O venres 13 e o luns 16 temos programado Rugby na nosa escola. Nos vídeos que hai debaixo podedes ver algúns dos exercicios que se practican (foron gravados o venres). A
Escola de Mareantes RCP (Rugby Clube Pontevedra), busca nov@s xogador@s para o seu clube. Os horarios de adestramento son:
Nenos e nenas de 8 a 14 anos: Os mércores de 17:30 a 19:00 h
Nenos de 14-16 anos: Mércores e Venres de 19:00 a 20:30 h
Contacto: (Pablo) 607 118 269 ou (Eloy) 659 506 286
REGRAS BÁSICAS DO RUGBY
- Non se permite pasar o balón cara a adiante. Tampouco se permite que o balón caia cara a adiante.
- O balón só pode avanzar levándoo ou pateándoo cara a adiante.
- Calquera xogador no campo de xogo pode avanzar co balón.
- Un xogador ? tacleado? (derrubado) debe pasar ou soltar inmediatamente o balón. O xogador que derrube debe tamén soltar inmediatamente o xogador derrubado.
- O rugby é un deporte continuo. Non se prevén interrupcións (a menos que haxa unha lesión.).
- Unha melee (scrum) reinicia o xogo logo dun pase cara a adiante ou caída od balón capar diante(knock-on). Tamén se forma unha melee noutras ocasións, menos frecuentes.
-Un xogador fora da liña reinicia o xogo cando o balón sae do terreo de xogo.
- Un ensaio é outorgado cando o balón é levado mais alá a zona de anotación e apoiado no chan.
- 5 Puntos outórganse ao realizar un ensaio
- 2 Puntos outórganse ao converter a patada adicional logo dun ensaio.
- 3 Puntos outórganse ao converter un gol de campo (penal) logo de cometida unha infracción.
- 3 Puntos outórganse ao converter un ?drop?(patada de bote-pronto) en xogo aberto.
- Despois de que se converte un ensaio (try) ou un penal, o balón é pateado cara ao equipo anotador (agás en rugby con sete xogadores por lado).
- O árbitro é o responsable de facer respectar o regulamento.
- Xógase en dous tempos continuos de 40 minutos cada un cun intermedio de 5 minutos.
- O tempo lévao o árbitro principal e debe detelo soamente cando haxa lesións.
- Hai dous xuíces de liña que axudan a indicar cando o balón o a persoa que o leva saen do campo.
>Defensa con balón