Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
DINAMIZANDO A LINGUA


    DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Lemas 0910

Alicia Pedrosa Rodríguez (4ºC)

Lemas Gañadores

Lemas dos participantes

Primeiramente agradecer ás alumn@s de 5º B, María Guimarey Toranzo, Noelia e David Fraga Rivera, e Alba Moreira Abalo, todo o traballo de recolleita dos lemas nos debuxos da exposición.
Dicir, logo, que moitos debuxos e lemas non tiñan nome do aut@r. Se atopades o voso lema e non ten autoría, podedes deixalo nos comentarios, ou ben comentárllelo a calquera mestre para que llo pase ós responsables desta bitácora, e deste xeito poder engadilos


CAL É PARA TI O MELLOR?


Escribe nos comentarios cal debería ser o mellor. Ten en conta que a mascota leva un lema que lle ía ben ó debuxo, non quere dicir que fora o mellor.


O MÁIS VOTADO POR VOS PODE TER UN OU VARIOS PREMIOS
.



A lingua galega un idioma máis ?. (Xoán Prieto)
Aínda que vaias lentamente aprender galego é intelixente.
Aliméntate co galego. (Amalia Ferrer Doporto)
Ama a túa lingua (Luís Cores)
Ama a túa lingua. (Zeltia)
Amemos o galego, un precioso idioma (Montse Redondo Cervantes)
Anímate a falar en Galego
Aprende e fala Galego. (Laura Díaz Lago)
Aquí arriba sempre se escoita o galego.
Arriba o galego ! (María R.)
As linguas téñense que falar igual. Hai que respectalas. Fala galego.
Atrapa a nosa lingua que non fuxa (Paloma)
Cando les en Galego é como se o viviras. (Miguel Sineiro)
Aumenta a túa cultura coa lectura. (Luís Lores Segade)
Co galego chegarás ata o fin do mundo. (Xulia)
Cos amigos e na escola. ¡o galego mola !
Encántame o Galego. (Pablo Campos Peón)
En galego si. (Paula. 1ºC)
En Galego tes todo por vivir. (Francisco Caramés Perdiz)
En Galicia como os Galegos (Alicia)
En Galicia fala galego . (Álvaro)

En Roma como os romanos.
En Marte como os marcianos
E en Galicia, en Galego? (Alicia Pedrosa)

