Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
DINAMIZANDO A LINGUA


    DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Efectos da contranormalización
A profesora francesa Caroline Domingues, nos seus traballos de investigación sobre a nosa lingua, afirma que os efectos dos grandes medios de comunicación en Galicia producen un efecto contranormalizador ó usar practicamente como único código o castelán. Recordamos o ridículo 5% , e aínda por riba subvencionado.

As imaxes deste artigo son un dos efectos desta contranormalización que se exerce practicamente dende todos os eidos, incluído o ensino, onde sabemos que o galego como lingua vehicular en xeral non existe. Especialmente cando falamos co alumnado fora das clases de galego, por exemplo nos recreo, e cos pais. E non falemos agora do nivel de galego que impartimos, porque como agora somos todos especialistas en todo ...

U-lo o cumprimento da lingua de referencia inicial?

U-lo o cumprimento do Artigo 3 do Novo Decreto sobre a lingua da Administración Educativa?

U-lo lema Entre Nós en Galego dos primeiros lexisladores democráticos do noso país.

Levamos máis de 30 anos coa Lei de Normalización Lingüística. Normalizamos ou Contranormalizamos?

Non me canserei de repetir estas pequenas normas lexislativas que son, de momento, das poucas onde nos podemos amarrar os que queremos que non desapareza o galego.

De que vale unha lingua se non se fala?

Engado que este efecto contranormalizador estano sufrindo moitas familias, na que me inclúo, e ten difícil solución porque non se está axudando nin ós pais nin ós mestres . Digo isto por que nas famosas e dubidosas enquisas un 40% das familias pedían galego , e resulta que practicamente case non se chega ó 12% . E o que nos espera, pois, por exemplo, o sistema de inmersión ligüística catalán, modelo para moitos outros países con linguas minoritarias porque está funcionando, resulta que o queren tirar abaixo. Por que atacar un modelo que funciona e onde está demostrado que incluso o nivel de coñecemento de castelán é superior o de outras Comunidades onde só falan castelán? Alí os nenos pequenos falan catalán, aquí non. Algo está fallando.

E hai rumores de querer cambiar a Lei de Normalización . Sónavos iso de A Coruña e La Coruña?. E por que non Puentevedra?

E ó de lingua propia do Estatuto xa estou vendo que lle queda pouco.

Remato con unha gran iniciativa que está xurdir en ou con SERMOS GALIZA: entre todos, con moi poucos cartos ó ano (160 ?), podemos facernos accionistas e deste xeito, manter un semanario integramente en Galego. Recórdovos que non hai ningún periódico, semanario, .. nos quioscos, a e con 3000 subcritores de arrancada, mínimos para poder manter a rotativa. Xa somos moitos os que ímos colaborar. Para mantelo xa somos suficientes, para exténdelo polas caferías, institutos, ... fan falta máis.
É unha maneira de loitar contra esta contranormalización. Non si?

Tamén podes asinar o Manifesto contra a Marxinación do Galego nos medios. Temos que facernos ver.

Comentarios (0) - Categoría: Defensa do Ensino Público - Publicado o 09-10-2011 12:06
# Ligazón permanente a este artigo
Asina o manifesto Marxinación do galego nos medios
.... O desequilibrio chama a atención dos expertos internacionais que estudan a presenza >do galego nos nosos medios de comunicación. Así a profesora francesa Caroline Domingues afirma:

?Guiados por imperativos económicos, os medios de comunicación privados galegos confinan a lingua da comunidade en seccións específicas polo xeral ligadas á cultura. Fronte á política de normalización lingüística, eles seguiron a ser extremadamente conservadores. O único código para informar é o castelán. Radios privadas e prensa escrita en Galiza desempeñan en certa maneira un papel de ?contra-normalización da lingua da comunidade". Esta utilización minoritaria e testemuñal dun galego que ten o seu propio espazo, o seu gueto, no interior do xornal ou da grella de programación, é en primeiro lugar o resultado dun axuste das estratexias destes
medios de comunicación fronte a un contorno histórico, social e político.? ....

