Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249 DINAMIZANDO A LINGUA
Hai moitos que semella que non o saben, pero as Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego, contan na páxina 56 que o término Galiza é tamén unha forma lexítimamene galega, amplamente documentada na época medieval e que foi recuperada no galego contemporáneo.
Un dos que aínda non leron as Normas Ortográficas debeu ser Carlos Negreira, o presidente do PP na Coruña pois anda dicindo que xa que os "Nacionalistas" usan a palabra Galiza, porque non ían eles poder dicir "La Coruña". Que diga o que queira pero que non confunda o touciño coa velocidade pois, de momento, Galiza é legal, porén La Coruña é ilegal porque así o dispón a Lei de Normalización Lingüística.
Atopei algunhas palabras recollidas nun precioso bloque chamado "O Refraneiro" sobre a vendima.
ARRENDAR: dar a segunda cava ás viñas. ATESTAR: tornar a encher as cubas cando merman pola fermentación. AVINZA: pago en especies: igoala. BAGO, BAGULLO: grau, uva solta; ácio de moi poucas uvas. BALDÓN: tapón da parte de arriba das pipas. BIMA: segunda cava, dise tamén "arrenda" ou "renda". BIMAR: o mesmo que "arrendar". CANTEIRO: bancada de pedras ou troncos onde se poñen as pipas pra que non apousen no chan: "combo". CANTÓN: canto, lugar isolado. CARREIRAL: carreiro ou paso entre as vides. CASCALLO: terra abondosa en pedra miúda; "coiñal". DECRUAR: cavar a terra por primeira vez despois do inverno, para lle tirar a dureza. EITE!: velaí! Aí está! ENTENA: panal, favo. FELTRO: tea basta, sen tramar; por extensión, "bota de feltro". GALLEIRO: culeiro, cesto para levar as uvas. INXIRO: enxerto. PURRELA: viño misturado con auga ou de pouca forza. RENDA: segunda cava: "bima". SUCA: suco, rego que fai o arado.
No bloque onde atopei estas palabras tamén podedes ver algunhas sobre a "borracheira", que dende logo non aconsello a ninguén que chegue a estes extremos, pásase moi mal e as veces, moitas veces, remata peor.
Coñecedes vós algunha máis? Pregúntalle ós teus familiares: pais, avós, ... Se che parece engádeos nos comentarios. Grazas.
A vida da escola no rural nos anos 70 e 80. Xa daquela o problema, entre outros, ... era o galego, dicía a mestra ... "no tienen vocabulario"...
Sabería a mestra o que era unha xovenca, un año, unha landra ou un codeso? Por que non lle falaba na súa lingua? Pois porque se o facía podía quedar sen traballo... ou ser expedientada.
Un rato, mirando por un buraco na parede, ve a un granxeiro e a súa muller abrindo un paquete. Sentiu emoción pensando que era o que contiña.
- Por fin chegou- dixo o granxeiro.
- Abrámolo- díxolle a súa esposa.
- Que tipo de comida pode haber alí?- pensou o rato.
Quedou aterrorizado cando descubriu, que era ¡¡Unha rateira!!
Foi correndo ao patio da granxa para avisar a todos:
- Hai unha rateira na casa, unha rateira na casa!!
A galiña que estaba cacarexando e escarvando, levantou a cabeza e dixo:
- Descúlpeme sr. rato, eu entendo que é un gran problema para vostede, máis non me prexudica en nada, non me incomoda.
Foi a contarllo ao cordeiro e este díxolle:
- Sr. rato, máis non hai nada que eu poida facer, soamente pedir por vostede, quede tranquilo que será recordado nas miñas oracións.
O rato dirixiuse entón á vaca, e a vaca díxolle:
- Pero seica, eu estou en perigo? penso que non.....é máis.....estou segura que non.
Entón o rato volveu á casa preocupado e abatido para encarar á rateira do granxeiro.
Aquela noite oíuse un gran barullo, como o dunha rateira atrapando á súa víctima, a muller do granxeiro correu para ver o que atrapara.
Na escuridade ela non viu que a rateira atrapou a cola dunha cobra velenosa, a cobra mordeu á muller. O granxeiro lévoa inmediatamente ao hospital, ela volveu con febre, todo o mundo sabe que para alimentar a alguén con febre, nada mellor que unha boa sopa.
O granxeiro agarrou a súa machada e foi a buscar o ingrediente principal: a galiña.
Como a enfermidade da muller continuaba, os amigos e veciños foron a visitala, para alimentalos o granxeiro matou o cordeiro.
Máis a muller non mellorou e acabou morrendo, e o granxeiro entón vendeu a vaca ao matadoiro para cubrir os gastos do funeral.
Así que: "A próxima vez que escoites que alguén ten un problema e creas que como non é teu, non lle debes prestar atención.....pénsao dúas veces......."
"O que non vive para servir, non serve para vivir"
"Todos tomamos distintos camiños na vida, pero non importa onde vaiamos, tomamos un pouco de cada quen." Tim McGraw
"Un soño na bandexa", é un fermoso soño, ou non? Cóntanos o que pasaría se un día se nos dese por pedir cousas moi especiais a un camareiro disposto a soñar con nós.
A súa autora, Mariné Lorenzo Corcoba, estaba esperando este gran momento para compartilo con todos nós.
Nós dende este modesto bloque, dámoslle a benvida ó mundo dos sóños e das fantasías, esperamos seguir recivindo boas novas en libros desta amiga pontevedresa, e desexámoslle sorte nesta nova andaina.
Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0