Estas expresións que a continuación imos comentar son do poema :
" DÁNDOME PARTE FAUSTINO DOMÍNGUEZ DE SU CASAMIENTO CON LUÍSA COUMES GAI LE CONTESTÉ EN 13 DE MARZO DE 1843 A LA SUYA DEL 6 DEL MISMO LO SIGUIENTE"
Do pontevedrés X.M. Pintos (un dos grandes precursor do Rexurdimento Galego). En boca de moitos o máis importante.
Recollidas, as expresións, na "Obra Poética Diversa" publicada en PDF na páxina web do Consello de Cultua Galega, e que mesmo se pode descargar.
O poema coas aclaracións comeza na páxina 113 no PDF
* - ?Andar ás turras? . Enredar, andar a xogar.
* - ?Quen co demo cava a viña, vendima a viña co demo? . O que fai maldades recibirá en pago maldades.
* - ?Lavercos?. Maliciosos, pillos, trangalleiros, tramposos (cun certo sentido erótico)
* - ?Laverquiñas*?. Mulleres de vida lixeira.
* - ?Abrir coroa?. Facerse cura
* - ?Triscas? Reloucos, reunións divertidas (moitas veces de xente nova) onde se fai barullo, ruídos ao comer froitos secos ou cos pés.
* - ?Andar catando nas uvas sen deixar acio enteiro?.? Que teñen relacións amorosas con moitas mozas distintas.
* - ?Sen migalla de proveito?. Sen comprometerse nunca en serio.
* - ?Sétimo sagramento?. O matrimonio.
* - ?Coquiños?. Arrumacos, meiguerías, agarimos ou enredos que fai o neno con acenos e sons.
* - ?Fontes da vida?. Mamas, tetas.
* - ?Mirando para a folla xa se coñece ó pereiro?. Vendo como sodes exteriormente xa se coñecen as vosas cualidades?.
* - ?Non te babes?. ?Disimula o gusto que che dá ver o ben que o fixeches?
Laverca, paxaro.
Máis paxaros
Máis refráns, ditos, palabras ...
|