 CONGRESO PINTOS
PAZO DA CULTURA DE PONTEVEDRA
Hoxé, mércores día 6 de abril remata o prazo para formalizar a inscrición no Congreso Xoán Manuel Pintos. Actualidade e compromiso, organizado pola Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra, que se celebrará no Pazo da Cultura de Pontevedra, do 6 ao 8 de abril.
Este congreso conta con 20 horas lectivas recoñecidas como formación para docentes (Consellaría de Educación. Xunta de Galicia) e un crédito de libre configuración para estudantes matriculados nas tres universidades galegas.
A primeira xornada do congreso abrirase coa conferencia da profesora da USC Carme Hermida, e coa inauguración da exposición sobre a figura de Xoán Manuel Pintos no antigo edificio do Café Moderno, sede da obra social de Novacaixagalicia, ás 20,30 horas. Permanecerá aberta ao público do 7 de abril ao 7 de maio de luns a sábados, en horario de 10.30 a 13.30 horas e de 18.00 a 21.00 horas. A mostra abrangue unha infografía de máis de 30 metros de longo e 60 metros cadrados sobre a vida, obra e contexto histórico do autor, fondos orixinais cedidos pola RAG e traballos realizados, a partir do Dicionario de Pintos, por centros escolares de infantil, primaria e secundaria do concello de Pontevedra.
Entre as diferentes actividades programadas dentro do congreso (conferencias, comunicacións, mesas redondas...) destacan un concerto e un roteiro; por unha banda o venres 8 de abril, ás 21.00 horas, terá lugar no auditorio do Pazo da Cultura un concerto de cámara a cargo de Pablo Devigo (gaita) e Brenda Vidal (piano); a seguir, Roi Casal presentará o seu novo disco Maxicamente vello. A entrada será de balde, ata completar o aforo.
Será o sábado 9 de abril ás 16.30 horas cando se realice o Roteiro Xoán Manuel Pintos, que dará a coñecer aos participantes os lugares máis emblemáticos relacionados coa vida e obra do autor en Pontevedra.
Para obter máis información, consultar o programa completo do congreso e formalizar a inscrición pódese consultar a web do Ano Pintos: www.anopintos.pontevedra.eu/congreso.
PROGRAMA DO CONGRESO
Mércores 6 de abril
17:00 - 17:30 Inauguración co Alcalde de Pontevedra
17:30 - 18:45 Xoán Manuel Pintos, a alborada do rexurdimento
Carme Hermida, docente de filoloxía galega na Universidade de Santiago de Compostela
19:00 - 19:30 Comunicación: A cultura clásica en X.M. Pintos, material dignificador de Galiza
Xosé Abilleira, docente de latín e grego no IES Pazo da Mercé (As Neves)
19:30 - 20:00 Comunicación: Seguimos muiñando co mesmo vocabulario que na época de Xoán Manuel Pintos
Catalina Pazos, Belén Ares, Mª del Puerto Garrido e Ángeles Martín, equipo de Educación Infantil do CEIP San Martiño (Pontevedra)
20:30 - 21:30 Inauguración da exposición
Percorrido guiado por Ana Acuña, docente de filoloxía galega na Universidade de Vigo
Xoves 7
16:00 - 17:00 Unha visión da xustiza no século XIX
Luís Villares, maxistrado e coordinador de Xuíces para a Democracia
17:15 - 18:15 O contexto de Pintos na historia de Pontevedra
Enrique Sotelo Resurrección, arquiveiro do Concello de Pontevedra
18:30 - 19:30 O contexto político e ideolóxico da obra de Xoán Manuel Pintos
Xusto Beramendi, docente de historia contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela
19:45 - 20:45 O contexto de Pintos na historia social de Galiza
Xosé Ramón Barreiro, historiador e presidente da Real Academia Galega dende 2001 ata 2009
Venres 8
16:00 - 16:30 Comunicación: Pintos contra Rosalía?
António Gil, membro numerario da Academia Galega da Língua Portuguesa
16:30 - 17:00 Comunicación: As achegas literarias de Pintos
Anxo Angueira, docente de filoloxía galega na Universidade de Vigo
17:15 - 18:15 Contexto literario do século XIX
Francisco Rodríguez, filólogo e investigador
18:30 - 19:30 A obra literaria de Pintos. O corpus
Carme Ríos Panisse, filóloga e investigadora
19:45 ? 20:45 A lingua na obra de Xoán Manuel Pintos
Xosé Xove, docente de filoloxía galega na Universidade de Santiago de Compostela
Sábado 9
9:00 ? 10:00 Uso oral e cultivo escrito da lingua galega na 1ª metade do século XIX
Ramón Mariño, docente de filoloxía galega na Universidade de Santiago de Compostela
10:15 ? 11:15 O futuro das linguas
Goretti Sanmartín, directora do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña
11:30 ? 12:30 Xoán M. Pintos e o léxico galego: "recollelo, compolo e arrombalo, e facer un todo enteiro?
Rosario Álvarez, directora do Instituto da Lingua Galega e académica numeraria da Real Academia Galega
12:45 ? 14:15 Mesa redonda. Os dereitos lingüísticos
Coordina:
Pilar Freitas, docente de lingua e literatura galega
Interveñen:
Carlos Varela, fiscal superior de Galicia
Xosé Xoán Barreiro, presidente da sección 2ª da Audiencia Provincial de Pontevedra
Alba Nogueira, docente de dereito administrativo na Universidade de Santiago de Compostela
14:30 ? 16:30 Xantar
16:30 ? 19:00 Roteiro Xoán Manuel Pintos
Visita guiada por Roberto Rivas e explicación da creación do roteiro polos autores Xosé Abilleira e Ana Acuña
19:00 ? 20:15 Xoán Manuel Pintos: notario sociolingüístico, cronista do momento histórico
Pilar García Negro, docente de filoloxía galega na Universidade da Coruña
20:30 Clausura |