|
|
|
Andrés Muruais |
|
Xa choveu un pouco. Non si? |
|
|
|
Catro vellos mariñeiros |
|
Abrimos unha nova categoría de Cantigas Galegas Populares, aproveitando que comezan as festas de Nadal e sempre son moi socorridas. No vídeo podes escoitar a música.
Catro vellos mariñeiros
Catro vellos mariñeiros, BIS
todos metidos nun bote.
Boga, boga, mariñeiro,
imos pra Viveiro,
xa se ve San Roque. BIS
Ailalelo ...
Os mariñeiros traballan BIS
de noite coa luz da lúa.
Dá gusto velos chegare
pola mañá cedo
cheirando a frescura. BIS
Ailalelo ...
Levo sardiña e bocarte, (traio sardiña e bocarte) Bis
vendo xurelo pequeno. (tamén xurelo pequeno)
Rapaciña de Viveiro
ven buscar o lote
do teu mariñeiro BIS
Ailalelo ..
Ver máis letras.
|
|
|
|
O Noso Nadal Galego e Verde |
|
O Consello da Xuventude de Galicia presenta, un ano máis, a guía O noso Nadal, galego e verde, para animar a cidadanía a vivir un Nadal en galego, solidario e respectuoso co medio.
Coa edición da guía O noso Nadal, galego e verde o CXG pretende animar a todas as persoas a vivir un Nadal propio, autóctono e a gozar destas datas, xunto coa xente que queremos, respectando o medio e as tradicións, porque Galicia é unha terra hospitalaria, amigable, galega e verde grazas ás súas xentes que século tras século souberon gozar da súa terra dun xeito san e natural, respectando as súas orixes e peculiaridades.
A guía consta de dúas partes diferenciadas: a guía de galego e a guía verde.
A parte de galego contén artigos de Séchu Sende, Paula Carballeira, Marcus Fernández e o equipo responsable do proxecto Orella Pendella. Ademais, inclúe unha serie de recomendacións para agasallar produtos culturais en galego e información sobre diferentes roteiros literarios.
A parte verde contén artigos de María Carmen Fidalgo ( Amarante), Juan Marcos Pérez Gulín ( Fundación Galicia Sustentable), Xosé María García Villaverde ( Verdegaia), Rebeca Carreiro ( Amigos da Terra) e Adrián Serantes (proxecto Xanela aberta). Ademais, inclúe información sobre As termas de Bande, un lugar de interese.
A guía tamén inclúe dous menús tradicionais completos para degustar nestas festas (menú 1: coliflor con bacallau, carne asada e anguía de mazapán; menú 2: sopa de allo, ollomol ao forno e compota de mazá e pera ao viño tinto), elaborados por Marta Xen, e un menú vexetariano (cebolas asadas con queixo de cabra, berenxenas recheas e torta de mazás e noces).
|
|
|
|
DVD Ben Falado |
|
Política Lingüística edita en DVD o programa televisivo ?Ben falado!?, que busca achegar a lingua galega á sociedade
* Trátase dunha antoloxía cunha selección de oitenta e dous capítulos deste microespazo divulgativo sobre o galego dirixido e presentado por Xesús Ferro
* O DVD estará dispoñible o próximo luns nas principais librerías de Galicia e a Consellería de Educación distribuirá exemplares nos centros educativos de Galicia e nos máis de corenta centros de estudos galegos de fóra da comunidade
* A Televisión de Galicia comezará na primavera de 2010 a emisión dos novos capítulos do programa, que promove e financia Política Lingüística
Ver algúns programas de Ben Falado en Milprimaveras
Breve introdución de 92 capitulos
Queres saber de onde vén o apelido Diz? Saber o que é "empreñar do aire" ou "parir do vento"? Que significa normalización lingüística? Que grandes obras se escribiron en galego na idade media? Pois párate un pouco a ver este vídeo.
|
|
|
|
Tarxeta do IES Torrente Ballester |
|

|
|
|
|
Tarxeta do CEIP de Marcón |
|
 |
|
|
|
A lingua dos peixes |
|
De Marilar Aleixandre
Lingua, lingua, lingua
Lingua de carne para facer rolar sobre ela a lingua de palabras. Lingua para arrolar a lingua, mais non para que durma.
Lingua. Liberdade. Libro. Liberdade para cantar, amar, rir na lingua galega. Lingua para berrar ¡Liberdade! Libros para facer voar a lingua nas ás das súas páxinas.
Lingua para sermos libertarias e, se fose o caso, libertinas.
Lingua sen ligaduras nin ligames.
Lingua, lingua, lingua
Houbo unha vez unha meiga, cortou a lingua da serea, arrebatoulle a voz e a cambio deulle dúas pernas. Agora uns prebostes e sub-prebostes, uns arquipámpanos que gobernan o diario oficial e cren gobernar as nosas vidas, queren cortarnos a lingua, arrebatarnos a voz, e nin sequera nos dan unhas pernas novas.
Nós non queremos trocar lingua por pernas. Escollemos ser peixes, falar a nosa lingua de peixes. Oufanámonos da nosa cola cuberta de escamas de prata. Grazas á nosa lingua, á nosa cola de peixe, nadamos polas augas mariñas das entrañas de Galicia. As nosas garlas permítennos respirar por baixo da auga.
Convocamos en defensa da lingua a luras e polbos, a lorchos e linguados. Convocamos a todas e todos os que manteñen a lingua de palabras en precario equilibrio sobre a súa lingua de carne. ¡Gardade a lingua! E para gardala, espalládea por mares e océanos, polos camiños de Galicia e do mundo.
Lingua, lingua, lingua
Lingua e liberdade. Lingua é liberdade. |
|
|
|
Tarxeta Campolongo 09 |
|
 Gañadores dos ciclos:
Mario Suárez García - 5 anos
Mar Gómez Tomé - 1º A
Amalia Ferrer Doporto - 4ºB
Dana Rey Carballo- 5ºC
Texto:
"Chega decembro, e o tempo vístese de Nadal coma un agasallo de benvida ó inverno.
E acontecen as palabras anegadas de agarimo sobre a enquina das emocións, coa forza dos mellores desexos para todos, adiviñando unhas datas atesouradas de encontros, na ledicia de compartir os bos momentos.
Palabras inzadas de fermosura, adentrándose na comunidade educativa de Campolongo, e xermolando sorrisos de infancia para abeirarnos de tenrura e acugularnos de anovados alentos para o vindeirao ano".
O Claustro de Profesores. Nadal 2009
|
|
|
|
Felicitación da CGENL |
|

|
|
|
|
O Decreto 124 do Galego preto da saída |
|
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, asegurou este xoves que antes de final de ano o Goberno vai presentar a súa proposta sobre uso de linguas no ensino non universitario. Afirmou que a normativa vai ser ?fiel? á Lei de Normalización Lingüística e ao programa electoral do PPdeG. Feijoo subliña que a Secretaría Xeral de Política Lingüística só ten estas directrices para traballar na elaboración: ?Teño un compromiso cos cidadáns, non con ningún cargo?. Ler nova en Vieiros |
|
|
|
|
|
|
|