Estamos con vós Galego.
Eu canto en Galego. É ti? (Lucía Otero e Gabriel)
Eu falo galego.
Eu son vello de falar galego . (Lucíana)
Fala a nosa lingua que non pringa (Irene)
Fala a túa Lingua, fala Galego.(Susana Durán Pose)
Fala en galego e estarás tan contenta coma min. (Álvaro Piñeiro Novás)
Fala en Galego, senón desaparecerá como algúns animais (Beatriz Moreira)
Fala Galego (Sara Cortegoso Lima)
Fala Galego (con Loro Pico) (Ada Pouseau Blanco)
Fala galego Campolongo. (Carolina)
Fala galego e terás moita enerxía.
Fala galego non deixes que se perda.
Fala galego o mundo enteiro.
Fala Galego sen pelos na lingua (Cristina)
Fala galego,é mellor para ti. (Martín)
Fala galego e terás moita enerxía. (Jorge Calvo)
Fala galego.
Falamos o galego (Paloma Sarios)
Falando galego gozamos como nenos. (Andrés Campos Cuiña)
Falando galego pasámolo xenial. Galiza fala galego. (Victor Velasco Ferreirós)
Falar Galego sen pelos na lingua. (Cristina Caro Antón)
Falando galego síntome mellor (Luis)
Falar galego é como ter un tesouro. (Alberto Carzou)
Falar Galego importa. Fálao Xa! (Adriana Ferrin Ares)
Falemos Galego! (Lara Gómez Cortés)
Galicia fala galego. (Víctor)
Galicia. (Paula)
Gústame falar galego.
Gústanos o galego (Francisco de Paula)
Gústame o galego.
Hai que falar Galego, é a nosa lingua. Eu falo. Ti non?
Hai que falr máis Galego, que o noso mundo é Galicia. (Paula Aquino Rivas)
Intentamos gañar con deportividade (Juanjo Roca Ares)
Le moitos libros en galego e así falarás mellor. (Sara Castro)
Le no teu idioma e terás a túa propia coroa. (Jorge González)
Lendo galego aumenta a túa sabedoría.
Moitos anos falando Galego? (Ada Pouseau Blanco)
Non custa falar Galego, entón porque non se fala? (David Rey Fernández)
No meu planeta non temos colexio pero falamos galego. (Elisa García Paz)
Ímonos portar ben co galego (Marta)
O galego e a miña lingua, síntome orgulloso de falala (Pablo E.C.)
O galego é bonito e simple.
O Galego é divertido. (Adrián García Fentanes)
O galego é divertido e fácil de falar, colle un libro en galego e empeza a ?flipar?.
O galego é Fermoso (Sara Pichel)
O galego é guai.
O Galego é máis que unha lingua, é unha forma de saber máis. (Lydia Carracedo Vincelle)
O galego é o amigo dos nenos e nenas. (Yanoa Diz Fariña)
O galego é moi importante. (Noemí Iglesias)
O Galego e o castelán xuntos van da man (Sara Garrido Rodríguez)
O galego é o idioma máis bonito. Lendo libros en galego aumenta a túa sabiduría (Andrea Galego Outes)
O galego é o mellor idioma (Pablo Esteban)
O galego é o mellor idioma que podemos falar en Galicia
O galego é vida, que sae das nosas bocas. (Javier Martín Espiño)
O galego é xenial! ¡Prepárate para Falalo! (Fátima)
O galego é xenial. Falémolo. (Alba)
O galego mola (David Fernández)
O galego mola. (Xoán)
O galego mola. (Sara Lorenzo)
O galego para falar e saborear. (Alba)
O mundo está cheo de linguas. O GALEGO é unha máis ¡Fálao! (Xosé)
O galego é o amigo de nenos e nenas (Yanoa Diz Fariña)
Ola chámome Bubi e aliméntome do galego que falan os nenos, se os nenos non falan galego morrerei. (Berta)
Orgullo Galego (Alejandro Conde Centeno)
Para Galicia o Galego. (Clara Revenga Sierra)
Pon a lingua na túa boca. (Alba Morcillo)
Pon o galego no teu corazón (Ana Fernández)
Por que o bo non pode cambiar. Anímate a falar galego. (Jorge Alonso Salgado)
Portémonos ben co galego
Queremos unirte ó noso equipo. O galego manda. (Sara M. Benavente)
Respecta o galego. (Daniel Fortes Iglesias)
Se falas galego terás un mundo mellor.
Se queres falar Galego practícao. (Paula R. 6ºC)
Se tamén falas galego terás máis amigos. (Guillerme)
Se ti eres Galego, e queres aprendelo mellor, anímate!!! E comeza xa !!! (Dana Rey Carballo)
Te queremos unir ao noso equipo, o galego manda. (Sara)
Ímos botar un sorriso, galegos. (Alexandra)
Ímos todos xuntos a defender o galego (Lucía Couro)
Viva o galego (Carlota)
Viva o galego. Fagámolo feliz. (Flipi)
Voando en galego (Antonio)
Comentarios (6) - Categoría: Mascotas e Lemas - Publicado o 18-11-2009 18:29
# Ligazón permanente a este artigo
Dereitos dos nenos e nenas
O 20 de novembro de 1959 foi aprobada pola Asemblea Xeral da ONU a Declaración Universal dos Dereitos do Neno/a. Este venres 20, commemoramos por isto o 50 aniversario

1,2,3
De Varias

4,5,6
De Varias

7,8,9,10
De Varias






Comentarios (3) - Categoría: Celebracións - Publicado o 18-11-2009 11:52
# Ligazón permanente a este artigo
Os pais non poden escoller a lingua ...
O tribunal supremo desbota que os pais poidan escoller a lingua que estuden os fillos.

