Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
DINAMIZANDO A LINGUA


    DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Cucaña e Zoadeira
Cucaña: Pau esvaradío, chantado verticalmente, polo que se ten que agatuñar para coller ó premio atado no extremo.


Zoadeira: Este brinquedo tamén se coñece co nome de "Dalle que dalle"

Utilizando un botón, os pequenos terán que pasar un amalló polos furadiños e atar os dous extremos para que o botón fique preso.

Para probar se funciona, deben coller con dous dedos os extremos e darlle unhas voltas ao botón, que comezará a xirar e zoar sen parar, até que a/o cativa/o canse.

Zoar: 1. Facer unha cousa un son ou ruído xordo e rouco. 2. Facer ruído o vento ó soprar fortemente; asubiar, fungar, rebilcar, zumbar. 3. Producir as abellas ou outros insectos un ruído continuado e persistente; zumbar
Comentarios (1) - Categoría: Xogos populares - Publicado o 08-11-2009 11:29
# Ligazón permanente a este artigo
Xogos para o magosto
Aquí tedes o plano cos xogos do Magosto para o martes día 10 (se fai bo tempo).

Comentar que:

O horario que se programou para os xogos, se non hai novidades, será de 12,00 a 13,00 h, máis ou menos h

O tempo en cada estación (xogo) será de 15 minutos, por iso cada grupo só fará os xogos que lle cadre. O resto poderanse facer noutra festa (por exemplo en Nadal, ou cando se preste).

Haberá sempre 5 monitores de 6º en cada estación, sendo estes os encargados de explicárllelo xogo.

Cada titor deberá estar sempre co seu grupo, sendo el mesmo que os traslade de estación.

A rotación será por orde númerica, o que estaba na estación nº 1 pasará cando escoite o chifre de aviso a estación nº 2, este pasará a 3 ... e o da estación nº 15, por ser a última, pasará á estación nº 1.

A orde de comezo de cada curso é a seguinte:

Estación nº 1 (Bombilla) - 5ºA
" 2 - Zoadeira - 5ºB
" 3 - Zancos --- 5ºC
" 4 - Cucaña - 4ºA
" 5 - Os pasos - 4ºB
" 6 - Pelete ou mariola- 4ºC
" 7 - Salto da goma- 3ºC
" 8 - Salto da corda -3ºB
" 9 - Tirasoga - 3º A
" 10 - Pano con castañas - 2ºA
" 11 - Chapas - 2º B
" 12 - Bolos - 2º C
" 13 - Relevos - 1º A
" 14 - Aros - 1º B
" 15 - Sacos - 1º C

- Comecastañas
Comentarios (0) - Categoría: Xogos populares - Publicado o 08-11-2009 10:19
# Ligazón permanente a este artigo
Política Lingüística
Comentarios (3) - Categoría: Humor - Publicado o 08-11-2009 07:34
# Ligazón permanente a este artigo
Un grolo por esta xente
Comentarios (0) - Categoría: Vídeos - Publicado o 07-11-2009 22:52
# Ligazón permanente a este artigo
As catro velas
Un conto que nos mandou a mestra Victoria:

"Catro velas estábanse consumindo tranquilamente. O ambiente estaba tan silencioso que se podía oír o diálogo entre elas.

A primeira di:

Eu, son a Paz! A pesar da miña luz, as persoas non conseguen manterme acendida.

E diminuíndo a súa chama, apagouse totalmente.

A segunda di:

Eu chámome Fe! Infelizmente son superflua para as persoas. Porque elas non queren saber de Deus, por iso non ten sentido continuar queimándome.

Ao terminar as súas palabras, un vento abateuse sobre ela, e esta apagouse.

En voz baixa e triste a terceira vea manifestouse:

Eu son o Amor! Non teño máis forzas que queimar. As persoas déixanme de lado porque só conseguen manifestarme para elas mesmas; esquécense ata daquelas que están á súa ao redor.

... E tamén se apagou.

De súpeto entrou unha nena e viu as tres velas apagadas. E dixo:

Que é isto? Vostedes deben estar acesas e consumirse ata o final!

