Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
DINAMIZANDO A LINGUA


    DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

12 de outubro - Seminario de Estudos Galegos

O 12 de outubro de 1923 estudantes e profesores da Universidade de Santiago de Compostela fundan na casa de Rosalía de Castro en Ortoño o Seminario de Estudos Galegos. O Seminario, co obxectivo de elevar o nivel da nosa cultura e equiparala ás demais culturas europeas, estruturouse en varias seccións dirixidas por cadanseu coordinador: Filoloxía, Arte e Letras, Etnografía, Historia, Prehistoria, Xeografía, Historia da Arte, Historia da Literatura, Pedagoxía, Ciencias Aplicadas, Ciencias Naturais e Ciencias Sociais, Xurídicas e Económicas. O Seminario financiouse con achegas de particulares, colaboracións de organismos públicos, e unha vez máis, polas achegas da comunidade de emigrantes galegos en Bos Aires. As súas creacións son publicadas en diferentes medios, maiormente polo propio Seminario na Editorial Nós de Ánxel Casal, máis tamén na prensa afín ao galeguismo naquela altura, como a revista Nós, o Boletín da Real Academia Galega, o xornal Galicia e El Pueblo Gallego. O Seminario iniciaría estudos en campos en que apenas había nada até ese momento, como o da matemática, a química, a astronomía ou a economía. Unha empresa xigantesca coa que acabaría, de xeito dramático, o golpe de estado de xullo do 36.

Comentarios (0) - Categoría: Celebracións - Publicado o 12-10-2021 13:30
# Ligazón permanente a este artigo
Dia da Ciencia en Galicia - 8 de outubro
JimenaA homenaxeada este ano 2021 no Día da Ciencia en Galicia  (8 de outbro) foi a xenetista Jimena García de la Vega. Xunto coa súa irmá Elisa formaron parte das primeiras mulleres en ser licenciadas na facultade de Medicina en Santiago de Compostela.

Podes facer este Brincaletras para saber un pouco máis sobre ela e a súa familia.


Ver biografía
Comentarios (0) - Categoría: Celebracións - Publicado o 11-10-2021 16:52
# Ligazón permanente a este artigo
Phillis Wheatley
“Foi chamada Phillis, porque así se chamaba o barco que a trouxo, e Wheatley, que era o nome do mercador que a comprou. Nacera en Senegal. En Boston, os negreiros puxérona en venda:
-Ten sete anos! Será unha boa egua!
Foi palpada, espida, por moitas mans.
Aos trece anos, xa escribía poemas nunha lingua que non era a súa. Ninguén cría que ela fose a autora. Aos vinte anos, Phillis foi interrogada por un tribunal de dezaoito ilustrados cabaleiros con toga e perruca.
Tivo que recitar textos de Virgilio e Milton e algunhas mensaxes da Biblia, e tamén tivo que xurar que os poemas que escribira non eran plaxiados. Desde unha cadeira, rendeu o seu longo exame, ata que o tribunal aceptouna: era muller, era negra, era escrava, pero era poeta.”
Phillis Wheatley, foi a primeira escritora afroamericana en publicar un libro nos Estados Unidos.
Comentarios (0) - Categoría: Curiosidades - Publicado o 11-10-2021 16:46
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0