A nova en Faro de Vigo. Están interesantes os comentarios do artigo.

A nova en Medrar en Galego

Texto íntegro da sentenza.
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-11-2009 23:07
# Ligazón permanente a este artigo
Magosto en Localia
@s nen@s de Campolongo, ó final do vídeo, cun pouco de esforzo, falando en Galego.

Un grolo por el@s
.


Comentarios (3) - Categoría: Vídeos - Publicado o 17-11-2009 08:39
# Ligazón permanente a este artigo
Antec. Histór. do Xadrez
Antecedentes Históricos

O xadrez ten a súa orixe na India, máis concretamente no Val do Indo, e data do século VI d.C. Orixinalmente coñecido como Chaturanga, ou xogo do exército, difundiuse rapidamente polas rutas comerciais, chegou a Persia, e desde alí ao Imperio bizantino, estendéndose posteriormente por toda Asia. A maioría dos historiadores coinciden en situar a orixe do xadrez na India no século VII. O mundo árabe, adoptou o xadrez cun entusiasmo sen igual: estudaron e analizaron en profundidade os mecanismos do xogo, escribiron numerosos tratados sobre xadrez e desenrolaron o sistema de anotación alxébrica.

O xogo chegou a Europa entre os anos 700 e 900, a través da conquista de España polo Islam, aínda que tamén o practicaban os viquingos e os Cruzados que regresaban de Terra Santa. Nas escavacións dunha sepultura viquinga achada na costa sur de Bretaña atopouse un xogo de xadrez, e na rexión francesa dos Vosgos descubríronse unhas pezas do século X, de orixe escandinava, que respondían ao modelo árabe tradicional. Durante a idade media España e Italia eran os países onde máis se practicaba. Xogábase de acordo coas normas árabes (descritas en diversos tratados dos que foi tradutor e adaptador Afonso X o Sabio), segundo as cales a raíña e o bisbo (alfil)l son pezas relativamente débiles, que só poden avanzar de casa en casa.

A era moderna do Xadrez, con todo, pode ser situada no século XV, onde as pezas obtiveron a forma que teñen actualmente. O primeiro analista serio do xogo foi o español Ruy López de Segura (Século XVI), quen en 1561 describiu as regras que aínda se usan hoxe. O primeiro regulamento impreso foi publicado por Francois Philidor co titulo ?Analyse du jue deas echecs ?(1749), que foi traducido a moitas linguaxes e axudou á difusión do xogo.

Durante os séculos XVI e XVII o xadrez experimentou un importante cambio, e a raíña converteuse na peza máis poderosa, en canto ao seu movemento se refíre, do taboleiro. Foi entón cando se permitiu aos peóns avanzar dúas casas no seu primeiro movemento e introducíronse a regra coñecida como en passant ('ao paso'), que permite capturar o peón que segue a súa marcha e non come a ficha que se lle ofreceu por unha determinada estratexia, e o revolucionario concepto do enroque. Os xogadores italianos comezaron a dominar o xogo, arrebatándolles a supremacía aos españois. Os italianos, á súa vez, foron desbancados polos franceses e os ingleses durante os século XVIII e XIX cando o xadrez, que fora ata entón o xogo predilecto da nobreza e a aristocracia, pasou aos cafés e as universidades. O nivel do xogo mellorou entón de xeito notable. Comezaron a organizarse partidas e torneos con maior frecuencia, e os xogadores máis destacados crearon as súas propias escolas.
Comentarios (0) - Categoría: Historia - Publicado o 16-11-2009 17:40
# Ligazón permanente a este artigo
Xadrez na escola

Crese que o nome do Xadrez derívase da palabra Persa "Shah" que significa "Rei" e a palabra "Xaque Mate" do "shah mat", que quere dicir "o Rei esta morto."