...Esiximos dos medios privados de comunicación de masas en Galiza:

1) A presenza do galego nun 50% da totalidade do espazo escrito e tempo da grella de programación.

2) A reprodución literal das nosas declaracións e intervencións na lingua en que as expresamos.

3) A transcrición literal dos eslógans e textos das pancartas na súa lingua orixinal.

Esta reclamación do mínimo respecto seralles trasladada aos empresarios ou directores dos medios, e se estes continuaren na súa actitude discriminatoria estudaremos facer valer os nosos dereitos ante os tribunais de Xustiza e as instancias internacionais pertinentes.


Entra e asina o manifesto que verás no blogue.

Comentarios (0) - Categoría: Galego - Publicado o 08-10-2011 16:20
# Ligazón permanente a este artigo
Apropiado e inapropiado
Ata agora sempre se puido subir con liberdade artigos a este blogue creado dende o EDNL do centro. Dende un principio déuselle as claves a todos os compoñentes para así facelo. Como ben sabemos todos, son poucos os que se dedican a estos menesteres, moitas veces porque non se dominan as ferramentas informáticas e outras porque é traballo dabondo e precisa de tempo, e as veces, moito tempo.

Os compoñentes somos todos mestres, ou licenciados, todos fixemos unha o varias carreiras, todos aprobamos unha oposición, e suponse que estamos capacitados para discernir en temas educativos "apropiados e inapropiados". En todo caso, o respecto debería imperar entre todos nós.

Como tamén saben moitos, este traballo de subir artigos ás páxinas web ou blogues faise, en gran parte, na casa, como moitos outros . E máis se fará na casa se ó final rematamos con este horario sen sentido que non queren aplicar. Pensaredes moitos que o problema é noso por facelo na casa. Tedes razón, pero os que temos moitas inquietudes, os que queremos un mundo máis xusto, máis plural, os que queremos que esta terra siga sendo galega, somos así, e seguiremos traballando, pero non como ovellas no redil, senón protestando cando vexamos algo inxusto. E neste momento están acontecendo cousas que nos teñen cabreados, a uns por unhas razóns, e outros por outras: baixada de soldos, recorte do profesorado, aumento do horario lectivo, eliminación de especialidades (todos valemos para todo), presumindo aínda por riba de mellora da calidade de ensino. A isto engadimos o de ternos divididos (folga si, folga non ...). Divide e vencerás.

Dentro do apartado dos recortes, a cultura está levando por todas partes, xa non temos prensa en galego, só se chega, ás veces, ó 5%, menos cultura, ... por todas partes ...

Os equipos de normalización, que non deixar de loitar contra a contranormalización, aínda non saben con que cartos van contar neste curso. Moitos xa se temen o peor.Tamén digo, que se se cumplira a Lei de Normalización e os seus Decretos ... Lingua de referencia inicial, ...pouco cartos farían falta para concienciar da necesidade de salvar a lingua que ata agora foi propia dos galegos.

Como a cultura galega se resinte, os recortes que se están a facer son un tema que lles preocupa tamén os EDNL. Digo isto porque nun principio díxoseme que o artigo causante deste escrito( Que pasa coas pancartas? e O ensino adoece.) era inapropiado por non ser de normalización lingüística. Aparte de quedar pampo con tal aseveración, comentei que no blogue hai artigos de inglés, de música, e de outras moitas cousas. O blogue fala de todo, unha miscelanea onde se achegue canta máis xente mellor, porque deste xeito pensamos que lendo en galego todo tipo de novas estamos normalizando.

Eu teño as miñas dúbidas, pero non sei que capacidade ten un director para censurar un artigo de apropiado ou inapropiado, e neste caso, en algo que, creo personalmente, non domina, como é a normalización lingüística; e dende logo, o máis grave, é o de censurar sen consultar nin co claustro, nin co EDNL, nin co inspector. Dende logo neste momento estou abraiado, e por suposto indignado.

Desexo se recapacite e non se volvan a cometer estos erros que eu considero graves: Censurar a un compañeiro por traballar. A solución é moi fácil , non meterse en fregados que non veñen a conto. Para censurar xa están outros, e outros.

