal dos simples.
04. Despedida de ano vello.
05. Canto de Reises de Mosende.
06. As Xaneiras.
07. De vila en vila.
08. Kikirikí.
09. Chegaron a pé.
10. Romance vello.
11. Alerta pastores alerta
Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0