Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
Escoita viaxeiro - DINAMIZANDO A LINGUA


    DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Escoita viaxeiro
De Árbores singulares


Escoita viaxeiro


Eu son a táboa do teu berce, a madeira do teu barco

a superficie da túa mesa, a porta da túa casa.

Eu son o mango da túa ferramenta

o bastón da túa vellez.

Eu son o froito que te regala e te nutre,

a sombra benfeitora que te acobilla

contra os ardores do verán,

o refuxio amábel dos paxaros

que aledaron cos seus cantos as túas horas

e limpan de insectos os teus campos.

Eu son a fermosura da paisaxe,

o encanto da horta,

o sinal da montaña

o lindeiro do camiño...

Eu son a leña que te quenta

nos días de inverno,

o perfume que te regala

e embalsama o aire a todas horas,

a saúde do teu corpo

e a ledicia da túa alma.

Por último, son a madeira do teu cadaleito.

Por todo iso, viaxeiro que me contemplas,

ti que me plantaste coa túa man

e podes chamarme fillo,

ou que me contemplaches tantas veces,

mírame ben, pero...

non me fagas dano.


Rabindranath Tagore

(India 1861-1941)
Comentarios (0) - Categoría: Bosque, O - Publicado o 19-03-2011 11:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0