Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
DINAMIZANDO A LINGUA


    DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Mascotas 2
Comentarios (0) - Categoría: Mascotas e Lemas - Publicado o 26-11-2009 18:09
# Ligazón permanente a este artigo
Pon o Galego no teu corazón

Ana Fernández Centeno (4ºB)
Comentarios (2) - Categoría: Mascotas e Lemas - Publicado o 26-11-2009 17:30
# Ligazón permanente a este artigo
Para que serve o Galego
Comentarios (0) - Categoría: Presentacións - Publicado o 26-11-2009 10:10
# Ligazón permanente a este artigo
Cantar de cego Magosto 5º e 6º
Temos dúas presentacións do Cantar de Cegos do Magosto, feito polos rapaces de 5º e 6º do noso centro. A primeira está feita en Picasa e a segunda en Slideshare (con música. Cal vos gusta máis ?







Miñas donas e señores
Poñan moita atención,
nenas e nenas escoiten
que comeza a función.

Este cego vai contar
Unha historia verdadeira
Se me permite falar
Mentres arde a fogueira.

Vin andando pola rúa
Axudado do bastón,
Para dicir catro lerias
Como manda a tradición.

Falareivos dunha festa
Que lembraremos na memoria
Que se comen as castañas
No patio da escola.

Benvido sexa o Magosto
Na campaña do outono
Veñen para Campolongo
Coas castañas no colo.

Xa se escoitan as cantigas
Con letriñas ben rimadas.
Son as cousas das rapazas
E das coplas entoadas.

Tamén hai risas e xogos
E presa por merendar
Despois de botarlle un grolo
Veña todos a tisnar.

A mañá uns cucuruchos
Para botar as castañas,
Fan una rolda no patio
E a papar lambetadas.

O lume foi morrendo
E a leña apagando
Con ledicia e diversión
A festa vai rematando.

Se me escoitan atento,
Se lle gusta este prego,
Queden vostedes contentos
Que xa se marcha este cego.
Comentarios (0) - Categoría: Poesía - Publicado o 26-11-2009 07:42
# Ligazón permanente a este artigo
Vagalumes na escuridade
Un conto de animación á lectura. Dicir que os vagalumes teñen moitas formas de chamarse, aquí atoparás unhas cantas.

"Cada vez que meu irmán e eu liamos un bo libro, acendíase no noso xardín unha luciña: a luz dun vagalume. E como aos dous nos enchía de ledicia a lectura, en pouco tempo o noso xardín veuse asolagado de pequenas luces douradas. Era un auténtico tecido vivente e mesto ? cada talo de herba trocado nunha pequena lapa de lume- o que nos facía moita compañía nas tardiñas e solpores de inverno.
Nin meu irmán nin eu tiñamos a mínima sospeita de que, durante as horas que gozabamos da nosa lectura, se desenvolvese moi preto de nós unha auténtica loita. Endexamais se nos pasou pola imaxinación que os nosos *lucecús, empregando as súas lufadas de luz como únicas armas , estivesen empeñadas en loitar contra a escuridade, que de sempre ameaza con afundir ao mundo.
Primeiro os nosos veciños e axiña o resto dos habitantes da aldea comezaron a amosar estrañeza e a preguntarse por qué tódolos *cagalumes preferían pasar a noite no noso xardín, deixando na escuridade ao resto da aldea.
Por fin, un día, meu irmán reveloulles o noso segredo :
- Somos nós os que atraemos as *lucernas ao noso xardín -dixo- . Facémolo grazas ós libros que lemos.
A continuación expliqueille:
- Todo bo libro é un *luceiro que alumea na escuridade e endexamais se apaga.
Os nosos veciños prestaron atención as nosas palabras e comezaron tamén eles a buscar bos libros.
De alí a pouco tempo, xa se formaba cola para entrar nas bibliotecas da aldea. Vellos e mozos, homes e mulleres pedían libros. Comezara a hora marabillosa da lectura. E mira ti por onde, os xardíns anegáronse de *vellas das papas . Balcóns, corredores e tellados estaban cheos de pequenas luces. As follas das árbores, as liñas das estradas eran brillantes. A torre da igrexa escintilaba na escuridade.
E entón .... Entón a constelación do libro descolgouse do ceo e pousou silandeiramente na praza da nosa aldea.
Era unha agradable constelación , formada por luces delicadas, trémulas, que invitaban aos *vermes da noite. Descendían como tódalas cousas de valor eterno: o amor, a bondade, a identidade, a liberdade, a beleza, a tenrura, a xustiza, e a outros tantos valores que engaden profundidade ás nosas vidas e dan un significado ao noso atropelado paso a través do planeta.
Meu irmán e eu seguiamos sendo entusiastas dos libros. A lectura gustábanos con tolería. Teriamos razón? Que pensa a xente? Sobre todo, que pensas ti?"


Vocabulario:


Asolagado, anegado: Inundado. .
Escintilaba: Emitir intermitentemente raios de luz.
Silandeiramente: Silenciosamente Lufada: Golpe de vento.
Trémulas: Indecisas, con medo. Mesto: Basto, espeso.

Outros sinónimos de vagalume:

* Corcoño, * Vella do caldo,
* Coroceiro, * Vella dos valados

Comentarios (0) - Categoría: Contos - Publicado o 25-11-2009 21:30
# Ligazón permanente a este artigo
Xogo: O Corpo
Entra no XOGO. E. INFANTIL
Comentarios (0) - Categoría: Xogos para E. Infantil. - Publicado o 24-11-2009 20:20
# Ligazón permanente a este artigo
Xogo: Unha chea de familias
ENTRAR NO XOGO
Educación INFANTIL
Comentarios (0) - Categoría: Xogos para E. Infantil. - Publicado o 24-11-2009 20:10
# Ligazón permanente a este artigo
Moose de noz

Comentarios (1) - Categoría: Receitas - Publicado o 24-11-2009 17:08
# Ligazón permanente a este artigo
Arturo e Clementina
Comentarios (0) - Categoría: Contos - Publicado o 23-11-2009 23:36
# Ligazón permanente a este artigo
Mascotas 1 2009-10
Comentarios (0) - Categoría: Mascotas e Lemas - Publicado o 23-11-2009 23:10
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0