Regras



Antecedentes históricos

Regras escritas.

A lenda dos grans de trigo

Ovellas eléctricas.

Fotos
Comentarios (2) - Categoría: Xadrez - Publicado o 16-11-2009 17:19
# Ligazón permanente a este artigo
A lenda dos grans de trigo
Lendas do xadrez

"A lenda dos grans de trigo"

Existe unha lenda que di que fai moito tempo existiu un rei que era moi bo, pero unha vez loitando contra un reino inimigo perdeu ao seu fillo nunha batalla, e por tal motivo púxose moi triste e illouse no seu castelo revivindo unha e outra vez a batalla onde morreu o seu fillo, recreándoa de moitas formas, e en ningunha podía salvar ao seu fillo e ao seu reino ao mesmo tempo. Un mozo que sabía a dor que o rei sentía pediu unha entrevista co rei, logo de moitos intentos logrou que o rei lle concedese a entrevista, o mozo mostrou ao rei o xogo do xadrez e ensínolle a súa similitude cunha batalla real. O rei que era un gran amante dos plans de guerra non tardou moito tempo en entender o xogo, o mozo ensinoulle ao rei como era de importante sacrificar algunha peza para lograr o obxectivo (facéndolle ver que o sacrificio que o seu fillo fixera foi o mellor para o reino). O rei comprendeu o seu erro e acepto a morte do seu fillo, e díxolle ao mozo que lle daría a recompensa que pedise; o mozo pediulle a seguinte recompensa pola primeira casa do taboleiro quero un gran de trigo, pola segunda casa quero 2 grans de trigo, pola terceira casa quero 4 grans de trigo, pola cuarta casa quero 8 grans de trigos e así sucesivamente polas demais casas, o rei ordenou que lle entregasen a recompensa inmediatamente e agregou que era un pedido moi pouco digno da súa xenerosidade; os sabios do rei ao tratar de atopar o numero que correspondía á cantidade de grans de trigo déronse conta que era un numero moi grande de imaxinar neses días. Así foi como o rei aprendeu outra lección a ser prudente , e pediulle ao mozo que quedase no castelo e traballase como un dos seus asesores...
Comentarios (0) - Categoría: Xadrez - Publicado o 16-11-2009 17:16
# Ligazón permanente a este artigo
A escola das areas
Método educativo de Frei Martin Sarmiento Da outra banda, vemos o mestre/a que colaborou, xunto con outros poderes, na desgaleguización desta terra . Non gañaban moito pero tiñan moito poder, era sagrado o que dicía o mestre. Hoxe non temos tanto poder pero seguimos sendo referentes... e para a normalización do galego tamén.


Comentarios (0) - Categoría: Curtametraxes - Publicado o 16-11-2009 16:17
# Ligazón permanente a este artigo
Que non fuxa

Paloma Otero López (4º C)
Comentarios (4) - Categoría: Mascotas e Lemas - Publicado o 15-11-2009 09:38
# Ligazón permanente a este artigo
Leo porque ...
Estas son algunhas das razóns polas que len os rapaces e as rapazas do Cole.


Leo porque

os libros fanme medrar

no me canso de imaxinar

para viaxar



Leo porque

me gusta

faime soñar

é divertido



Leo porque

gústame viaxar co conto

e despois soño con el

dame ideas



Leo porque

é interesante

mola

e encántame



Leo para

aprender

coñecer o mundo

e vivir aventuras



Leo porque

e a miña forma de estar feliz

axúdame a estar tranquilo

e atopo a maxia que hai no meu interior


Leo porque

é importante

aumenta o meu vocabulario

e recibo información



Leo porque

asi aprendo palabras novas

gústanme as historias

paréceme divertido



Simplemente

leo

no me preguntes

por que
Comentarios (4) - Categoría: Poesía - Publicado o 15-11-2009 00:38
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0