Entón, a cuarta vea, falou:

Non teñas medo nena, !En canto eu estea acendida, podemos acender as outras veas!

Entón a nena tomou a vela da ESPERANZA e acendeu as que estaban apagadas.

Que a vela da ESPERANZA nunca se apague dentro de nós".
Comentarios (0) - Categoría: Contos - Publicado o 07-11-2009 16:40
# Ligazón permanente a este artigo
Badil e lomedro
Badil: Pa que se emprega para remexer e recoller as brasas da cheminea e dos braseiros.

"Levar co badil nos dedos". "Levar co badil nos lomedros". Saír mal parado dun asunto, saír co rabo entre as pernas.

SIN: pa, paleta, recolledor.

Anécdota da palabra no País


Lomedro: Parte das extremidades inferiores das persoas e das posteriores dos animais que está constituída polo fémur.

SIN: coxa, fémur.

Comproba os significados no dicionario de Ir Indo
Comentarios (0) - Categoría: Refráns, palabras. Sementámol@s. - Publicado o 06-11-2009 20:28
# Ligazón permanente a este artigo
Un caldeiro con ajua

Comentarios (2) - Categoría: Humor - Publicado o 06-11-2009 17:39
# Ligazón permanente a este artigo
Mascota Gañadora

"MUNDIÑO", é o nome da mascota deste curso 2009-2010 do Equipo de Normalización Lingüística do CEIP Campolongo. Noraboa a gañadora do concurso, a alumna de 6ºA, Julia Reguera Penela. Dicir que aquí o debuxo foi retocado, sobre todo nas cores, para ser o logotipo do noso equipo. Nestes tempos, un pasa polo salón de peiteados antes de saír á rúa. O lema é de Alba Morcillo, de 4º C.
Dámoslle a benvida a "MUNDIÑO", desexándolle unha boa xeira neste etapa normalizadora da nosa lingua.

Noraboa as dúas gañadoras.

Debuxo orixinal:

De Mascotas 09-10
Comentarios (8) - Categoría: Mascotas e Lemas - Publicado o 06-11-2009 17:18
# Ligazón permanente a este artigo
Pontevedra a principios do século XX
Comentarios (2) - Categoría: Fotos - Publicado o 06-11-2009 16:47
# Ligazón permanente a este artigo
Cantigas Magosto 5ºA e 5ºC 2009
Hai magosto en Campolongo
hai barullo e trangallada
nenas e nenos xogando
mentres asan as castañas

Todos xuntos celebramos
esta festa relembrada
coas lerias dos rapaces
e as castañas asadas.

Xa estamos no outono
Cae a folla sen parar
Preparamos o magosto
E todos xuntos a xantar.

Nin choiva nin treboada
Impedirá no magosto
Comer castañas asadas
Coma se fose agosto.

A novembro xa chegamos
Os ourizos xa caeron
Das castañas disfrutamos
Pois, moitos delas comeron.

Facemos a "castañada"
No colexio Campolongo,
Se tardas quedas sen nada.
Queres un cornete longo?

No colexio Campolongo
Asamos ricas castañas,
Para facer o magosto,
O venres (martes) pola mañá.

O magosto xa chegou
o patio da nosa escola
temos xogos e castañas
tamén temos merendola.


Xa chegou noso magosto
canto podemos xogar
come castañas connosco
que ben o imos pasar.

Amañan uns cucuruchos
Para botar as castañas
Fan una rolda no patio
E a papar lambetadas.

As castañas asadiñas
os nenos as meterán
dentro do seu cucurucho
e despois as comerán.

No magosto nós cantamos
e as castañas comeremos.
xogamos a moitos xogos
Ai que ben o pasaremos!.

Castiñeiro con ourizos
ateigados de castañas
nestes tempos outonizos
todos imos apañalas.

Este outono de tronada
Imos todos a argallar
Un magosto e "castañada"
Que será para lembrar.


Se ti queres vir a festa
non dubides un momento
moitas castañas na cesta
e o fume vaise co vento.


Comentarios (0) - Categoría: Poesía - Publicado o 06-11-2009 12:53
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0