|
|
|
Carta ós Reis Magos |
|
Se non consegues facer ningún trebello co Apalpador, e aínda segues querendo escribirlle ós Reis podes descargar esta carta e enviárllela axiña.
Ligazón para teres un modelo máis grande da carta
Modelo grande con Mundiño (A nosa mascota)
|
|
|
|
Agasallos dende Cerceda |
|
 O Servizo de Normalización do Concello de Cerceda presentou esta semana unha guía de agasallos para realizar nestas datas baixo o título "Un Nadal de agasallos. Un Nadal en galego"
Trátase dunha pequena escolma de libros divididos por áreas (novela, teatro, poesía, xuvenil, primeiros lectores, ensaio), de música e de DVD cuxo fío condutor é a súa calidade e teren o galego como lingua.
Pódese ver ou baixar en PDF |
|
|
|
Agasallos dende Carral |
|
O CPI Vicente Otero Varcalcel fixo unha campaña REGALEMOS GALEGO, onde podes buscar ideas para os teus agasallos nestas datas.
Baixa-lo dende a COORDINADORA GALEGA DE EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN (CGENL) |
|
|
|
Tarxetas do ENL Campolongo |
|
 Algunhas tarxetas de Nadal feitas en galego. A de arriba é de Rosalía García Míguez. Na presentación temos as de Sofia, Laila, Andrés, Eva, e Luís.
|
|
|
|
Unha árbore |
|
 |
|
|
|
Eu falo galego... |
|
Hai moita xente que fala galego. Durante moitos anos foi o natural. Queres que sega sendo, ou queres que desapareza? De todos nós depende.
|
|
|
|
Apoia a PUNTOGAL |
|
 PuntoGal é unha iniciativa que pretende conseguir para a lingua e a cultura galegas un dominio propio en internet e, a través del, unha maior visibilidade e presenza do pobo galego na rede e no mundo.
A creación do .cat (catalán) en 2005, primeiro e único dominio de tipo cultural recoñecido pola ICANN en todo o mundo, abriu unha porta para as aspiracións do .gal, así como para outras iniciativas semellantes (.eus, .cym, .bzh...). Tres anos despois de que a Fundació puntCAT, entidade sen ánimo de lucro que administra o .cat, xestionase os primeiros dominios, hoxe son xa máis de 36.000 os rexistrados.
Pero para conseguir o .cat foi fundamental a suma de todas as vontades da sociedade civil e empresarial, así como das autoridades catalás. Asociacións culturais, fundacións, empresas, entidades deportivas e persoas a nivel individual sumáronse cunha única voz a un proxecto avalado sen fisuras polas institucións. Agora tócanos facer o mesmo.
Aberta a porta coa concesión do .cat, os galegos e galegas tamén temos dereito a esixir o .gal e, con el, circular por internet coa nosa propia matrícula, indicándolle ao mundo enteiro quen somos.
Entrar na páxina e apoia a PUNTOGAL |
|
|
|
Madia leva! |
|
 Madia leva: 'defecto, característica negativa que se lle atribúe a alguén'.
O Gran Dicionario de Xerais recolle as dúas acepcións: madia e madía.
En galego é frecuente, nas aldeas, escoitar a expresión `madia leva! co significado de ' así calquera'. (Disque María vai aprobar todas. -Madia leva!, coa nai que ten).
Como interxección preséntase tamén con acento gráfico: madía leva (levas...)!, madía ten (tes...)!, cos significados de ' xa o creo', 'ten boa sorte', 'home claro!', 'así calquera'. ( ¡O seu neto quéreo moito! -Madía leva!, dálle canto quere ).
Noutros casos esta frase utilízase tamén en contextos no que se queira expresar sorpresa, funcionando no discurso de xeito equivalente a `mi madriña!, manda carallo!, vaites, vaites! (Acabo de mercar un coche. Madia leva! Un Audi) . Existe, ademais, a expresión ´ máis vale madia leva que vaia por Deus! co significado de ' non te queixes tanto que puido ser peor'.
ETIM. contracción de mal/mau mal día ou ma día
Artigo relacionado |
|
|
|
Gran Dicionario da Lingua |
|
 Edicións Xerais de Galicia vén de poñer á venda a revisión do seu Gran Dicionario da Lingua, un traballo iniciado no ano 1992, que tivo a súa primeira edición no 2000. Na súa actualización, o dicionario está editado en dous volumes cun total de 2.464 páxinas, e cen mil entradas ( cinco mil máis que na edición anterior). As principais novidades que achega, ademais da adaptación a normativa lingüística vixente, son a transcrición fonética das palabras, a inclusión dunha serie de palabras non estandarizadas e unha referencia etimolóxica de cada unha delas.
«A normalización lingüística era un aspecto importante nesta revisión, pero non era o básico», explica o coordinador do proxecto. Xosé María Carballeira subliña que se trata dunha edición practicamente nova. «Non só hai unha revisión cuantitativa, polo incremento no número de entradas, senón que hai unha revisión cualitativa que creo que é o máis salientable, porque revisamos todas as entradas, inclúese outro tipo de información que antes non se tiña en conta», afirma Xosé María Carballeira.
Ler máis
O dicionario e máis libros en Xerais. |
|
|
|
Fai algo por ti e por min |
|
Música: Amencer de Carlos Nuñez. |
|
|
|
|
|
|