Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
DINAMIZANDO A LINGUA


    DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Proposta para as Derradeiras Vontades
Con motivo da proximidade da data de santos (novembro) o Concello de Pontevedra (Normalización Lingüística) decidíu retomar unha proposta que Rubén Aramburu presentara na Rede de Entidades Amigas da Lingua (REAL) hai xa tempo. Coa colaboración do colectivo "Galegos de por vida" e do notario de Pontevedra Luís Darrieux, convídannos a participares no acto que se vai celebrar no Pazo da Pedreira, o vindeiro venres 28 de outubro, á tardiña.

O acto consistirá na sinatura ante notario do texto que achegamos a aquí. Se queredes no acto de sinatura pública, podedes enviar un correo a normalizacionlinguistica@concellopontevedra.es , co voso nome completo xunto co número do DNI. O día do acto teredes que levar o voso DNI, xunto cunha fotocopia para lle entregar ao notario.

Remata o prazo para a incripción o luns 24 de outubro ás 14 horas.

Este é o texto proposto:

Entendemos que a normalización lingüística debe abranguer todos os eidos da existencia das galegas e dos galegos sobre a terra,incluso aqueles arredor do intre da extinción da persoa. Entendemos que o exercicio da galeguidade e o noso compromiso individual ou colectivo coa terra e a lingua debe ser continuado e sen desfalecementos ata a mesma morte. Somos conscientes da enorme perda de identidade cultural e histórica, incluso das contradicións e incongruencias que acontecen en todo o relacionado cos actos fúnebres onde, paradoxalmente, a persoa xa desaparecida semella renegar da lingua nai que defendeu, empregou e aproveitou en vida.

Por iso, as persoas aquí presentes, abaixo asinantes, convocadas polo Concello de Pontevedra e pola Rede de Entidades Amigas da Lingua (REAL) no Pazo da Pedreira da cidade de Pontevedra, o día vinte e oito de outubro de dous mil once, manifestamos o seguinte:

"Que a lingua galega é a miña lingua, a lingua do pobo ao que considero pertencer e a lingua que quero que me acompañe ata a morte.

Que achegada a hora do meu pasamento, quero que todo o relativo ao meu funeral e enterro sexa realizado exclusivamente en lingua galega e, polo tanto, pido á miña familia, ás autoridades relixiosas e civís e aos servizos funerarios que fagan en lingua galega canto teñan que facer, público ou privado, oral ou escrito.

Que, se terceiras persoas, sexan da familia ou autoridades relixiosas ou civís, tentasen impedir a realización desta miña derradeira vontade, pido a calquera outro familiar, amiga ou amigo que tivese coñecemento deste desexo meu, que tome todas as medidas para facelo cumprir e, en caso de absoluta imposibilidade, que faga que se me enterre en silencio."


(NOMES E APELIDOS, NÚM. DNI E SINATURAS DAS PERSOAS QUE ASINAN)


Antonio Ferrer Moreira. DNI. ......

....................... DNI .......




Artigos relacionados:

Unha entre catrocentas

A lingua dos mortos.

Burela da que falar.

Milprimaveras máis.

En galego agora e sempre.
Comentarios (0) - Categoría: Mandas testamentarias - Publicado o 18-10-2011 17:16
# Ligazón permanente a este artigo
A pancarta do Conservatorio de Música de Pontevedra
De Pancarta


Hoxe pasei polo Conservatorio de música e vin a súa pancarta posta ben alta para que ninguén a poidera romper como fixeron coa da EEI Crespo Rivas, de Campolongo (Pontevedra). A pancarta é esta que vedes nesta imaxe, un recorte de prensa.


O problema máis grande que tiveron eles este ano foi o de que sacaron os interinos especialistas pra dar certos instrumentos e metéronlle profesores de Secundaria non tan especializados para estes menesteres.
Comentarios (0) - Categoría: Defensa do Ensino Público - Publicado o 17-10-2011 21:44
# Ligazón permanente a este artigo
Os mestres da Laxe tamén se manifestan
De Pancarta


Entrar na súa páxina web.
Comentarios (0) - Categoría: Defensa do Ensino Público - Publicado o 17-10-2011 21:29
# Ligazón permanente a este artigo
Como subiron os prezos.

Dende logo hai algunhas diferenzas en algunhas cousas dependendo do sitio. Unha delas, moi importante, é a do que gaña un camarero polas nosas terras. Dubido que a maioría chegue a este soldo. Non si?
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-10-2011 22:02
# Ligazón permanente a este artigo
15 o. Primeira manifestación mundial global
Eu fago unha pregunta maliciosa. Por que en Santiago se puxeron valados case na metade da Praza do Obradoiro? Ver fotos en Galicia Cofidencial.

Deixamos aquí parte do Manifesto:

"Xa estamos fartxs.

Xa non estamos acampadxs. Xa non estamos indignadxs. Xa non estamos asustadxs.

O que estamos é fartxs.

