|
|
|
Refráns da andoriña |
|
Xa pasou o San Xosé (19 de marzo) e xa escomezan a vir as anduriñas. O bo tempo achégase de novo ás nosas terras. Aquí temos uns refráns da andoriña. Ver tamén refráns de marzo.
* Día de san Xosé, primeira andoriña se ve.
* Amigo polo seu proveito, andoriñas no teito.
* Andoriña arrente da auga, choiva na cama.
* Andoriña que alta voa non teme que chova.
* Andoriña que voa arrentes da terra, chuvia venta.
* Andoriñas arrente da auga, chuvia por palla.
* Andoriñas arrentes da auga, chuvia na praia.
* Caga máis un boi que cen andoriñas.
* Entre san Xoán e san Pedro, vén o pan ó vencello.
* Máis caga un boi que cen andoriñas.
* Máis come un boi que cen andoriñas.
* Nin un dedo fai man, nin unha andoriña fai vran.
* Por san Raimundo a andoriña vén do outro mundo [3].
* San Raimundo, a andoriña trai do outro mundo.
* San Reimundo tira a andoriña do outro mundo e san Cebrián vólvea a levar.
* Se queres saber cando é abril a andoriña viracho dicir.
* Unha andoriña non fai vrau.
* Unha andoriña soila non fai verau
* Vale máis unha cagada de vaca que cen de andoriñas.
Máis refráns.
Máis en Milprimaveras. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|