Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
DINAMIZANDO A LINGUA


    DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Museo Virtual Tissen

Entrar no museo

Podes entrar nas diferentes salas, ampliar os cadros, recoller a información dos mesmos, escoitar o áudio do cadro en diferentes linguas .... Moi interesante para ver as grandes obras que ten este museo.
Comentarios (0) - Categoría: Arte - Publicado o 13-01-2011 22:40
# Ligazón permanente a este artigo
Investigando sobre a paz
Entrar no "Xogo da Paz"

A orixe do Día da Paz (30 de xaneiro)

A Paz en 83 linguas.

Máis xogos para traballar en informática

O xogo da carrasquiña.
Cantiga escollida para os colexios do concello de Pontevedra

Libros para tratar a Paz







Frases célebres




Unhas cancións

Di que no


A ronda do soldadinho


Barquiño de papel




Un traballo de investigación para os maiores




Máis lecturas
Comentarios (6) - Categoría: Celebracións - Publicado o 12-01-2011 12:43
# Ligazón permanente a este artigo
Refráns de xaneiro

Coñeces algún outro refrán deste mes? Se así é podes engádilo nos comentarios para compartilo con tod@s.


Nós xa atopamos estes. Se non sabes o que quere dicir algún podes preguntalo e intentaremos aclararcho o máis axiña posible.


?A auga de xaneiro cada gota vale un diñeiro.?

?A auga de xaneiro, todo o ano ten tempero.?

?A flor de xaneiro no chega ao froiteiro.?

"A auga do mes de xaneiro mata ó usureiro"

"A sardiña no xaneiro, cúspelle a barba a un mariñeiro"

"Amor o primeiro, e a lúa a de xaneiro"

"Cando as ras cantan no xaneiro, sinal de fame no eido"

"En xaneiro, visita o outeiro; se ves verdegar, ponte a chorar; se ves terrexar, ponte a cantar".

?En decembro descansar, en xaneiro traballar.?

?En xaneiro sabe a berza vella a carneiro.?

?En xaneiro, mellor carballo que castiñeiro?.

?En xaneiro, pon o alleiro.?

?Entre Nadal e xaneiro, inverno verdadeiro.?

?Nadal e xaneiro, fan o inverno enteiro.?

?No mes de xaneiro, pon os pés no braseiro.?

"Por xaneiro, o ferreiro vale carneiro"

?Polo san Vicente, planta os nabos da semente.?

?Polo xaneiro verán, nin palla nin gran?.

?Poucas chuvias en xaneiro, enchen o canleiro"

?Tronos en xaneiro, mortandade no reino.?

?Xaneiro mollado, febreiro transtornado?

?Xaneiro quente, trae o demo no ventre.?


Máis de xaneiro no Refraneiro.
Comentarios (3) - Categoría: Refráns, palabras. Sementámol@s. - Publicado o 08-01-2011 10:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuvia, poalla, borralla , trebón ...
Das máis de 70 palabras que temos sobre a chuvia, cal é a que máis che gusta?

Chuvia: precipitación en forma de pingas

Variantes dialectais: choiva, chuva, chuiva.

Os nomes dependerán, da zona ou comarca, segundo vaia acompañada con neve, con vento, segundo a intensidade, etc. Deixamos aquí unha pequena clasificación que fixemos das atopadas na páxina web www.ogalego.eu.org Na mesma páxina temos ditos, refráns, adxectivos e verbos relacionados, e outras curiosidades sobre a chuvia.


Chuvia miúda e pouco intensa: babuña, babuxa, barbaña, barbuña, barbuza, barrallo, barrufa, barrufo, barruñeira, borralla, borrallada, chuviñada, chuvisca, chuviscada, froalla, lapiñeira, marmaña, poalla, poallada, poallo, poalleira, zarapallada, zarzallo.

Chuvia miúda e de pouca duración: orballada, orballeira, orballiscada (poquísimo tempo)

Chuvia miúda e pouco intensa mesturada con néboa: barruzo, breca.

Chuvia fina persistente: balloada, barruzada, morriña, morriñada, orballo, patiñeira, patumeira.

Chuvia repentina, intensa e curta: basto, bátega, bategada, cebra (acompañada con vento), chuviñeira.

Tromba de auga forte e intensa, tormenta: Arroiada, Ballón, bategada, chuvieira, torbón, treboada, trebón, torbada, torboada.

Chuvia forte e con vento: brea, cifra, ciobra, chuvascada, chuvasco, zarracina (con forte vento)

Chuvia moi abundante e intensa: diluvio, dioiva, dioivo.

Choiva forte e intensa, tromba de auga forte e intensa, chuvia repentina, intensa e curta: chaparrada, chaparrazo.

Sarabiada forte: cebrisca

Temporal de chuvia e neve con vento forte: cebrina, cebrisca.

Trebón de auga fría con vento ou neve miúda: calistro, corisco, coriscada.

Outras :


Decembra: chuvia forte e prolongada habitual en decembro

Escarabana: auga moi fría con sarabia

Marceada: tempo con claros e chuvias propio de marzo

Mera: chuvia moi fina que se desprende da néboa mesta

Salseiro: pingas de auga que producen unha néboa mesta provocada polo vento na superficie do mar

Torba: auga de chuvia mesturada con neve fina

Xistra
: chuvia e neve con vento moi frío

Máis no artigo "Chove sobre mollado", do blogue O Refraneiro.

Chove en Santiago


Comentarios (0) - Categoría: Refráns, palabras. Sementámol@s. - Publicado o 08-01-2011 09:46
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0