Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
Bonsais na escola - DINAMIZANDO A LINGUA


    DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Bonsais na escola


Este ano estamos arreo a traballar o tema do bosque. Hoxe aportamos unha sección lúdica, a dos bonsais. Agora mesmo temos un carballo, un ulmeiro, un pradairo, unha sobreira, un buxo e un alfaneiro prestados por un Simón, un amigo de Pontevedra, e unha oliveira, un granado e unha "árbore do elefante"(portulacaria), prestados polo noso compañeiro de traballo o mestre Pachú. .


A arte dos bonsais orixinouse en China hai uns dous mil anos, como obxecto de culto para os monxes taoístas. Para eles era símbolo de eternidade, a árbore representaba unha ponte entre o divino e o humano, entre o ceo e a terra.

Durante séculos a posesión e o coidado dos bonsais estivo ligado aos nobres e ás persoas da alta sociedade. Segundo a tradición, aqueles que podían conservar unha árbore en maceta tiñan asegurada a eternidade. Así foi como os monxes dispoñían as árbores pequenos en vasixas ao longo das escaleiras dos templos e ata eran obxecto de adoración.

No sur de China a arte do bonsai consistía en transmitir todas as características dunha árbore desenvolta na natureza a unha árbore pequena, cultivada en maceta. Buscábase reproducir estas árbores segundo os existentes nas altas montañas polo cal utilizaban só exemplares que existían nos montes e que xa posuían formas especiais na súa intensa loita contra as adversidades climáticas.

Foi levado a Xapón hai uns 700 anos onde evoluíu á arte actual. Desafortunadamente, moitos dos especímenes máis antigos desapareceron durante a Segunda Guerra Mundial.

Un bonsai non é unha planta xeneticamente empequenecida. Mantense pequena dándolle forma e podando o tronco, as follas e as raíces. Un bonsai mantido correctamente sobrevivirá o mesmo tempo que unha árbore normal da mesma especie. Porén, o bonsai precisa de moitos coidados, polo que un bonsai mantido de forma inapropiada probablemente morrerá.

Ver máis

Artigos relacionados:

Traballos do bosque.

Nomes de Árbores I

Nomes de Árbores II

Bonsais na Casa das Campás
Comentarios (0) - Categoría: Bosque, O - Publicado o 30-03-2011 18:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0