|
|
|
Galicia pura |
|
|
|
|
|
Calendario de peto |
|
 Mundiño, a nosa mascota, segue circulando. Agora nos calendarios de peto.
Temos que comentar que hai un erro no calendario, no enderezo do colexio, non é Xeral Rubín, senón Xeneral Rubín. O cargo militar escrébese deste xeito. Porén, se tivéramos que traducir " En general", sería "En xeral".
Dicir tamén, que o enderezo que aparece na parte de atrás é o desta bitácora, a do descoñecido ENL (Equipo de Normalización Lingüística).
Estas siglas son as que hai tamén no índice, a esquerda, da páxina web do colexio, por ahí pódese entrar a esta bitácora, clicando na mascota (Mundiño) ou no texto: BLOG ENL C.E.I.P. Campolongo
E ti que dis?
Gústache o calendario? Paréceche boa idea?
Que ten de máis? Que lle falta? Como o farías ti?
Se todo está ben, tamén podes comentalo.
Se queres podes ver o calendario máis grande.
|
|
|
|
Banco |
|

|
|
|
|
Escolas Viaxeiras |
|
Este luns 23 de novembro remata o prazo para presentar as solicitudes despois que a reunión do venres 20 de novembro asistiran só 10 pais/nais de 4º curso (o elexido este ano para esta actividade) Quedan 5 prazas que se sortearan o luns entre aqueles que se presenten . O martes entregarase a documentación definitiva na delegación de Pontevedra
Que son as Escolas Viaxeiras?
As Escolas Viaxeiras cumpren unha función importante ao facilitarlles aos alumnos a posibilidade de realizaren múltiples actividades de tipo formativo-cultural fóra do medio propiamente escolar.
Convocatoria 2010.
A quen van dirixidas?
Alumnado de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria. Grupos de entre 12 e 15 acompañados por un profesor/a. Convocadas 540 axudas (36 grupos).
Cando se realizan?
Unha semana, durante os meses de marzo, xuño, setembro, e decembro.
Catálogo de rutas
Andalucía Occidental, Andalucía Oriental, Asturias, Cataluña, Navarra, Aragón, Toledo, Burgos, Salamanca, Soria, Estremadura, Madrid, Murcia, A Rioxa, Baleares, Euskadi, Cantabria, Melilla, C. Valenciana e Gran Canaria.
Prazo de presentación
Ata o 25 de novembro. |
|
|
|
O Preguntoiro |
|

Podes aprender moito xogando, aquí tes un exemplo, só tes que escoller a resposta correcta. As preguntas son moi variadas, podes escoller entre diferentes temas: Arte, Bioloxía, Etnografía, Historia, Lingua, Literatura, Refráns, Xeografía, ou ben todas xuntas. Podes xogar só ou con outros compañeiros, máximo ata catro. CLICA PARA XOGAR |
|
|
|
O aforcado de San Xoán |
|

O aforcado de San Xoán: Só tes que adiviñar a palabra agochada, dicindo as letras que cres que ten. Tes 5 oportunidades, antes de que queimen o Meco (por cada letra que non estea na palabra, subirá o lume da fogueira). A ligazón para comezar o xogo está abaixo de todo, onde pon CLICA PARA ENTRAR. |
|
|
|
Pídese a volta ó consenso |
|
|
|
|
|
Refraneiro Galego |
|

Imos propoñer a toda comunidade educativa, mestres, alumnado, pais e nais, unha pequena actividade: Apadriñar, sementar ou rescatar unha palabra, dito, ou un refrán que lles guste. Pódese presentar en diferentes formatos, en verso, en conto, en anécdota, con debuxo, analizándoo/a... Pódese facer aquí mesmo, deixándoo nos comentarios ou ben presentalo/a no colexio.
Eu por exemplo, escoiteille antonte a unha avoa que viña recoller a unha nena: "Neve no mollado, chuvia de contado". Comentábame ela que pola mañá cedo vira moita xeada despois dun día de chuvia, e iso significaba que axiña volvería chover.
Deixamos entes enderezos para quen queira ver os moitos refráns, moitos deles sabios, que ten a nosa terra.
Fraseloloxía na rede. Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Centro Ramón Piñeiro. Numerosas publicacións, entre outras, de ditos e refráns da nosa lingua.
En PDF: 4.400 refráns galegos e as súas equivalencias en castelán.
Fraseoloxía de Trasar de Carballo.
Bitácora: O Refraneiro. |
|
|
|
Frogui |
|
 Amalia Ferrer Doporto (4º B) |
|
|
|
O trompo |
|
 Tamén coñecido como , buxaina, pión, trompa, sevillana. Este trebello está feito en madeira torneada; cun cravo de ferro na súa punta (ferrón) e un anaco de madeira redondo que sobresae na parte superior (o pirucho, ou cucurucho).
Como xogabamos nós de pequenos?
Un cordel, un trompo (de piñeiro, castaño, laranxo ou buxo), moita destreza e por suposto un trompo de recambio para cando as cousas ían mal, e xa estaba montada a partida. No interior dun círculo debuxado no chan delimitábase o baile do trompo, onde ao final coa inercia das voltas (arranque) este debía saír do círculo para salvarse de ?pringar? no centro, onde sería obxectivo dos demais que intentarían rompelo literalmente falando a base de picadas. Tamén era posible ir polos que se durmían bailando, xa que eran pezas fáciles. O ideal era ter un trompo de buxo cunha boa punta para que tivese moito arranque e pouco baile. Cando un trompo se durmía bailando e quedaba no sitio dicíase: "onde cagha, mexa". Outra expresión típica era cando o trompo bailaba polo revés, entón dicíase que ía de rabela ou de cucurucho, e por suposto tiña que pringar, ademais de ser unha vergoña para o tirador.
|
|
|
|
|
|
|
|