Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
DINAMIZANDO A LINGUA


    DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Felicitación dende Moaña

Comentarios (0) - Categoría: Celebracións - Publicado o 15-12-2009 21:24
# Ligazón permanente a este artigo
Estudar Portugués na Galiza
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-12-2009 07:17
# Ligazón permanente a este artigo
Para Falar e Saborear

María Rivas Sánchez
Comentarios (4) - Categoría: Mascotas e Lemas - Publicado o 14-12-2009 00:11
# Ligazón permanente a este artigo
Turbeira
1 s f BOT/XEOL Vexetación propia de medios enchoupados, que se caracteriza pola presenza abundante e exclusiva de brións ou herbas higrófilas.

A planta máis común é o esfagno, que vai cubrindo toda a superficie da turbeira e é o principal formador de turba. A medida que entra en descomposición vai creando sucesivas capas de turba que poden acadar ate 4 m. de grosor.
Nalgunhas zonas son coñecidas estas formacións que tremen, liberan burbullas ou se desprazan sobre a auga como porcas preñadas.

A análise das turbeiras permite coñecer o clima e a influencia humana na natureza durante os últimos cinco mil anos

2 s f XEOL Depósito de turba, orixinado en terreos cuaternarios pantanosos e con climas húmidos.

Turbeiras de Suído ameazadas.

Xogo en liña: Preguntoiro das Mariñas


Comentarios (3) - Categoría: Refráns, palabras. Sementámol@s. - Publicado o 13-12-2009 23:45
# Ligazón permanente a este artigo
Festa do Papel en Portugal



Ver Máis

Blogue da Festa do Povo (Festa do Papel)
Comentarios (4) - Categoría: Curiosidades - Publicado o 13-12-2009 21:52
# Ligazón permanente a este artigo
Arrebolar, rebolo
Arrebolar:

1.- v t Botar abaixo a froita lanzando un rebolo contra as pólas da árbore.

2.- v t Tirar un pau ou outra cousa contra algo ou alguén con forza ou violencia.

3.- v t Ir rodando por un plano inclinado.

4.- Pegar, dar golpes ("arreboloulle un estacazo no lombo")

5.- Xirar ou moverse con movemento oscilante.

6.- Pasarlles a rebola ou rapadoira ás medidas dos cereais para quitar o que sobrepasa do bordo; rapar, rasar, rebolar

SIN: abaloirar, baloirar, escudir, rebolar, varear, varexar, ceibar, guindar, mandar, tirar, apancar, golpear, pegar.


Rebolo:

1.- s m Carballo de tronco pequeno e groso, con follas de cor pálida.

2.- s m Toro dunha árbore co que se fai leña.

3.- s m Pau ou pedra que se lanza contra algo ou alguén, especialmente o pau curto que se tira ás polas dunha árbore para que caia a froita.

4.- s m Pau curto e cilíndrico que se utiliza para rasar medidas, tirando o cugulo (o que sobra); rebola.

5.- s m Persoa grosa e, polo xeral, de pouca estatura. A/de rebolos loc adv Xirando sobre o seu propio corpo.

Arrebolar. Nunha arroutada nun exame
Comentarios (2) - Categoría: Refráns, palabras. Sementámol@s. - Publicado o 13-12-2009 09:32
# Ligazón permanente a este artigo
Agasallos dende Paralaia
Dende o IES de Paralaia

Comentarios (2) - Categoría: Agasallos - Publicado o 13-12-2009 08:25
# Ligazón permanente a este artigo
As Médulas
Con Google Earth UNESCO, podes ver tódolos lugares incluídos no Patrimonio da Humanidade

(Dentro de Google Earth Unesco, tes clicar na ligazón da esquerda para ver estes lugares situados no mapamundi)





Agora mesmo hai 890.

O primeiro lugar que propoñemos nesta categoría de viaxes, e por estar preto e máis ou menos ó alcance de case todos, é este que vedes na imaxe.

"As Médulas"

No século I d.C., o poder imperial romano empezou a explotar o xacemento aurífero deste sitio do noroeste de España recorrendo a unha técnica baseada na forza hidráulica. Ao cabo de dous séculos, a explotación abandonouse e a paisaxe quedou devastada. Debido á ausencia de actividades industriais posteriores, as espectaculares pegadas do uso da antiga tecnoloxía romana son visibles por todas as partes, tanto nas pendentes montañosas espidas como nas zonas de vertedura de escouras, que hoxe están cultivadas.

