Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249 DINAMIZANDO A LINGUA
Como sempre nestas datas, tempo de samaín (chegada do inverno para os nosos antepasados), cando me achego ó cemiterio sempre me chama a atención unha lápida, aparte da que vou ver coa familia. Esta é a de Celsiño, a única (de catrocentas) que está en galego, nunha parroquia (na Terra de Montes) que sempre se falou, e se fala, de momento, en galego. Son paradoxos da vida. Como diría Carvalho Calero, un suicído colectivo como povo. Estamos a tempo de arranxar algo que nos viñeron impoñendo dende xa vai algún tempo. Na man de todos está recuperar o que como dicia Castelao nos define como galegos, a nosa lingua.
Aquí temos algunhas das páxinas dixitalizadas da nosa revista "Esperpento" do curso pasado 2009-10. Se queres ver toda a revista clica na ligazón anterior ou tamén na que tes debaixo das imaxes.
Fixemos aparte unha presentación con tódolos traballos da revista, de Uxío Novoneira e tamén cos do Ano Xubilar 2010 (Xacobeo 2010) que axiña poremos.
A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística e máis a Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo veñen de presentar unha nova campaña para a normalización da lingua galega.
Chámase O GALEGO, O NOSO MEDIO NATURAL, e incide na necesidade de preservar a dúas realidades que mellor definen o noso país: a lingua e a natureza.
Porque para nós o noso medio natural é o galego.
A antiga festividade céltica do Samaín foi habitualmente descrita como unha comuñón cos espíritos dos defuntos que, especialmente nas datas do 31 de outubro ó 1 de novembro, terían autorización para camiñar entre os vivos. Abríanse as portas entre este mundo e o máis aló, dándolle á xente a posibilidade de reunirse cos seus antepasados mortos.
Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0