Engado na miña queixa, e con isto remato, que por favor non se quiten dos paneis de información os recortes de prensa que se poñen. Gustaríame velos de novo: Un era a fotografía da concentración de mestres na Peregrina, e outro era unha portada da revista de Magisterio.

Nota: Outras razóns que se me deron, a posteriori, para ter que sacar o artigo foi a que o que puxen era política.
Do que é política e non política podemos falar outro día.
No fondo o que eu creo é que hai inseguridade e medo.
Aquí non se pode opinar, "Hai que ver, oir e calar".

Non estou de acordo. Eu quero un director compañeiro de traballo e non un censurador.
Comentarios (19) - Categoría: Defensa do Ensino Público - Publicado o 07-10-2011 07:42
# Ligazón permanente a este artigo
Desleigado
DESLEIGADO-A adx. Dise da persoa que non garda ningún sentimento afectivo pola súa terra, familia, xente, etc; desarraigado, descastado, desenraizado

(Gran Dicionario Xerais da Lingua).

Ver palabra nun artigo.

Parte do artigo:

... a) O galego é endémico na miña familia. Son portador pero, grazas a Deus, herdeino a través do alelo recesivo. Convivo con ese xen sen máis problemas, pois non se manifesta. Porén, teño varios parentes nos que o galego é dominante e por iso facemos o imposíbel para que non llelo transmitan aos seus fillos. Hemos estado trabajando en ello? todos estes anos...

... b) Son político, ostento un cargo público, son responsábel da área de normalización lingüística dunha Deputación? e non falo galego. Problema? Ningunito. Por que? Porque ?en mi casa se habló gallego de toda la vida??. Que significa isto? Pois que xa os meus devanceiros se sacrificaron, xa falaron/falan galego por min. O galego é unha peaxe de por vida, algo incómodo, un lastre, algo que non che permite avanzar na sociedade? Abonda con que esa cruz a levaran os meus pais e os meus avós. Eles eran pobres e atrasados, eu xa non. Eu son requetelista/o e por iso falo castelán e chupo cartos desta institución que me encargou promover o galego. Para lista eu! ...





Comentarios (0) - Categoría: Refráns, palabras. Sementámol@s. - Publicado o 06-10-2011 11:29
# Ligazón permanente a este artigo
Inciativa por unmedio de comunicación en galego
Mañá xoves, as 20:30 h na Galería Sargadelos (rúa Oliva), en Pontevedra, haberá a Presentación Da Iniciativa Social por un medio de comunicación.

Organizada pola Asociación Cultural Maio Longo. Coa participación de Manuel Mera, Néstor Rego e Marga Romero.
Comentarios (0) - Categoría: Galego - Publicado o 05-10-2011 21:19
# Ligazón permanente a este artigo
Que pasa coas pancartas? Censurado por inapropiado
From Censura


O artigo pódese ver nos blogues:

Da CGENL de Pontevedra Sarmenteiros

en Milprimaveras (blogue persoal do profesor responsable do artigo)

Escolas Asociadas da Unesco

Artigo relacionado: Apropiado e inapropiado
Comentarios (21) - Categoría: Defensa do Ensino Público - Publicado o 05-10-2011 17:47
# Ligazón permanente a este artigo
En Barcelona tamén se estuda Galego
Entrar no blogue
Comentarios (0) - Categoría: Galego - Publicado o 04-10-2011 21:08
# Ligazón permanente a este artigo
III Curso de formación sobre Patrimonio Lúdico

Venres 21 e sábado 22 de Outubro no IES de Melide

Máis información
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-10-2011 11:24
# Ligazón permanente a este artigo
Xogos Populares


Xogos populares que se fixeron nas I Xornadas dos EDNl de Pontevedra.

Ver fichas dos xogos
Comentarios (1) - Categoría: Xogos populares - Publicado o 28-09-2011 18:24
# Ligazón permanente a este artigo
Movilízate


Son moitos os colectivos que están a traballar pola lingua. Olla o documental e verás.
Comentarios (0) - Categoría: Curtametraxes - Publicado o 27-09-2011 22:07
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0