Ver imaxes das Médulas
Comentarios (5) - Categoría: Viaxes, excursións. - Publicado o 12-12-2009 11:41
# Ligazón permanente a este artigo
Quiñón
1 - Parte da pesca obtida por un barco que lles corresponde ós mariñeiros.

"Facer un quiñón": cobrar os cartos que lle corresponden a un mariñeiro.

"Ir ó quiñón": embarcar cobrando en partes proporcionais ó que se pesca.

2 - Parte da herdanza que lle corresponde a cada un dos herdeiros.

3 - Parte ou porción que corresponde nunha repartición ("Xa recollín o meu quiñón de verdura")
Comentarios (0) - Categoría: Refráns, palabras. Sementámol@s. - Publicado o 11-12-2009 23:13
# Ligazón permanente a este artigo
Mans
Durante o século XV, nunha pequena aldea próxima a Nuremberg, vivía unha familia con 18 nenos.
Para poder pór pan na mesa para tal prole, o pai, e xefe da familia, traballaba case 18 horas diarias nas minas de ouro, e en calquera outra cousa que se presentase.
A pesar das condicións tan pobres en que vivían, dous dos fillos de Albrecht Durer tiñan un soño. Ambos querían desenvolver o seu talento para a arte, pero ben sabían que o seu pai xamais podería enviar a ningún deles a estudar á Academia.

Logo de moitas noites de conversacións caladas entre os dous, chegaron a un acordo. Lanzarían ao aire unha moeda. O perdedor traballaría nas minas para pagar os estudos ao que gañase. Ao terminar os seus estudos, o gañador pagaría entón os estudos ao que quedase na casa, coas vendas das súas obras, ou como fose necesario.
Lanzaron ao aire a moeda un domingo ao saír da Igrexa. Albretch Durer gañou e foise a estudar a Nuremberg. Albert comezou entón o perigoso traballo nas minas, onde permaneceu polos próximos catro anos para sufragar os estudos do seu irmán, que desde o primeiro momento foi toda unha sensación na Academia.
Os gravados de Albretch, os seus tallados e os seus óleos chegaron a ser moito mellores que os de moitos dos seus profesores, e para o momento da súa gradación, xa comezara a gañar considerables sumas coas vendas da súa arte.
Cando o novo artista regresou á súa aldea, a familia Durer reuniuse para unha cea festiva na súa honra. Ao finalizar a memorable velada, Albretch púxose de pé no seu lugar de honra na mesa, e propuxo un brinde polo seu irmán querido, que tanto se sacrificou para facer os seus estudos unha realidade.

As súas palabras finais foron: "E agora, Albert irmán meu, é a túa quenda. Agora podes ir ti a Nuremberg a perseguir os teus soños, que eu me farei cargo de ti".
Todos os ollos volvéronse cheos de expectativa cara ao recuncho da mesa que ocupaba Albert, quen tiña o rostro empapado en bágoas, e movía de lado a lado a cabeza mentres murmuraba unha e outra vez: "Non... non... non...".
Finalmente, Albert púxose de pé e secou as súas bágoas. Mirou por un momento a cada un daqueles seres queridos e dirixiuse logo ao seu irmán, e pondo a súa man na fazula daquel díxolle suavemente: "Non, irmán, non podo ir a Nuremberg. É moi tarde para min. Mira o que catro anos de traballo nas minas fixeron ás miñas mans. Cada óso das miñas mans rompeuse polo menos unha vez, e ultimamente a artrite na miña man dereita avanzou tanto que ata me custou traballo levantar a copa durante o teu brinde... moito menos podería traballar con delicadas liñas o compás ou o pergamiño e non podería manexar a pluma nin o pincel. Non, irmán... para min xa é tarde".

Máis de 450 anos pasaron desde ese día. Hoxe en día os gravados, óleos, acuarelas, tallas e demais obras de Albretch Durer poden ser vistos en museos ao redor de todo o mundo.
Pero seguramente vostede, como a maioría das persoas, só recorde un. O que é máis, seguramente ata teña un na súa oficina ou na súa casa.
Un día, para render homenaxe ao sacrificio do seu irmán Albert, Albretch Durer debuxou as mans maltratadas do seu irmán, coas palmas unidas e os dedos apuntando ao ceo. Chamou a esta poderosa obra simplemente "Mans", pero o mundo enteiro abriu de inmediato o seu corazón á súa obra de arte e cambióuselle o nome á obra polo de "Mans que oran".

A próxima vez que vexa unha copia desa creación, mírea ben. Permita que sirva de recordatorio, se é que o necesita, de que ninguén, nunca, ¡ trunfa só !
Comentarios (3) - Categoría: Contos - Publicado o 11-12-2009 22:50
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0