Porque fai seis meses que nos botamos ás prazas para reclamar un cambio, para reclamar os nosos dereitos máis básicos, e despois de medio ano de accións e mobilizacións, as nosas propostas seguen a ser ignoradas. Os nosos argumentos, ridiculizados. As nosas queixas carecen de importancia. As nosas ideas son terxiversadas e manipuladas para serviren de guinda de plans e outras mentiras electorais que seguen sen atacar a raíz do problema. Atónitos, observamos como as cousas cambian? para peor!

Por iso estamos fartxs.

E sen embargo, algo temos que estar a facer ben, algo ten que estar a pasar para que xente de todo o mundo estea na rúa, o mesmo ca nós, polos nosos mesmos motivos, neste mesmo momento.

Hoxe estamos a facer historia. Hoxe é o día no que o planeta ten unha soa voz, unha que reclama un cambio global.

Hoxe é o día no que todo cambia.

Benvidas, benvidos a primeira manifestación global da historia da humanidade! ...

Ler todo con máis fotografías


O vídeo anunciando o 15 o:




Unha re-evolución semella comezar:



Artigo relacionado:

Un accionista do Banco Santander defende o Movemento 15 M
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-10-2011 21:23
# Ligazón permanente a este artigo
Marcial do Adalid
Marcial do Adalid (A  Coruña, 1826-1881), recoñecido pianista e primeiro compositor galego importante de música profana culta, escribiu ao longo da súa vida pezas para voz e piano, probablemente influído nos seus inicios polas  melodías  do músico francés  Charles Gounod (1818-1893), inspirándose en textos latinos, italianos, alemáns e casteláns. Adalid  posuía un gusto literario exquisito e coñecía ben a prosodia de todas as linguas que empregaba. Pero aquí interésannos as súas vinte e seis composicións sobre textos galegos, escritas nos últimos anos da década de l870 e agrupadas -a excepción dunha- baixo o título de Cantares vellos e novos de Galicia. Nestes cantares, alternan un "vello", tomado e adaptado do repertorio popular -folclórico- e un "novo", totalmente orixinal. Ao compoñer estes "Cantares", Adalid foi o verdadeiro creador do xénero da melodía galega, que haberían de continuar  Chané  e  Baldomir, e isto supuxo unha achega musical básica ao "Rexurdimento" de Galicia. A súa esposa, Fanny Garrido, novelista que adoptou o  pseudónimo  de  Eulalia de Lians, tradutora de  Goethe e de  Heine, e supostamente coñecedora dos lieds románticos, é autora de moitos poemas aos que  Adalid puxo música. Vallan de mostra estas melodías deste compositor que a continuación se describen.



Saudade (Airiños, ariños, aires)

Airiños, airiños, aires,
airiños da miña terra,
airiños, airiños, aires,
airiños levaime a ela.

Un poema sinxelo, cheo de saudade, que comeza con esta estrofa popular, xa empregada por Rosalía nos seus Cantares galegos

Afrixida (Vén a ser o canto doente dunha muller que o ten todo, agás o seu amor ausente)

Aquel meu muiño,
tan verde n?o vran,
me deixa maquías
a centos, de gran.
E teño facenda,
e padres e hirmáns,
e teño un filliño,
me falta seu pai!




Música clásica de compositores galegos:

Proxecto Galicia XXI
Comentarios (1) - Categoría: Música - Publicado o 16-10-2011 08:50
# Ligazón permanente a este artigo
Que pasa na CRTVG ?


Que pasa coa nosa televisión galega? Por que se puxeron de folga?. Os propios empregados cóntannos o que está a pasar. Eles tamén queren calidade, non privatización, e menos recortes.
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 15-10-2011 21:56
# Ligazón permanente a este artigo
Helicópteros collendo auga na Moureira


De Helicópteros collendo auga


De Helicópteros collendo auga


De Helicópteros collendo auga


O sábado 16 de outubro estiveron a traballar dous helicòpteros e un hidroavión da Xunta nun incendio que se produxo detrás da Excusa, en Poio.

Aquí vemos como recollen auga na Moureira (Ría de Pontevedra),entre a Ponte da Barca e a Ponte da Autoestrada.

Foi curioso ver como collían a auga tan preto da xente. As salpicaduras chegaban incluso ás cámaras de fotos.

Ver máis fotos.
Comentarios (2) - Categoría: Fotos - Publicado o 15-10-2011 11:46
# Ligazón permanente a este artigo
A política é para os políticos?
De varios


Esta nova de opinión recollina no Diario de Pontevedra (venres 15 de outubro de 2011). Está escaneada porque non a atopei en formato dixital.
Comentarios (1) - Categoría: Opinión - Publicado o 14-10-2011 16:59
# Ligazón permanente a este artigo
Ecoloxía/Ecolingüismo
Comentarios (0) - Categoría: Medio Ambiente - Publicado o 14-10-2011 08:50
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3] [4]
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0