Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
DINAMIZANDO A LINGUA


    DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Expresións cotiáns coa palabra castaña
Auga de castañas : dise do café frouxo.
Quedar en auga de castañas: algo que non tivo importancia.
Estalarlle a castaña na man: cando un cae na propia trampa.
Non estar para asar castañas: non ter ganas de festa.
Sacarlle as castañas do lume: librar a un dun problema.
Darlle unha castaña: zurrarlle na cara.
Toma castaña!: levar un chasco.
Pegarse un castañazo! Pegarse un golpe forte.
Coller unha castaña. Emborracharse.
Estoupou como unha castaña: unha explosión seca.
Manda castaña! Algo que non ten xustificación, que sorprende a un.
Comentarios (0) - Categoría: Castaña - Publicado o 16-10-2010 11:03
# Ligazón permanente a este artigo
Adiviñas sobre a castaña
"Unha cousiña cousa, criada no monte, enxoita na casa e cómese sen tasa"

"Son verde e non son limón, son moura e non son carbón, son vermella e non son sangue, son branca e non son papel, ¿Que cousa cousiña son?

"Eu nacín dentro dun berzo, onde ninguén tocar ousaba: quen puña a mau non tornaba... Entre cidades e cortes me desexan ver crescida, e as mulleres preguizosas comigo gañan a vida"

"¿Cal é a cousa, cal é ela, ten tres capas de inverno: a primeira mete medo, a segunda é lustrosa a terceira é amargosa?"

"Outo me vexo no meu lugarexo.
Por unha risada, perdín miña añada"

"Outos pais capeludas nais e os fillos incha-foles, adiviña ti, si podes"

"Outo estou, color de ouro teño, por unha risada perdo canto teño"

"Outo me vexo no meu canguerexo, vexo vir e non podo fuxir"

"Outo, outo cabaleiro dalle a risa e caelle o diñeiro"

"Alto foi meu nascimento de doncela recollida; cando ia para me rir, tal foi a queda que dei que a casa non máis voltei"

"Altetes, altetes con seus carrapetes; con o riso que lle deu, todo se perdeu"
Ten pelexo coma a xente, e é moi boa para comer; chega polo mes de Santos e todo o ano a tés.

Alto está, barbas ten, ri e solta o que ten.

Alta estou ladrón vexo vir do meu carapucho non podo fuxir.
Alto me vexo no meu capelexo, por unha risada quedeime sen nada.

No aire se cría, no aire se ten; bota unha risada e perde o que ten.

Alto estou cor de ouro teño e por unha risotada perdo o que teño (ourizo).

Alto vivo, mírame a xente e se me río quedo sen dente (ourizo)

Unha cousa que vive na devesa e vaille pica-lo cu á artesa (a castaña)

Alto me vexo no meu capalexo e por unha risada quedei sen nada (ourizo)

"Unha cousiña cousa, criada no monte, enxoita na casa e cómese sen tasa"

"Son verde e non son limón, son moura e non son carbón, son vermella e non son sangue, son branca e non son papel, ¿que cousa cousiña son?"

"¿Cal é a cousa, cal é ela, ten tres capas de inverno: a primeira mete medo, a segunda é lustrosa a terceira é amargosa?"

Alto pimpín, ruín cabaleiro; rómpelle a bolsa e cáelle o diñeiro.

"Eu nacín dentro dun berzo, onde ninguén tocar ousaba: quen puña a mau non tornaba... Entre cidades e cortes me desexan ver crescida, e as mulleres preguizosas comigo gañan a vida"
Comentarios (0) - Categoría: Castaña - Publicado o 16-10-2010 10:59
# Ligazón permanente a este artigo
Refráns sobre a castaña
"Para un bo magosto ter, en agosto ha de arder e en setembro beber"

"As castañas que despois de San Martiño quedan no souto, son do moucho"

"Polo San Ciprián castañas maduras na mán"

"Se xantas castañas, de visita non vaias"

"Castañiñas a roer, piolliños a nacer"

"Tan honrado é o caldo coma as castañas"

"Cada crouco no seu seu souto".

