Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
DINAMIZANDO A LINGUA


    DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Que pasa na CRTVG ?


Que pasa coa nosa televisión galega? Por que se puxeron de folga?. Os propios empregados cóntannos o que está a pasar. Eles tamén queren calidade, non privatización, e menos recortes.
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 15-10-2011 21:56
# Ligazón permanente a este artigo
Helicópteros collendo auga na Moureira


De Helicópteros collendo auga


De Helicópteros collendo auga


De Helicópteros collendo auga


O sábado 16 de outubro estiveron a traballar dous helicòpteros e un hidroavión da Xunta nun incendio que se produxo detrás da Excusa, en Poio.

Aquí vemos como recollen auga na Moureira (Ría de Pontevedra),entre a Ponte da Barca e a Ponte da Autoestrada.

Foi curioso ver como collían a auga tan preto da xente. As salpicaduras chegaban incluso ás cámaras de fotos.

Ver máis fotos.
Comentarios (2) - Categoría: Fotos - Publicado o 15-10-2011 11:46
# Ligazón permanente a este artigo
A política é para os políticos?
De varios


Esta nova de opinión recollina no Diario de Pontevedra (venres 15 de outubro de 2011). Está escaneada porque non a atopei en formato dixital.
Comentarios (1) - Categoría: Opinión - Publicado o 14-10-2011 16:59
# Ligazón permanente a este artigo
Ecoloxía/Ecolingüismo
Comentarios (0) - Categoría: Medio Ambiente - Publicado o 14-10-2011 08:50
# Ligazón permanente a este artigo
Non te quero por bonita


Non te quero por bonita


Non te quero por bonita,
que xa sei que non o és,
quérote por moreniña
e pola lei que me tés.

N?aquela corredoiriña,
en aquel anoitecer,
o qu?entrambos nos xuramos
ti-lo sabes, eu tamén.

Miña vida está en teus ollos,
miña morte está tamén,
dame a vida ou dame a norte,
para min todo está ben.


É do pouco clásico que hai en galego.

Marcial de Adalid con texto de Fanny Garrido.

Ver tamén Marcial de Adalid no blogue nlcampolongo


Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 14-10-2011 08:32
# Ligazón permanente a este artigo
Un pianista cego e con síndrome de Down
Comentarios (0) - Categoría: Curiosidades - Publicado o 12-10-2011 22:07
# Ligazón permanente a este artigo
Un accionista do banco Santander defende o movemento 15 M
Unha das teorías da grande crise que se está a padecer é por causa da xestión dos bancos. No vídeo podes escoitar unha crítica bastante dura ó presidente dun dos grandes bancos que hai agora no mundo. Chegou a dicir, moi educadamente, frases como as que siguen:

"Mentras se ía abrindo a fosa da destrución do empleo, na que millóns de condenados perdían a súa esperanza e a súa dignidade, vostedes forrábanse a capachos sen o máis mínimo recato nin pudor?, ?Vostede é alguen que fai política con maíúsculas e sen mollarse, ademais de ser un poderoso líder na sombra, axeno ó escrutínio público? ou ?vostedes son os que gobernan ós que din representarnos??


Comentarios (1) - Categoría: Opinión - Publicado o 12-10-2011 21:33
# Ligazón permanente a este artigo
Cousas que se poden decidir nun claustro


Ver nova no blogue Aulas Indignadas
Comentarios (0) - Categoría: Curiosidades - Publicado o 10-10-2011 22:12
# Ligazón permanente a este artigo
Unha pancarta que molestaba
De Pancarta


De Pancarta


De Pancarta


Unha semana de vida no colexio. Milprimaveras na nosa retina.

Artigos relacionados:

Que pasa coas pancartas?

Comentarios (0) - Categoría: Defensa do Ensino Público - Publicado o 09-10-2011 19:33
# Ligazón permanente a este artigo
Sermos Galiza
Iniciativa popular para ser o xermolo (elemento que ó desenvolverse dá lugar a un ser vivo) dun semanario integramente galego.

Que nos están a pedir:

- Asinar o apoio no blogue sermos Galiza

- Axudar a difundir a iniciativa a través dos nosos contactos.

- Convertérse en accionista de SERMOS GALIZA e, por tanto, en co-propietario/a do medio.

- Subcribirse ó semario que sairá á rúa nos próximos meses. Para estares informado/a e leres un traballo xornalístico crítico, de interese e na nosa lingua.

- Animar a todos os que nos rodean a que asinen o apoio, se convertan en accionistas e se subscriban ó semanario.

- Colaborar con artigos, como fonte informativa, alertando de temas que temos próximos. Unha podía ser esta, por exemplo.


Detrás da andaina informativa figuraban xa os nomes de Marga Romero, Néstor Rego, María Reimóndez, Manuel Mera, Teresa Moure, Nemesio Barxa, Manuel Vilar, Xurxo Souto, Xosé R. Freixeiro Mato, Xosé Lois O Carrabouxo, Marica Campo, Olalla Rodil e Francisco Carballo.

Neste tempo teñen acadados miles de apoios por parte de particulares e asociacións, e de numerosos representantes de entidades sociais e organizacións.

En Pontevedra Marga Romero, xunto con Néstor Rego e Manuel Mera, animaron á cidadanía a facerse con accións deste proxecto, para constituír un capital social inicial que permita poñer en marcha e soster economicamente o proxecto, uns 300.000 euros, divididos en 1.000 accións de 100 euros, e formar entre todos e todas unha xunta de accionistas anónima, plural e diversa, na que ninguén poida quedar con máis do 10% do capital, e evitar así o seu control.

En Santiago, Teresa Moure dixo:

"Somos (sodes) un grupo tan heteroxéneo como a sociedade galega", "Outra prensa é posíbel, unha prensa galega, do pobo para o pobo, que preste atención aos movementos sociais e recoñeza o carácter nacional de Galiza".


De sermos-galiza


De sermos-galiza
Comentarios (0) - Categoría: Galego - Publicado o 09-10-2011 14:19
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0