"Por San Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto"

"Castañas, noces e viño, fan as delicias do San Martiño"

"Polo San Martiño vai ver o teu soutiño"

"Castañas no Nadal saben ben e pártense mal"

"Temperá é a castaña que por setembro regaña"

"Fíate das castañas asadas, que se estoupan, sairanche á cara"

"Con castañas asadas e sardiñas salgadas non hai viño ruín"

Máis sobre refráns.
Comentarios (1) - Categoría: Castaña - Publicado o 16-10-2010 10:57
# Ligazón permanente a este artigo
Nome da castaña en distintas linguas
Galego: castiñeiro
Castelán: castaño
Catalán: castanyer
Eusquera: gaztañondo
Francés: chatain
Inglés: chesnutcoloured

Máis sobre a castaña.
Comentarios (1) - Categoría: Castaña - Publicado o 16-10-2010 10:55
# Ligazón permanente a este artigo
Cachela, mega e cemba
cachela=plancha furada para asar as castañas
mega=cesta para apañar castañas e outros froitos secos
cemba=parte elevada dunha montaña ou camiño

"Vaite logo, meu meniño (miña meniña)
marcha agora para a camiña
Que vai vir o Apalpador
a apalparche a barriguiña

Xa chegou o día grande
día do noso Señor.
Xa chegou o día grande
e virá o Apalpador.

Mañá é día de cachela,
que haberá gran nevarada
e há vir o Apalpador
cunha mega de castañas.

Por aquela cemba
xa ven relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo.? "

Sacado de apalpador.com
Comentarios (0) - Categoría: Refráns, palabras. Sementámol@s. - Publicado o 16-10-2010 10:06
# Ligazón permanente a este artigo
Paradoxos da nosa Deputación
Hai cousas que non se entenden. Estarán trucadas? Como é posible que a nosa Deputación lle esixa ó Concello que, neste caso, a documentación llela esixa en castelán? Será cousa do demo? Ou de GB? Ou se cadra, da "Amabilidade Lingüística".
Se alguen o entende, por favor, que teña a amabilidade de explicárnolo. Grazas anticipadas.

A imaxe foi sacada do bloque "Carta Xeométrica"

De Varias
Comentarios (0) - Categoría: Decreto 79/2010 do Galego - Publicado o 16-10-2010 09:34
# Ligazón permanente a este artigo
Libros de Ciencias
Como o día 4 de novembro imos ter o Día da Ciencia polo Galego, ou en Galego .... recibín dunha compañeira este listado de libros relaciondos co tema, para aqueles que lles poida interesar por esta ou por calquera razón que sexa de bo facer.Tamén, por suposto, admítense suxerencias escribíndoas nos comentarios deste artigo.

Artigo relacionado

As vidas de Galileo. Fiami, Ch/Universidade Santiago (banda deseñada)

Sistema solar. Davies, Nicola. Ed.Baía (nesta coleccion hai mais titulos.. luz e son, materiais, etc?

Darwin, Charles. Gibbons, Alan. Ed. Baia

Leonardo da Vinci. Augarde, Steve. Ed Baia

O tempo do revés. Tomás, Xosé/Solar, María. Col Meiga Moira. Baía ed.

Boa sorte. Tomás, Xosé/Solar, María. Col Meiga Moira. Baía ed.

Bruno e o manto de estrelas. Yolanda Falagán/ Martínez, Sonia. Col. Meiga Moira. Baía Ed.

As mulleres nas Matemáticas. Ríos Fachal, Matilde. Ed Baía

Investigadoras galegas. (I, II). Fernández, Yolanda. El Correo Gallego

Un conto xeométrico. Rodríguez Taboada, Julio. As. Gal Profesores Educación. Matemática. Ed Anaya

Un furacán chamado Otilia. Raga, Victor. Col O club da ciencia. Ed. Xerais

Descenso ao barranco do demo. Raga, Victor. Col O club da ciencia. Ed. Xerais

Un día na granxa. Raga, Victor. Col O club da ciencia. Ed. Xerais

Mi madriña, que paisaxe. Raga, Victor. Col O club da ciencia. Ed. Xerais

Sempre tes que meter o nariz. Raga, Victor. Col O club da ciencia. Ed. Xerais

Un veciño cheo de sorpresas. Raga, Victor. Col O club da ciencia. Ed. Xerais

Pó de estrelas. Xurxo Mariño

Os dados do reloxeiro. Xurxo Mariño.



Máis, para Secundaria.
Comentarios (0) - Categoría: Libros - Publicado o 14-10-2010 22:38
# Ligazón permanente a este artigo
4 de novembro. Xornada pola Ciencia en Galego

As consecuencias do Decretazo continúan. A CGENL anima a celebrar unha xornada reivindicativa da Ciencia en Galego. o 4 de novembro.

Na seguinte ligazón atoparás moitas ideas para colaborar con esta xornada.

Xornada pola Ciencia en Galego.
Comentarios (0) - Categoría: Decreto 79/2010 do Galego - Publicado o 14-10-2010 17:10
# Ligazón permanente a este artigo
Para que serven os cogumelos
Comentarios (0) - Categoría: Froitos do outono - Publicado o 13-10-2010 22:55
# Ligazón permanente a este artigo
Adiviñas de Insectos e animais do fondo do mar


Comentarios (0) - Categoría: Enredos - Publicado o 13-10-2010 22:42
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0